Calendario
Info da proba

Ribeira - SUSPENDIDA

08/12/2023 10:40 - 11:40
Regulamento III CRONOESCALADA A PÉ PEDRA DA
RÁ E ANDAINA
A ANPA de Carreira patrocina e organiza coa colaboración do Concello de
Ribeira , o venres 8 de decembro de 2023, a partires das 10 horas, a III
CRONOESCALADA A PÉ PEDRA DA RÁ E ANDAINA.
10 HORAS ANDAINA ( 10 KM APROX ) 90 INSCRITOS MÁXIMOS
10.40 HORAS CRONOESCALADA ( 7.200 KM APROX ) 90 INSCRITOS
MÁXIMOS.
Tódolos cartos recaudados irán destinados para as ANPAS DOS
COLEXIOS DE CARREIRA .
A saída terá lugar dende a CAPELA DA NOSA SEÑORA DA GUÍA e a meta
será na PEDRA DA RÁ cunha distancia de 7.200 km, por camiños de terra
nun 94% do recorrido, totalmente marcado e señalizado.
REGULAMENTO
1-Poderán participar todas as persoas que o desexen cun límite de 90
inscritos e maiores de 18 anos.
2-A saída dos participantes será ás 10.40 horas cun 60 segundos de
diferencia , entre cada 10 participantes. A saída será na capela Virxe da
Guía.
3-Habilitarase unha zona de quencemento restrinxido ó tráfico, dende a
zona da saída.
4- Correrán unha distancia de 7.200 metros .
5-Trofeo aos 3 mellores tempos na categoría masculina.
-Trofeo aos 3 mellores tempos na categoría feminina.
-Trofeo ao clube máis numeroso.
-Entregaránse agasallo conmemorativas a tódolos participantes que
finalicen a proba.
6-As inscricións realizaránse en galitiming ata o día 5 de decembro ás 00
horas cun custe de 6 euros.
7-Tódolos participantes deben recoñecer estar en perfecto estado físico
e de saúde ó realizar a inscrición e no momento da proba.
10-Tódolos participantes ao chegar á meta terán que voltar por conta
propia ata o seu destino. Habilitarase un circuito alternativo para chegar
ata o punto de saída e así facilitar o regreso.
11-A organización resérvase o dereito de modificar a data e horario da
proba se fose necesario.
Colaboran :AAVV DE CARREIRA, ANPA DE CARREIRA, CONSTRUCCIONES
AGUIÑO, BAR TENERIFE, , PODIUM SPORT, AROUSA NEO, PROTECCION
CIVIL E POLICIA LOCAL DE RIBEIRA.