Calendario
Info da proba

Cambre

15/08/2023 10:00 - 11:15
Regulamento NORMATIVA XXXII CARREIRA POPULAR CONCELLO DE CAMBRE
Organiza o Concello de Cambre e a Federación Galega de Atletismo. Esta carreira
está integrada dentro do VIX Circuito de Carreiras Deputación Provincial da Coruña
que se desenvolverán ao longo do 2023.
1.-HORARIO DAS SAÍDAS:
• 09:50 h: Sub-14, Sub16 e Sub-18.
• 10:00 h: Sub-20, Sub-23, Senior, Máster.
• 11:30 h: Sub-12
• 11:40 h: Sub-10
• 11:50 h: mini
2.-LUGAR DE SAÍDA:
• Diante da casa do Concello
3.-INSCRICIONS:
Ata as 20:00 do VENRES 11 de agosto na páxina web www.carreirasgalegas.com.
Tódalas categorías son gratuítas.
4.-CATEGORÍAS (MASCULINAS E FEMININAS):
Mini 2016 e posteriores
Sub-10 2014- 2015
Sub-12 2012- 2013
Sub-14 2010- 2011
Sub-16 2008- 2009
Sub-18 2006- 2007
Sub-20 2004- 2005
Sub-23 2001-2002-2003
Senior 2000 ata 1989
Máster 1 1988 ata 1983
Máster 2 1982 ata 1973
Máster 3 1972 ata 1963
Máster 4 1962 e anteriores
5.-CIRCUITOS:
5.a) Carreira Mini:
1 VOLTA CIRCUITO: no entorno diante do concello.
Hora: 11:50 h
Distancia: entre 150 e 300 mts.
Carácter participativo, sen clasificación.
5.b) Carreira Sub-10:
1 VOLTA CIRCUITO “B”: saída diante do concello ata o ximnasio Oliver Díaz, e volta.
Hora: 11:40 h
Distancia: Entre 500 e 1.000 mts.
5.c) Carreira Sub-12:
1 VOLTA CIRCUITO “A”: saída dende o concello ata o pavillón do Sofía Toro, e volta
Hora: 11:30 h
Distancia: Entre 600 e 1.000 mts.
5.d) Carreira Sub-14, Sub-16 e Sub-18
1 VOLTA CIRCUITO “PEQUEÑO” RIO MERO: saída dende o concello, baixada ó río
Mero e volta ó concello.
Hora: 09:50 h
Distancia: 3500 mts.
5.e) Carreira Sub-20, Sub-23, Senior, Máster 1, Máster 2, Máster 3 e Máster 4:
1 VOLTA CIRCUITO “GRANDE” RIO MERO: saída diante do concello , baixada ó río
Mero e volta ó concello.
Hora: 10:00 h.
Distancia: 7.300 mts.
Limitase a participación nesta carreira a 800 deportistas.
MOI IMPORTANTE:
• A data tope de recepción de inscricións será o venres, 11 de agosto, ás 20:00
horas. Non se admitirá baixo ningún concepto ningunha inscrición posterior á
devandita data, nin por suposto o mesmo día da competición.
• Na inscrición debe indicar o nome completo, data de nacemento completa,
procedencia (localidade, clube...), número de licencia (en caso de ser federado), DNI
(imprescindible), teléfono, dirección e e-mail se queren recibir información, resultados,
etc...
6.-RECOLLIDA DE DORSAIS:
No pavillón Sofía Toro de Cambre o lúns 14 de agosto de 17:30 a 21:30 e, o mesmo
día da carreira, entre as 8:30 h e as 10:00 h. no pavillón Sofia Toro. Recoméndase
chegar con tempo suficiente para evitar colas de última hora.
Importante: O dorsal ten adherido a parte traseira o chip de control, e moi
importante no manipular a pegatina que o cubre.
7.-CONTROL DE CHEGADA:
A cronometraxe correrá a cargo da Federación Galega de Atletismo.
8.-TROFEOS E PREMIOS:
• Trofeos para os tres primeiros clasificados de cada categoría tanto masculina como
feminina agás na categoría de Minis.
• Na categoría Minis todos os corredores recibirán un agasallo.
• Trofeo corredor de maior idade que termine a proba.
• Trofeo corredora de maior idade que termine a proba.
. Trofeo primeiro clasificado de o Concello de Cambre, ben que resida no municipio ou
ben sexa natural do mesmo.
• Trofeo primeira clasificada de o Concello de Cambre, ben que resida no municipio ou
ben sexa natural do mesmo.
Para optar ao trofeo de mellor clasificado/a do Concello de Cambre deberá facer
constar na inscrición esta circunstancia (será imprescindible). Para recibir o trofeo
deberá acreditar a súa residencia ou nacemento en Cambre.
- Poderase esixir o DNI para a entrega de trofeos.
- Farase entrega dos mesmos ao finalizar a proba.
9.-OUTROS
• Aínda que a proba sexa de carácter estritamente deportivo e popular, admitiranse
reclamacións, pero agárdase un espírito e un comportamento deportivo por parte de
todos os participantes. As reclamacións aos resultados oficiais formularánselle ao xuíz
árbitro da competición non máis tarde de 30 minutos despois da publicación dos
resultados.
• Seguro: todos os participantes estarán amparados por unha póliza de
Responsabilidade Civil e accidentes deportivos, excluídos os casos derivados de un
padecemento latente, imprudencia o inobservancia das leis, da normativa da
competición, etc. Tamén quedan excluídos os casos producidos polo desprazamento;
o lugar da competición ou dende o mesmo. Non se permitirá a existencia no percorrido
de ningún vehículo alleo a organización, estando estes últimos debidamente
identificados.
• Soamente se permite aos membros da organización a utilización de vehículos para o
seguimento da proba, estando rigurosamente prohibido o acompañamento dos
participantes mediante o uso de vehículos de axuda ou correndo a pe, sendo motivo
de descalificación.
• A organización disporá de SERVICIOS MÉDICOS E AMBULANCIA dende una hora
antes do comezo da carreira e ata media hora despois de pechar o acto. Os Servizos
médicos, están facultados para retirar da carreira a calquera participante que
manifestase un mal estado físico durante o desarrollo da mesma. Así mesmo,
recomendase a todos os inscritos, leven a cabo antes de tomar parte na carreira un
recoñecemento de aptitude médico-deportivo que descarte calquera patoloxía que
impida a súa participación.
• A inscrición implica ler, ter entendido e adquirido o compromiso que a continuación
se expón: Certifico que estou en bo estado físico. Eximo de toda responsabilidade que
da participación no evento puidese derivarse, á organización, patrocinadores
comerciais ou sponsors, empregados e demais organizadores.
• Todos os participantes o fan baixo a súa propia responsabilidade e polo feito de saír
acepta o presente regulamento.
• A proba contará co apoio de Protección Civil e Policía Local de Cambre.
• Facilitarase servizo de duchas, que estarán situadas no Pavillón Sofia Toro de
Cambre.
• Todo o non recollido neste regulamento resolverase de acordo co Regulamento da
RFEA e FGA para probas en ruta en vigor.
• Os resultados publicaranse na web do Concello de Cambre, e na Federación Galega
de Atletismo.