Calendario
Info da proba

Cariño

19/08/2023 10:00 - 11:00
Regulamento REGULAMENTO. XIII CARREIRA POPULAR: CONCELLO DE CARIÑO
Artigo 1. Obxecto.
Con esta proba pretendese crear e fomentar un hábito de vida saudable entre a
poboación, abandonando o sedentarismo, previndo e reducindo a incidencia das
súas enfermidades asociadas, e ofrecendo a posibilidade de ocupar de forma saudable o
seu tempo de ocio.
Artigo 2. Organización e colaboración.
A proba denomínase XIII Carreira popular: Concello de Cariño esta organizada
polo Servizo de Deportes do Concello de Cariño e colaboran ou patrocinan esta
proba: Eroski city, Atmosfera Sport, Arthros Fisioterapia e a Deputación da Coruña.
Vaise celebrar o sábado 19 de agosto, dende as 10:00 ata 13:00 horas, coa saída
no Paseo marítimo de Cariño a altura da casa do concello e o recorrido é de 6200 metros
(case 3 voltas completas arredor do paseo marítimo). As categorías, horario estimado e
distancias a recorrer son as seguintes:
Adultos
• Senior M/F: Nados entre 1988 e 2005. Distancia: 6200 metros. Hora prevista de
saída: 10.00 horas.
• Veterano/a A M/F: Nados entre 1973 e 1987. Distancia: 6200 metros. Hora prevista
de saída: 10.00 horas.
• Veterano/a B M/F: Nados en 1972 ou antes. Distancia: 6200 metros. Hora prevista
de saída: 10.00 horas.
Menores
O horario é estimado e as probas comezarán o rematar a proba anterior, podendo
adiantarse ou retrasarse, polo que se recomenda estar antes do horario marcado:
• Pitufos M/F: Nados entre 2019 e 2023. Distancia: 80 metros. Hora prevista de saída:
11.10 horas.
• Sub-8 M/F: Nados entre 2016 e 2018. Distancia: 200 metros. Hora prevista de
saída: 11.20 horas.
• Sub-10 M/F: Nados entre 2014 e 2015. Distancia: 400 metros. Hora prevista de
saída: 11.30 horas.
• Sub-14 M/F: Nados entre 2010 e 2013. Distancia: 800 metros. Hora prevista de
saída: 11.45 horas.
• Sub-18 M/F: Nados entre 2006 e 2009. Distancia: 2000 metros. Hora prevista de
saída: 12.00 horas.
Artigo 3. Premios.
Haberá categorías tanto masculinas como femininas e entregarase medallas
ós 3 primeiros clasificados de cada proba (masculina e feminina). En caso de que
algunha categoría quedase con poucos participantes xuntarase con outra.
Entregarase unha medalla a cada participante das categorías de menores.
Artigo 4. Inscrición.
A inscrición é gratuíta e farase na páxina web de cronotec.es rematando o prazo
ás 14.00 horas do mércores 16 de agosto, non admitíndose baixo ningún concepto
ningunha inscrición posterior a devandita data, nin por suposto o mesmo día da
competición.
Os dorsais poderán retirarse o venres 16 de agosto, de 11:30 a 13:30 na casa
da cultura de Cariño, ou o mesmo sábado na casa do concello ata media hora antes da
proba.
Recoméndase a retirada do dorsal o día antes da proba, e chegar con antelación
suficiente para evitar colas de última hora o día da proba. Para a retirada do dorsal,
todas as persoas participantes deberán acreditar a súa identidade á hora de recoller o
mesmo, con calquera dos seguintes documentos oficiais: Maiores de 14 anos: DNI, ou
outro documento oficial, os/as menores de 14 anos: DNI ou libro de familia e do DNI do
pai/nai/titor/a.
Artigo 5. Normas de participación.
Para formar parte desta proba é necesario que todos os participantes acrediten a
súa identidade coa presentación do seu D.N.I. á hora de recoller o dorsal de cada proba.
O comité organizador resérvase o dereito de pechar as inscricións se as razóns
organizativas así o requirisen.
Todos os participantes na proba aceptan o seu regulamento e normativa, formalizando a
súa inscrición con todos os dereitos e obrigacións que lle corresponden. Así mesmo, no
momento da inscrición fan constar que non padecen ningunha enfermidade que lles
incapacite para a práctica de actividade física e deportiva. Do mesmo xeito aceptan
que a organización publique fotos, imaxes ou calquera outra información nas súas
redes sociais e medios de comunicación.
Para participar na proba é obrigatorio o correcto uso do dorsal e chip facilitado en
cada proba por persoal da organización. En caso de non realizar correctamente a
colocación do dorsal ou chip non se garantirá que o resultado sexa correcto.
Artigo 5.Normas de seguridade.
Nesta proba mediante a súa inscrición o corredor consente expresamente
que os seus datos básicos sexan utilizados concello para a tramitación, ante a compañía
de seguros, dos seguros obrigatorios de accidentes e Responsabilidade Civil.
En todo caso e tal como establece a lei de Protección de Datos, o interesado pode
exercer no futuro os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición
mediante escrito ou correo electrónico ó Servizo de deportes do Concello de Cariño:
.davidfernandez@concellodecarino.gal .
A organización asegurará a provisión de bebidas aptas para a práctica deportiva
na meta e en puntos intermedios das probas. Os participantes poden ducharse no
polideportivo municipal que se atopa a 1 km da zona de chegada.
Artigo 7. Regulamento da proba.
1. As reclamacións referentes os resultados oficiais, deberán ser feitas
verbalmente ao xuíz árbitro, non máis tarde de 30 minutos despois de
comunicarse oficialmente os resultados.
2. “Será motivo de descalificación, entre outros, os seguintes aspectos:
non realizar todo o circuíto da carreira, non levar dorsal ou manipular
este, falsificar datos persoais, competir co dorsal o chip/s de outra/s persoa/s”.
3. “Os atletas con licenza federativa terán que atenerse o regulamento de
Disciplina
Deportiva en vigor”.
4. “Os atletas con licenza pola FGA deberán competir ca camiseta oficial do seu
club”
5. “As persoas non inscritas oficialmente e que tomen parte da carreira a modo
particular, sen ser autorizadas polo organizador, non están amparadas
polos seguros da proba. E a organización non se fará responsable dos danos
que estás persoas podan causar o causarse”.
6. “Todo o non disposto na presente normativa rexerase polas normas de
Competición da FGA, RFEA e IAAF para a presente tempada, así como todo o
regulamentado por instancias superiores”.
Artigo 8. Reclamacións.
Establécese un prazo de 24 horas hábiles para realizar calquera reclamación
respecto diso do desenvolvemento da proba. Dita reclamación presentarase por escrito
ante o Comité Organizador presentado cantas probas estime oportunas. Devandito
Comité actuará de oficio cando existan causas que así o permitan e xustifiquen. A súa
decisión última será inapelable.
Artigo 9. Cláusulas adicionais.
Primeira: Todos os participantes aceptan a publicación dos seus datos
persoais, así como fotografías da propia organización. Mediante a inscrición o
deportista consente expresamente que os seus datos sexan utilizados pola
organización, por cada concello e pola empresa Cronotec para comunicacións sobre as
súas actividades.
Segunda: A organización resérvase o dereito de cambiar os percorridos
predefinidos, probas convocadas ou modificar o regulamento se as condicións así o
requiren