Calendario
Info da proba

Paradela

01/06/2024 18:00 - 19:00
Regulamento III Carreira Popular Concello de Paradela

Data: sábado, 1 de xuño de 2024.
Hora: 18:00 h.
Distancia: de 100 a 8.000 m.
Inscricións: Championchip Norte

:: Le e comenta a proba no foro de Carreiras Populares ::

III CARREIRA POPULAR CONCELLO DE PARADELA

REGULAMENTO
Artigo 1: Organización:
O Concello de Paradela organiza a “III Carreira popular Concello de Paradela”
A proba terá lugar o vindeiro sábado día 01 de xuño de 2024, con saída e meta na Praza do Mercado Gandeiro.
A proba estará aberta a todos os atletas, federados ou non, sen distinción de sexo ou nacionalidade.
Cada atleta participa baixo a súa responsabilidade e dispón de unha condición físicasuficiente para rematar a proba.

Artigo 2: Categorías, distancias e horarios:
➔ Categoría absoluta (adultos/as) (2008 e anteriores)
• Distancia: 8.000 metros
• Horario: 18:00 horas

➔ Categorías escolares (2009 e posteriores)
• Categoría pitufos ( 2017 e posteriores)
• Distancia: 100 metros
• Horario : 19:30 horas
• Categoría sub 10 e categoría sub 12 ( 2015-2016) e (2013-2014)
• Distancia: 500 metros
• Horario: 19:40
• Categoría sub 14 e categoría 16 (2011-2012) e (2009-2010)
• Distancia: 1000 metros
• Horario: 19:50 horas

➔ Andaina
• Distancia: 8000 metros
• Horario: 18:15 horas

O circuíto será sobre asfalto e estará pechado a todos os vehículos agás os autorizados pola organización. O percorrido estará controlado por persoas e vehículos da organización.

A PREVISION MAXIMA SERA DE 300 PARTICIPANTES.

Artigo 3: Peche de control:
O control de chegada na proba absoluta pecharase 70’ despois da saída da mesma.

Artigo 4: Condicións de Participación:
➢ A inscrición na proba é persoal e intransferible
➢ A inscrición implica ler, entender e adquirir o compromiso que a continuaciónse expón:
Certifico que estou en bo estado físico. Eximo de toda responsabilidade que daparticipación no evento puidese derivarse á organización, patrocinadores comerciais ou sponsors, empregados e demais organizadores. Coa realización da inscrición, todo participante cede os seus dereitos de imaxe á organización e os seus colaboradores, que utilizará as imaxes de acordo coa Lei de Protección de Datos.
➢ No caso de que xurda algunha dúbida ou discrepancia acerca do regulamento, a decisión quedará en mans da organización.
➢ A proba estará controlada por persoal da organización, e estarán capacitados para descualificar a calquera atleta que incumpra o regulamento.

Serán motivo de descualificación, entre outros, os seguintes aspectos:
• Non respectar as indicacións dadas pola organización.
• Non realizar todo o circuíto da carreira.
• Non levar o dorsal ou a manipulación do mesmo.
• Falsificar datos persoais.
➢ Todo o non disposto neste regulamento rexerase polas normas de Competición daFGA, RFEA e IAAF para a presente tempada, así como todo o regulamentado por instancias superiores

Artigo 5: Inscrición:
A inscrición farase a través do enlace que se poderán atopar nas web https://ccnorte.com/. A inscrición pecharase o xoves 30 de maio.
➢ Non se admitirán inscricións fora de prazo.

Os datos necesarios para a inscrición son: nome e apelidos, NIF, sexo, data de nacemento, enderezo,concello de empadroamento, teléfono móbil, correo electrónico e club.

Artigo 6: Retirada de Dorsais:
Os dorsais poderanse retirarse o día da carreira ata media hora antes da carreira.

Artigo 7: Premios:
➢ A entrega de premios será na zona de meta o rematar as probas.
➢ Premio aos tres primeiros/as absoluto/as feminino e masculino na distancia de 8 km.
➢ Premio aos tres primeiros clasificados masculinos e femininos de cada categoría escolar.
➢ Na categoría de menores darase medalla a todos os participantes.
➢ Premio os mellores atletas locais absoluto.
➢ Premio a persoa de maior idade.

Os premios de categoría non son acumulativos, agás o premio local

Artigo 8: Servizos para os participantes:
Os participantes gozarán dos seguintes servizos antes, durante e despois da carreira.
1. Aparcadoiro gratuíto.
2. Baños na zona de saída-chegada.
3. Recollida de dorsais e imperdíbeis.
4. Vestiarios na zona de meta.
5. Gardarroupa
6. Avituallamento na zona de saída da proba e durante o percorrido da carreira.
7. Ambulancia (todos os accidentes acontecidos deberán ser previamente informados ao organizador da proba e o traslado do ferido, se fose necesario, será para os centros sanitarios que teñan convenio ca compañía de seguros que corresponda).

Artigo 9: Aceptación do regulamento:
A inscrición na proba conleva a autorización da publicación de fotografías ou vídeos da participación na mesma por parte do organizador e dos seus colaboradores, así coma osresultados.
O descoñecemento do regulamento no exime do seu cumprimento.
Dado o espírito deportivo e popular desta proba non se admitirán reclamacións.
A participación levaimplícita a aceptación do regulamento da proba.
A organización e os seus colaboradores non se fan responsables dos danos morais ou materiais que a si mesmos ou a outras persoas ocasionen os participantes.
A organización da proba reservarase a facultade de decidir sobre calquera aspecto ou circunstancia non contemplada neste regulamento.

Artigo 10: Cambios do regulamento:
A organización resérvase o dereito de realizar algún cambio no presente regulamento se así o considerase, e deberá publicalo na web.



Información actualizada a 22/5/2024.