Calendario
Info da proba

Silleda

31/05/2024 20:40 - 21:40
Regulamento IX Carreira Popular Abanca Semana Verde de Galicia, Silleda

Data: venres, 31 de maio de 2024.
Horario e distancias:
20:00 Pitufos 150 m. aproximadamente.
20:10 SUB 12 E SUB 10 1.200 m. aproximadamente - 2 voltas.
20:20 SUB 18, SUB 16 E SUB 14 2.200 m. aproximadamente - 5 voltas.
20:40 SUB 20-23-SEN-MÁST. A-B-C-D 7.000 m. aproximadamente.
Inscricións: Carreiras Galegas

:: Le e comenta a proba no foro de Carreiras Populares ::

IX CARREIRA POPULAR "ABANCA SEMANA VERDE DE GALICIA"

1. A Fundación Semana Verde de Galicia coa colaboración da Federación Galega de Atletismo organizará a IX Carreira Popular Abanca Semana Verde de Galicia que se celebrará o venres 31 de maio de 2024.

2. Poderán participar atletas federados e non federados. Realizarase unha clasificación conxunta. Esta proba está incluída no calendario oficial de probas en ruta da Federación Galega de Atletismo.

3. Categorías:
Categorías Anos Categorías Anos
PITUFOS 2017 e posteriores SUB 20 2005 / 2006
SUB 10 2015 / 2016 SUB 23 2002 / 2003 / 2004
SUB 12 2013 / 2014 SENIOR 2001 e anteriores ata veteráns
SUB 14 2011 / 2012 MÁSTER A De 35 a 44 anos
SUB 16 2009 / 2010 MÁSTER B De 45 a 54 anos
SUB 18 2007 / 2008 MÁSTER C De 55 a 64 anos
MÁSTER D Maiores de 65 anos

4. DISTANCIAS E HORARIOS
Hora Categoría Distancia Voltas
20:00 PITUFOS 150 m.aproximadamente.
20:10 SUB 12 E SUB 10 1.200 m.aproximadamente - 2 Voltas.
20:20 SUB 18, SUB 16 E SUB 14 2.200 m.aproximadamente - 5 Voltas.
20:40 SUB 20-23-SEN-MÁST. A-B-C-D 7.000 m.aproximadamente.

5. LUGAR DE SAIDA E PERCORRIDO
Video del recorrido: Youtube

O lugar de saída para as distintas probas será no paseo central do Recinto Feira Internacional de Galicia en Silleda - Pontevedra.

a. Percorrido Pitufos (liña vermella)
b. Percorrido Benxamín – Alevín (2 voltas, 1.200 m aproximadamente)
c. Percorrido Infantil – Cadete (5 voltas, 2.300 m) - Wikiloc


d. Percorrido absoluta 7k (70% asfalto e 30% terra) - Wikiloc


6. INSCRICIÓNS
Dende o 01 de maio de 2024 todos os atletas poderán inscribirse no formulario habilitado para tal efecto na páxina web www.carreirasgalegas.com. O custe da inscrición será de 5€ para as categorías absolutas e gratuíta para as categorías escolares.

O prazo de inscrición rematará o día 28 de maio ás 23:59 horas non admitíndose baixo ningún concepto, inscricións fora do prazo establecido no presente regulamento.
Esta proba pertence ó calendario da Federación Galega de Atletismo e estará baixo o control técnico do Comité Galego de Xuíces. O control das inscricións, dorsais, chips, resultados e secretaría será realizado por procedementos automatizados.

7. RECOLLIDA DE DORSAIS E CHIPS.
A retirada de dorsais e chips realizarase o día 31 de maio dende as 18:00 horas nas inmediacións da liña de saída.
Os dorsais son persoais e intransferibles e irán colocados na parte anterior do corpo de forma totalmente visible durante toda a proba. O incumprimento desta norma poderá ser motivo de descualificación.

8. PREMIOS E AGASALLOS
• Tod@s @s participantes da categoría Pitufos recibirán un diploma.
• Os tres primeir@s clasificad@s do resto das categorías BEN-ALE-INF-CAD-XUV recibirán trofeo.
• Os tres primeir@s clasificad@s do resto das categorías JUN-PRO-SEN-VET recibirán un trofeo.
• Trofeo para o atleta mais veterano.
• Trofeo a atleta local mellor clasificado.
• Medalla para tod@s os participantes.

Os trofeos non son acumulativos, salvo os de mellor atleta local.
Todos os atletas premiados cumprirán estritamente as indicacións da organización e os protocolos establecidos para recoller os trofeos.

9. SAÍDA E FORMATO DA PROBA
Realizaránse de forma conxunta, respectando o protocolo en vigor.

10. Todo corredor/a que non entre na liña de meta co dorsal ben visible colocado na parte anterior do corpo, en toda a súa extensión ou que incumpra as normas establecidas no regulamento da Federación Galega de Atletismo e da RFEA referente a probas en ruta, será descualificado a criterio do xuíz árbitro competición.

A organización establece un peche de control 60’ despois da chegada do 1º clasificado absoluto da proba.

11. As reclamacións ós resultados oficiais, deberán formularse verbalmente ó Xuíz Árbitro da Competición non máis tarde de 30 minutos despois da publicación dos mesmos.

12. Non está permitido o acompañamento na proba de ningún vehículo alleo a organización ou persoas non inscritas na proba que poidan acompañar, avituallar ou marcar ritmos ós participantes. Non se permite a participación con mascotas. A organización recomenda ós participantes, pola súa seguridade, que non participen con dispositivos reprodutores de música con auriculares.

13. SERVIZOS
Na zoa de saída e meta atoparanse os servizos médicos, ambulancia, avituallamento, duchas e aparcamento gratuíto.

A proba conta cun seguro de Responsabilidade Civil e un seguro de accidentes deportivos para os participantes.

14. Todo o non previsto no presente regulamento resolverase de acordo co regulamento da FGA e RFEA en vigor para probas en ruta.



Información actualizada a 21/5/2024.