Calendario
Info da proba

Riotorto

26/05/2024 9:30 - 13:30
Regulamento II Trail dos Muíños, Riotorto

Data: domingo, 26 de maio de 2024.
Horario:
Trail corto: 10:00 horas.
Trail longo: 9:30 horas.
Distancias:
Trail corto: 17 Km. / desnivel +900.
Trail longo: 27 Km. / desnivel +1500.
Inscricións: dende o 15/03/2024 ata o 21/05/24 en Galitiming.

:: Le e comenta a proba no foro de Carreiras de Montaña ::

OBXETIVO.
A finalidade de esta proba e fomentar a práctica de actividade física na natureza de forma respectuosa e responsable. Para acadar tal obxectivo elabórase o seguinte documento, que permitirá mellorar a seguridade da proba e medrar na calidade da mesma.

ORGANIZACIÓN E PROBAS.
O Trail dos muíños está organizado pola Asociación de Veciños da Ferrería e o Concello de Riotorto. Terá lugar os días 25 e 26 de maio de 2024.

PROBAS.
Andaina: 25-05-24 / 16:00 horas/ 14 Km. / desnivel +700.
Trail corto: 26-05-24 / 10:00 horas / 17 Km. / desnivel +900.
Trail longo: 26-05-24 / 9:30 horas / 27 Km. / desnivel +1500.

ITINERARIO.
O itinerario desenvólvese en circuítos circulares, con saída e meta na mesma zona (Praza das Rodrigas S/N, Riotorto, Lugo).
Practicamente a súa totalidade percorre sendeiros, en ocasións cruza algunhas estradas onde se dispoñerá de persoal para regular o paso dos participantes garantindo así a súa seguridade.
O itinerario estará sinalado con pintura biodegradable, sinais e cinta de balizar retornable.

Andaina: Wikiloc
Trail pequeno: Wikiloc
Trail grande: Wikiloc

CONDICIONS DA PROBA.
Os inscritos participan baixo a súa propia responsabilidade. A organización non se fai responsable dos accidentes ou danos que poidan sufrir ou producir os participantes. Non obstante, dispoñerase dun seguro de responsabilidade civil para os mesmos, estean ou non federados en montaña, e asistencia médica en caso de lesión de algún dos participantes.
En caso de retirada, deberá avisarse ao persoal da organización. No suposto de lesión, ou impedimento para regresar polos propios medios a meta, pedirase axuda á organización que xestionará o rescate. Facilitaranse teléfonos de contacto para emerxencias.
O circuíto non estará pechado ao tránsito de vehículos, polo que todo participante está obrigado a cumprir as normas de circulación viaria e deberá respectar o paso de gandos, persoas e vehículos. Disporase de voluntarios e protección civil para facilitar o paso en cruces de estradas con seguridade.
No caso de que as autoridades correspondentes diten medidas restritivas que afecten ao normal desenvolvemento da proba, facilitarase a información por medios electrónicos ou en persoa o propio día da proba.

CARACTERÍSTICAS DAS PROBAS.
ANDAINA.
• Terá saída as 16:00 horas do día 25 de maio de 2024 na Praza das Rodrigas, S/N, Riotorto (Lugo).
• Entrega de dorsais ese mesmo día dende as 11:00 horas na saída.
• Non ten carácter competitivo polo que os dorsais non levaran chip de control de cronometraxe.
• Existirán dous puntos para avituallamento de bebida e sólidos (km 5 e km 10).
• O rematar a andaina, no Campo municipal da Veiga (Riotorto) os participantes disporán de duchas, e serán convidados a aperitivos e bebida durante a celebración da “Caca da Vaca”.

TRAIL LONGO.
• Terá saída as 09:30 horas do día 26 de maio de 2024 na praza das Rodrigas, S/N, Riotorto (Lugo).
• Entrega de dorsais o día anterior dende as 16:30 ata as 20:00 horas (campo de fútbol da Veiga, Riotorto) ou o propio día da proba en saída/meta ata media hora antes da proba.
• Os dorsais levarán chip incorporado para a cronometraxe, polo que deben conservalo no momento de chegada a meta.
• Existiran dous avituallamentos de sólido e líquido (km 7 e km 21) e dous de líquido (km 14 e meta).
• Peche de proba será as 13:00 horas no avituallamento do quilómetro 21 ou as 13:45 horas en meta.
• O remate da proba os participantes disporán de duchas no pavillón polideportivo. A continuación terá lugar a entrega de trofeos, onde os corredores e corredoras serán convidados a pinchos e bebidas.
Os/as acompañantes que desexen degustar pinchos ou bebidas, abonarán 5€ no momento da inscrición (menores excluídos).

TRAIL CORTO.
• Terá saída as 10:00 horas do día 26 de maio de 2024 na praza das Rodrigas, S/N, Riotorto (Lugo).
• Entrega de dorsais o día anterior dende as 16:30 horas ata as 20:00 horas (campo de fútbol da Veiga, Riotorto) ou o propio dia do evento na zona de saída/meta ata media hora antes.
• Os dorsais levarán chip incorporado para a cronometraxe, polo que deben conservalo no momento de chegada a meta.
• Existirán dous avituallamentos de sólido e líquido (km. 7 e km 13) e outro de liquido en meta.
• Peche de proba as 13:00 horas no avituallamento do quilómetro 13 ou as 13:45 horas en meta.
• O remate da proba os participantes disporán de duchas no pavillón polideportivo. A continuación terá lugar a entrega de trofeos, onde os corredores e corredoras serán convidados a pinchos e bebidas.
Os/as acompañantes que desexen degustar pinchos ou bebidas, abonarán 5€ no momento da inscrición (menores excluídos).

