Portada
A miña conta
Calendario
Foros
Todos
Carreras Populares
Montaña
Triatlón
Circuito
Diarios
Kedadas
Fotos
Fuera de Galicia
Pista
Andainas
Canicross
Lesiones
Entrenamientos
Zapatillas
Planos
Otros temas
Utilidades
Mapa
Calculadora
O Tempo
Circuíto
Contacto
A miña conta
Calendario
Info da proba
Oroso
26/05/2024
10:00 - 11:30
Voltar
Regulamento
X Carreira de Oroso, Sigüeiro
Data:
domingo, 26 de maio de 2024.
Hora:
10:00 h.
Distancia:
de 300 a 10.000 m.
Inscricións:
Carreiras Galegas
::
Le e comenta a Carreira de Oroso no foro de Carreiras Populares
::
Percorrido da proba
-
Percorrido en Wikiloc
REGULAMENTO
1.- As probas disputaranse na localidade de Sigüeiro - Oroso. A
saída e chegada
de cada proba farase na rúa Camiño Inglés a carón da casa do Concello e o circuíto correspondente a cada categoría estará debidamente sinalizado.
2.- Poderán participar todas aquelas persoas que o desexen, con ou sen licenza federativa. O control da carreira estará a cargo do Comité de Xuíces da Federación Galega de Atletismo, Delegación de Santiago de Compostela.
3.- A
INSCRICIÓN
da proba absoluta poderá realizarse nas webs www.carreirasgalegas.com con data límite: mércores 22 de maio ás 23:59 horas.
A INSCRICIÓN das carreiras escolares farase tamén a través das páxinas web www.carreirasgalegas.com debendo rellenar o formulario de inscrición (data límite: mércores 22 de maio ás 23:59 horas).
PREZOS DA INSCRICIÓN
CATEGORIAS ESCOLARES
(de sub-6 ata sub-18 incluídos): GRATUITA
Excepto os SUB-18 que decidan participar na proba absoluta dentro da categoría SENIOR
PROBA ABSOLUTA:
5 € por participante
O pago da inscrición se realiza pola pasarela de pago das páxinas web www.carreirasgalegas.com. Para calquera dúbida co proceso de inscrición poderán
poñerse en contacto co teléfono 981 291 799 ou no coreo: santiago@atletismo.gal
Non se admitirán inscricións fóra do prazo establecido nin se admitirán inscricións o día da carreira.
4.- Os
dorsais
poderanse recoller nas oficinas do Centro Deportivo Municipal o sábado 25 de maio de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 horas (opción recomendable especialmente para participantes locais). O día da proba os dorsais recolleranse no Centro Cívico situado a carón da saída da proba. Haberá prazo límite de 30 minutos antes de cada proba correspondente.
5.-
TROFEOS E MEDALLAS
Recibirán trofeos os 3 primeiros clasificados de cada categoría establecida no presente regulamento, masculino e feminino e tamén os tres primeiros absolutos masculino e feminino.
Os premios non serán acumulativos, de xeito que ningún corredor/a poderá recibir dous trofeos. A entrega de trofeos farase ao rematar a carreira.
6.-
PREMIOS
PREMIOS CLUBS FEDERADOS ( PROBA ABSOLUTA )
1º Club federado: 200 €
2º Club federado: 150 €
3º Club federado: 100 €
REGALO SORPRESA PARA O CAMPIÓN ABSOLUTO M/F
PREMIOS INDIVIDUAIS EMPADROADOS/AS EN OROSO (PROBA ABSOLUTA)
VALES PARA CANXEAR EN “TENDA DE DEPORTES EQUIPAT”
1º Clasificado Oroso: 100 1ª Clasificada Oroso: 100
2º Clasificado Oroso: 75 2ª Clasificada Oroso: 75
3º Clasificado Oroso: 50 3ª Clasificada Oroso: 50
Para optar aos premios de clubs federados terán que entrar un mínimo de 8 participantes en meta, que serán os que puntúan, (os equipos poderán ser másculinos, femininos ou mixtos)
Os pagos dos premios en metálico serán xestionados a través da Federación Galega de Atletismo:
7.- Todo/a corredor/a que chegue á meta
sen o seu dorsal
ou non o leve colocado de xeito correcto na zona anterior do corpo, será automáticamente descualificado.
8.- Os participantes deberán colocarse na zona de saída 10 minutos antes do comezo da súa proba.
9.- Os atletas que obteñan algún premio poderáselles solicitar que acrediten a súa idade coa presentación do DNI ou pasaporte.
9.- Aínda que a proba sexa de carácter estritamente deportiva e popular, admitiranse
reclamacións
, pero agárdase un espírito e un comportamento deportivo por parte de todos/as os participantes. As reclamacións aos resultados oficiais formularánselle ao xuíz árbitro da competición non máis tarde de 30 minutos despois da publicación dos resultados.
10.- O horario das saídas poderá ser modificado, a criterio do xuíz árbitro da proba, en función do número de participantes de cada categoría.
11.- Todo o non recollido neste regulamento resolverase de acordo co Regulamento da RFEA e FGA para probas en ruta en vigor.
12.-
Categorías e horarios
- Os Sub-18 poderán elixir participar na categoría ESCOLAR ou ABSOLUTA (dentro da categoría Senior) pero so nunha das dúas probas.
- Os Sub-20 e Sub-23 tamén compiten dentro da categoría Senior
- As categorías SUB-6 e SUB-8 non serán competitivas, polo tanto non haberá clasificacións para estas idades e todos/as recibirán un recordo.
ABSOLUTA
CATEGORÍA IDADE HORA DISTANCIA
Sen-S23-S20-S18 Nados/as entre 1989 e 2008 10:00 10.000 mt.
Máster 1 Nados/as entre 1978 e 1988 10:00 10.000 mt.
Máster 2 Nados/as entre 1968 e 1977 10:00 10.000 mt.
Máster 3 Nados/as en 1967 e anteriores 10:00 10.000 mt.
ESCOLARES
Sub-6 Nados 2019 e posteriores 11.20 300 mt
Sub-8 Nados/as entre 2017-2018 11:30 300 mt
Sub-10 Nados/as entre 2015-2016 11:40 1.000 mt
Sub-12 Nados/as entre 2013-2014 11:50 1.000 mt
Sub-14 Nados/as entre 2011-2012 12:00 2.000 mt
Sub-16 Nados/as entre 2009-2010 12:10 3.000 mt.
Sub-18 Nados/as entre 2007-2008 12:10 3.000 mt
SERVIZO DE
DUCHAS
NA PISCINA MUNICIPAL
ENTREGA DE PREMIOS DIANTE DA PISCINA A PARTIR DAS 12:30
OUTRAS DISPOSICIÓNS
PARTICIPACIÓN DE ATLETAS DE OUTRAS FEDERACIÓNS AUTONÓMICAS E
EXTRANXEIROS: A participación de atletas extranxeiros e de outras federacións autonómicas rexerase segundo o regulamento de competición da Real Federación
Española de Atletismo para probas de calendario autonómico: Máis información de esta norma no Ligazón: https://atletismorfea.es/sites/default/files/2024-03/Reglamento%20de%20Competición.pdf
Non está permitido o acompañamento na proba de ningún vehículo alleo á organización; nin bicicletas, patíns ou persoas non inscritas na proba que poidan acompañar, avituallar ou marcar ritmos aos participantes.
Información actualizada a 16/5/2024.
Voltar