Calendario
Info da proba

Lourenzá

01/06/2024 18:40 - 19:40
Regulamento VII Milla Popular Lourenzá fin de etapa Camiño Norte
XV Campionato Xunta de Galicia de Milla e 1 km en ruta

Data: sábado, 1 de xuño de 2024.
Hora: a partir das 16:30 h. Proba popular ás 18:40 h.
Distancia: 1.000 e 1.609 m.
Inscricións: Carreiras Galegas

:: Le e comenta a proba no foro de Carreiras Populares ::

VII MILLA POPULAR LOURENZÁ FIN DE ETAPA CAMIÑO NORTE
As Escolas Deportivas Lourenzá organizan, co patrocinio do Concello de Lourenzá e a colaboración da Federación Galega de Atletismo, a VII Milla Popular Lourenzá Fin de Etapa Camiño Norte, que terá lugar o sábado 1 DE XUÑO de 2024, a partir das 16:30 horas, na Praza Conde Santo de Lourenzá.

A presente edición contará, paralelamente, coa celebración do XV Campionato Xunta de Galicia de Milla e 1 km en ruta, do que se pode atopar o regulamento premendo na seguinte ligazón: Regulamento do Campionato de Galicia.

Os circuítos estarán homologados, nas distancias de 1 km e milla, pola Real Federación Española de Atletismo.

REGULAMENTO
1. PARTICIPANTES PROBAS POPULARES
Poderán participar atletas con licenza en vigor pola FGA e atletas non federados, atendendo ás categorías que se indican no seguinte punto.

2. CATEGORÍAS PROBAS POPULARES
CATEGORIA ANOS SEXO
SUB 8 2017 e posteriores H / M
SENIOR De 2008 ata 34 anos , cumpridos o día da proba H / M
MASTER 1 De 35 a 44 anos, cumpridos o día da proba H / M
MASTER 2 De 45 anos en adiante, cumpridos o día da proba H / M

3. INSCRICIÓNS, PRAZO e PREZO
MILLA POPULAR e CATEGORÍA SUB 8: a través da páxina web www.carreirasgalegas.com ata as 23:59 horas do martes anterior á competición.

Só poderán acceder aos premios da popular os/as atletas que se inscriban na carreira popular.

CAMPIONATOS XUNTA DE GALICIA DE MILLA E 1 KM EN RUTA: a través da plataforma da RFEA ata as 20:00 horas do luns anterior á competición.

PREZOS
• MILLAS POPULARES MASCULINA e FEMININA 5,00 €
• SUB 8 e CAMPIONATOS DE GALICIA GRATUÍTO

4. HORARIOS (poderá sufrir modificacións segundo a inscrición)
HORA DISTANCIA Anos
16:30 250 m Categoría Sub 8 popular non competitiva (2017 e posteriores)
16:45 1 km Campionatos Xunta de Galicia sub 10 masculino e feminino (2016-2015)
16:55 1 km Campionato Xunta de Galicia sub 12 feminino (2014-2013)
17:05 1 km Campionato Xunta de Galicia sub 12 masculino (2014-2013)
17:15 1 km Campionato Xunta de Galicia sub 14 feminino (2012-2011)
17:25 1 km Campionato Xunta de Galicia sub 14 masculino (2012-2011)
17:35 1 km Campionatos Xunta de Galicia sub 16 masculino e feminino (2010-2009)
17:50 ENTREGA DE PREMIOS CATEGORÍAS MENORES 1 KM EN RUTA
18:10 1,609 km Campionatos Xunta de Galicia Milla máster masculino (M40-M45)
18:25 1,609 km Campionatos Xunta de Galicia Milla máster masculino (M50 e superior)
18:40 1,609 km Milla popular masculina e feminina (2008 ata máster)

19:00 1,609 km
Campionato Xunta de Galicia Absoluto de Milla feminino
Campionatos Xunta de Galicia sub 18, sub 20, e sub 23 feminino
Campionatos Xunta de Galicia Milla máster femininos

19:15 1,609 km
Campionato Xunta de Galicia Absoluto de Milla masculino
Campionatos Xunta de Galicia sub 18, sub 20, e sub 23 masculino
Campionato Xunta de Galicia M35

19:45 ENTREGA DE PREMIOS DOS CTOS. XUNTA DE GALICIA DE MILLA EN RUTA E PROBA POPULAR

5. PREMIOS
Probas populares:
✓ Medallas aos 3 primeiros/as clasificados/as, masculino e feminino, da milla popular senior, máster 1 e máster 2.
✓ A carreira sub-8 non será competitiva e non se farán clasificacións.

Campionatos Xunta de Galicia:
✓ Premio económico de 100, 50 e 25 euros ós Campións, Subcampións e 3º clasificado do Campionato Xunta de Galicia Absoluto de Milla en Ruta.
✓ Medallas aos 3 primeiros/as clasificados/as de cada Campionato de Galicia, segundo estableza a Federación Galega de Atletismo no seu regulamento.

6. APARCADOIROS, DUCHAS E VESTIARIOS
• Aparcadoiros: Disporase dunha amplia zona de aparcadoiros no centro da vila.
• Duchas: No Pavillón Municipal de Lourenzá.

7. ENTREGA DE DORSAIS
Os dorsais entregaranse no PORTALÓN DO CONCELLO ata 30’ antes do inicio de cada proba.

8. OUTRAS CONSIDERACIÓNS REGULAMENTARIAS
Todo o non recollido no presente regulamento resolverase segundo o que dispoñan os regulamentos da FGA, RFEA e World Athletics en vigor.
NOTA: Esta proba pertence ao Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e mediante a súa inscrición o corredor consinte expresamente que os seus datos básicos sexan cedidos a esta entidade para a tramitación, ante a compañía de seguros, dos seguros obrigatorios de accidentes e Responsabilidade Civil así
como a xestión da licencia de día e ránking popular de probas de ruta. En todo caso e tal e como establece a lei de Protección de Datos, o interesado pode exercer no futuro os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante escrito ou correo electrónico á Federación Galega de Atletismo. Avenida de Glasgow13 - 15008 A Coruña.

Todo participante, polo feito de inscribirse, permite que as imaxes, videos e entrevistas realizadas pola organización poidan publicarse nas rrss e páxinas webs oficiais.

OUTRAS DISPOSICIÓNS
Non está permitido o acompañamento na proba de ningún vehículo alleo á organización; nin bicicletas, patíns ou persoas non inscritas na proba que poidan acompañar, avituallar ou marcar ritmos aos participantes.

ASISTENCIA MÉDICA: A organización contará con servizos médicos e ambulancia na zona de saída/meta. Os servizos médicos e o xuíz árbitro da competición están facultados para retirar da carreira a calquera participante que manifeste un mal estado físico durante o desenvolvemento da mesma.



Información actualizada a 22/5/2024.