Calendario
Info da proba

Esgos

16/06/2024 10:30 - 13:30
Regulamento XVI Trail San Pedro de Rocas - Esgos

Data: domingo, 16 de xuño de 2024.
Horario e distancias:
PROBA - DISTANCIA - DESNIVEL - SAÍDA - PECHE CONTROL
RUTA LONGA - 18 Km +620 m. aprox. - 10:30 h - 13:30 h
RUTA CURTA - 8,5 Km +370 m. aprox. - 11:30 h - 13:30 h
Inscricións:
Populares: ata o mércores, 12 de xuño de 2024, en Carreiras Galegas.
Federados: a través do sistema en liña da RFEA ata o 10 de xuño de 2024.

:: Le e comenta a proba no foro de Carreiras de Montaña ::

Percorridos
Carreira longa: Tracedetrail
Carreira curta: Tracedetrail


XVI TRAIL SAN PEDRO DE ROCAS - ESGOS
REGULAMENTO CARREIRA CURTA - CARREIRA LONGA

1. ORGANIZACIÓN
O Concello de Esgos coa colaboración da Federación Galega de Atletismo organiza o domingo, 16 de xuño de 2024 o “XVI Trail San Pedro de Rocas Esgos” no que se disputarán as seguintes probas:
- XVI Campeonato Xunta de Galicia de Trail Running - Carreiras de Montaña Absoluto - Máster - Sub23 - Sub20 - Sub18
- Ranking Classic da Federación Galega de Atletismo x10 Puntos acadados - 1.000 puntos gañador/a
- XVI Trail San Pedro de Rocas - Esgos - PROBA POPULAR

2. SAÍDA/META - DISTANCIAS - HORARIO
2.1 Localización Saída - Meta
Casa do Concello de Esgos

2.2 Probas - Distancias - Horario
PROBA DISTANCIA DESNIVEL SAÍDA PECHE CONTROL
RUTA LONGA 18 Km +620 m. aprox. 10:30 13:30
RUTA CURTA 8,5 Km +370 m. aprox. 11:30 13:30

3. PARTICIPACIÓN - CATEGORÍAS
3.1 Participantes
Poderán participar nesta proba atletas populares e federados sempre que estean inscritos nos prazos e formas establecidos ao efecto pola organización.

3.2 Categorías Ruta Longa
Homes - Mulleres:
- Sub23 (nados en 2002 a 2004)
- Sénior (nados desde o 2001 ata os 34 anos)
- Máster A (de 35 a 44 anos)
- Máster B (de 45 a 54 anos)
- Máster C (de 55 a 64 anos)
- Máster D (+ de 65 anos)
- Absoluta

3.3 Categorías Ruta Curta
Homes - Mulleres:
- Sub16 / Sub18 (nados desde 2007 a 2010)
- Sub20 (nados en 2005 e 2006)
- Absoluta

4. INSCRICIÓN
4.1 Inscrición Federados
As inscricións dos deportistas federados realizaranse a través do sistema en liña da RFEA na páxina https://sdp.rfea.es/ ata as 20:00 horas do luns, 10 de xuño de 2024.

4.2 Inscrición Populares
As inscricións dos deportistas populares realizaranse a través da web https://carreirasgalegas.com/ ata as 23:59 horas do mércores, 12 de xuño de 2024.
Prezo de inscrición: 17€

A inscrición Popular da dereito a:
- Participación na carreira
- Camiseta conmemorativa
- Avituallamento
- Trofeo carreira popular
- Premios carreira
- Xantar ao remate das probas
- Sorteos

5. RECOLLIDA DE DORSAIS
A recollida de dorsais realizarase o domingo, 16 de xuño de 2024 na carpa habilitada a tal efecto na Praza da Souteira de Esgos dende as 8:30 horas.

6. XULGAMENTO DA COMPETICIÓN
6.1 Xulgamento da Competición
O carreira estará controlada polo Comité Galego de Xuíces da Federación Galega de Atletismo.
Todas as reclamacións deberánselle facer verbalmente ao xuíz árbitro da proba ata 30
minutos despois da publicación dos resultados.

6.2 Descualificacións
Serán motivo de descualificación:
- Falsificar datos persoais, ou a suplantación da identidade.
- Non levar dorsal ou manipulalo.
- Non seguir a sinalización específica da carreira (valos, cintas,...)
- Non atender as indicacións dos membros da organización ou xuíces.
- Non completar todo o percorrido ou non pasar polos controis.
- Utilizar vehículos de axuda.
- Ir acompañado doutras persoas que non sexan participantes inscritos na proba.
- Ensuciar ou deteriorar o entorno.
- Continuar a participación cando supoña un risco para a súa propia seguridade, para outros atletas ou para o desenvolvemento da proba.
- Entrar fóra da hora prevista pola organización como tempo máximo de duración da proba (Peche de Control)

7. PREMIOS
7.1 Premios
Ruta Longa: trofeo aos tres primeiros homes e mulleres das categorías Sub23 - Máster A - B - C - D e Absoluta.
Ruta Curta: trofeo aos tres primeiros homes e mulleres das categorías Sub16/Sub18 - Sub20 e Absoluta.

7.2 Premio vencedor/a Ruta Longa
Premio de 250€ ao vencedor e vencedora na Ruta Longa sempre que obteña unha marca inferior a:
- Homes: menos de 1h.8’24”
- Mulleres: menos de 1h.24’16”

8. SERVIZOS MÉDICOS - SEGUROS
8.1 Servizos Médicos
A proba disporá dos servizos médicos recomendados pola FGA e de acordo coa lexislación vixente.

8.2 Seguros
Todos os participantes estarán amparados por unha póliza de Responsabilidade Civil e accidentes deportivos, que cubrirá os accidentes que se produzan como consecuencia directa do desenvolvemento da proba. Quedan excluídos os casos derivados dun padecemento latente, imprudencia ou inobservancia das leis, da normativa da competición, etc. Tamén quedan excluídos os casos producidos polo desprazamento ao lugar da competición ou desde o mesmo. A inscrición implica ler, entender e adquirir o compromiso que a continuación se expón: Certifico que estou en bo estado físico. Eximo de toda responsabilidade que da participación no evento puidese derivarse, á organización, patrocinadores comerciais, empregados e demais organizadores.

9. NORMATIVA
9.1 Aceptación do regulamento
Todas/os as/os participantes, polo feito de inscribirse e tomar a saída na carreira, aceptan o presente regulamento, e no caso de dúbida ou de xurdir algunha situación non prevista no mesmo, resolverase de acordo ao que dispoña o Organizador e polas normas da FGA, RFEA e WA en vigor.

9.2 LOPD
Todas/os as/os corredoras/es ao realizar a inscrición aceptan a publicación do seu nome e imaxe nas clasificacións, medios de comunicación e/ou internet.

Esta proba pertence ao Calendario Oficial da FGA e mediante a súa inscrición a/o corredora/or consente expresamente que os seus datos básicos sexan cedidos a esta entidade para a tramitación, ante a compañía de seguros, dos seguros obrigatorios de accidentes e Responsabilidade Civil así como a xestión da licenza de día. En todo caso e tal como establece a lei de Protección de Datos, a/o interesada/o pode exercer no futuro os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante escrito ou correo electrónico á: Federación Galega de Atletismo. Avenida de Glasgow, 13, 15008, A Coruña, federacion@atletismo.gal.

DISPOSICIÓN FINAL
A organización resérvase o dereito de realizar algún cambio no presente regulamento se así o considerase.



Información actualizada a 28/5/2024.