Calendario
Info da proba

Sanxenxo

27/08/2023 13:00 - 14:00
Regulamento REGULAMENTO DA PROBA
XXIII MILLA VILA DE SANXENXO
 A XXIII Milla Vila de Sanxenxo, terá lugar o domingo 27 de agosto de 2023,
no Paseo de Silgar – Sanxenxo.
 Tódolos corredores deberán formaliza-la súa inscrición na web
www.championchipnorte.com antes das 23:59 horas do xoves 24 de agosto
de 2023.
 Tódolos corredores durante a proba deberán levar unha camiseta co dorsal
visible na parte frontal da mesma.
 Os/as atletas que posúan chip de seu, deberán participar na proba con el.
 As categorías fixadas pola organización serán conforme o ano de nacemento.
Categorías
Prebenxamin 2016 – 2023
Benxamín 2014 – 2015
Alevín 2012 – 2013
Infantil 2010 – 2011
Cadete 2008 – 2009
Xuvenil - Junior 2005 – 2007
Promesa - Senior 1984 – 2004
Veteranos A 1973 – 1983
Veteranos B 1972 e anteriores
Milla Concello de Sanxenxo Élite (2004 e anteriores)
 A categoría prebenxamín deberá completar unha distancia de 200 m.
 A categoría benxamín deberá completar unha distancia de 400 m.
 A categoría alevín deberá completar unha distancia de 800 m.
 A categoría infantil deberá completar unha distancia de 800 m.
 A categoría cadete deberá completar unha distancia de 800 m.
 As restantes categorías completarán unha milla (1.609 m).
 Tódolos corredores que completen o percorrido na súa categoría, terán
dereito a recoller no lugar indicado pola organización una bebida previa
entrega do seu dorsal.
 O orde de saída das probas será o seguinte, segundo o seu horario:
Categorías
Prebenxamin 12:00
Benxamin 12:10
Alevín 12:20
Infantil 12:30
Cadete 12:40
Xuvenil - Junior 12:50
Promesa - Senior 12:50
Veteranos A 13:00
Veteranos B 13:00
Milla Concello de Sanxenxo 13:15
 Aqueles corredores que pola súa clasificación na liña de meta sexan
acreedores a un trofeo/medalla ou premio en metálico, terán adquiren a
obriga de acudir a entrega de premios e subir a recolle-lo mesmo.
 O primer clasificado de cada categoría recibirá un trofeo.
 Os segundos e terceiros unha medalla.
 Así mesmo, na categoría Élite Concello de Sanxenxo os cinco primeiros terán
un premio en metálico.
Categoría Masculina Categoría Feminina
1er clasificado 500 € 500 €
2º clasificado 250 € 250 €
3er clasificado 125 € 125 €
4º clasificado 75 € 75 €
5º clasificado 50 € 50 €
 Os participantes na categoría Élite Concello de Sanxenxo, asinarán un
documento conforme, onde aceptan que os premios en metálico faranse
efectivos por tranferencia bancaria ou por cheque nos días seguintes a
celebración da proba.
 Tódolos participantes no momento de inscribirse, aceptarán e cumprirán estas
normas.
 Calquera corredor que incumpla unha ou mais das presentes normas, será
descalificado pola organización da proba.
 A organización non se fará responsable de cualquier tipo de daño material ou
moral que se poda ocasionar como consecuencia da participación voluntaria
neste evento.