INSCRICIÓN.
A inscrición realizarase a través da páxina web: www.galitiming.com ata o 21/05/24.

ANDAINA.
Poderán participar as persoas maiores de 16 anos (con autorización do/da titor legal ata os 18), os menores de 16 anos deberán ir acompañados e non será necesaria a inscrición.
Poderanse inscribir ata 250 persoas, os prezos son:
15/03-14/04/24 -> 16€
15/04-05/05/24 -> 18€
06/05-21/05/24 -> 21€

TRAIL CORTO.
Poderán participar todas as persoas maiores de 16 anos (os menores de 16 a 18 anos deben presentar autorización do/da titor legal) e poderanse
inscribir ata 150 persoas, os prezos son:
15/03-14/04/24 -> 18€
15/04-05/05/24 -> 20€
06/05-21/05/24 -> 23€

TRAIL LONGO.
Poderán participar as persoas con 18 ou mais anos cumpridos o día do evento e poderanse inscribir ata 150 persoas, os prezos son:
01/04-14/04/24 -> 20€
15/04-05/05/24 -> 22€
06/05-21/05/24 -> 25€

CANCELACIÓN.
Ata o 21/04/24 devolverase o 100% da inscrición.
Dende 22/04/24 ata o 06/05/24 so se devolverá 50%.
Dende o 06/05/24 non se devolverá o importe da inscrición.

NO CASO DE QUE NON POIDESE LEVARSE A CABO A PROBA POR CIRCUNSTANCIAS ALLEAS A ORGANIZACIÓN, SERÁ DEVOLTA A INSCRICIÓN NA SU TOTALIDADE.

CATEGORÍAS E PREMIOS.
Todo participante debe esperar a entrega de premios xa que no caso de que abandone o evento non terá dereito a reclamalo.

ANDAINA.
Entregaranse dorsais aos participantes, pero non ten carácter competitivo.

TRAIL CORTO.
Sénior: ata 40 anos (os nados no 1984 e posteriores), premios para o 1º,2º e 3º clasificado en feminino e masculino.
Veterano/a: dende os 41 anos (os nados no ano 1983 e anteriores), premios para o 1º,2º e 3º clasificado en feminino e masculino.
Premio especial a persoa mais lonxeva en realizar a proba.

TRAIL LONGO.
Sénior: ata 40 anos (os nados no 1984 e posteriores), premios para o 1º,2º e 3º clasificado en feminino e masculino.
Veterano/a: dende os 41 anos (os nados no ano 1983 e anteriores), premios para o 1º,2º e 3º clasificado en feminino e masculino.
Premio especial a persoa mais lonxeva en realizar a proba.

MATERIAL.
Para calquera das actividades que se van practicar necesítase o seguinte equipamento:
• Teléfono móbil con carga completa.
• Roupa deportiva (reflectante) acorde a actividade física que se vai realizar.
• Calzado apropiado para camiñar/correr polo monte.
• Botella ou bidón de auga para auto abastecerse.

Recomendase:
• Bastóns de montaña.
• Manta.
• Roupa impermeable.

AGASALLOS, PREMIOS E AVITUALLAMIENTOS.
Todo o ofrecido durante o desenvolvemento das probas procede de provedores locais e pequeno comercio, favorecendo a economía circular da zona.

DESCARGO DE RESPONSABILIDADE E USO DE DATOS PERSOAIS.
Cada participante, coa súa inscrición, manifesta atoparse nunha forma física e mental que lle permite afrontar a proba, e asume o risco desta práctica deportiva.

Os participantes, polo feito de inscribirse libre e voluntariamente, declaran coñecer e aceptar plenamente o presente Regulamento. En caso de dúbida
ou de xurdir algunha situación non reflectida no mesmo, prevalecerá o que dispoña para o efecto a Organización.
Autoriza ademais a que a Organización faga uso de fotos, vídeos e nomes na clasificación da proba, nos medios de comunicación e/ou Internet, sen esperar pago, compensación ou retribución algunha por este concepto, e a comunicarse a través do e-mail e/ou teléfono facilitados na inscrición, con fins unicamente relacionados con este evento deportivo.

ECORRESPONSABILIDADE.
O itinerario transcorre por paraxes de alto valor ecolóxico, polo que se deben seguir as pautas de comportamento habituais nos espazos protexidos: non deixar residuos, non acender lume, non producir ruídos que molesten á fauna, non acampar, non saírse do percorrido sinalizada... en definitiva, non deixar rastro da nosa actividade.
Reducirase ao mínimo o uso de plásticos no monte: avituallamentos, sinalización. A organización utilizará no posible material reutilizable ou reciclable.



Información actualizada a 20/5/2024.