Calendario
Info da proba

Pontedeume

21/06/2024 23:00 - 24:00
Regulamento - REGLAMENTO III CARREIRA NOCTURNA URBANA
CONCELLO DE PONTEDEUME -
PRESENTACIÓN:
O Concello de Pontedeume, en colaboración coa ADC Monte Breamo, organiza a
III CARREIRA NOCTURNA CONCELLO DE PONTEDEUME o día 21 de xuño, a
partir das 22:00 horas, con saída e chegada na Praza do Conde.
HORARIOS, COMPETICIÓNS E DISTANCIAS:
Ofértanse as seguintes competicións:
 22:00h. 1,8Km ‘MENORES DE IDADE’ (nad@s no ano 2009 e
posteriores):
unha volta ao percorrido adxunto no racemapp.
 22: 20h. aprox. 1,8Km ‘POR GRUPOS’ : participación en familia,
amigos, asociacións, etc.
(o grupo debe conter mínimo dúas persoas, e un máximo de 9.
Non hai límite de idade). Recollerase dorsal pero será unha
competición non clasificable.
ACÉPTANSE DISFRACES E DEMÁIS INDUMENTARIAS DIVERTIDAS Guiño
 23:00h. aprox. 5Km 400m. ‘ABSOLUTO’ (nad@s no 2008 e anos
anteriores):
tres voltas a un percorrido de 1,8km adxunto no racemapp.
CATEGORÍAS:
Establécense as seguintes categorías tanto en competición feminina como
masculina:
1,8Km ‘MENORES DE IDADE’
 PITUFOS: Nad@s no 2017 e posteriores.
 SUB10: Nad@s no 2015-2016.
 SUB12 : Nad@s no 2013 e 2014.
 SUB14: Nad@s no 2011 e 2012.
 SUB16: Nad@s no 2009 e 2010.
5Km 400m. ‘ABSOLUTO ‘
 SENIOR: nad@s no 2008 ata 34 anos.
 VETERÁNS A: de 35 a 44 anos.
 VETERÁNS B: de 45 a 54 anos.
 VETERÁNS C: de 55 anos en adiante.
INSCRICIÓNS:
As inscricións poderanse realizar na plataforma www.championchipnorte.com
 Prazo dende o venres 7de xuño ata o luns 17 de xuño ás 23:59 horas.
 Prezo: DE BALDE.
 Límite de prazas: 300 (entre todas las actividades ofertadas).
 Non estará permitida a inscrición fóra da data sinalada nin o mesmo día
do evento.
 O feito de inscribirse implica a aceptación do reglamento establecido.
ENTREGA DE DORSAIS E CHIPS:
A entrega do material realizarase na carpa da organización, na zona de saída e
chegada, a partir das 20:00 horas e ata media hora antes do comezo da
primeira carreira.
PROTOCOLO DE SAÍDAS EN TODALAS COMPETICIÓNS:
 As primeiras tandas destinaranse ás/aos corredoras/es que acrediten as
mellores marcas no momento da inscrición.
 CRONOMETRAXE: A cronometraxe será con CHAMPIONCHIP. O tempo
final de cada deportista será o neto dende que pisa a ‘alfombra de saída’
ata que chega ao mesmo punto de partida unha vez realice o traxecto.
PERCORRIDOS en RACEMAPP:
Tódolos percorridos e ubicacións do evento a un so click e nun único entorno
interactivo. Podes consultalo neste enlace:
 APARCADOIROS
 SERVIZOS EVENTO
 PERCORRIDOS
 AMBULANCIA
SEGURIDADE:
 Ambulancia: a organización dispondrá dunha ambulancia medicalizada
no centro de competición para calquera eventualidade.
 Dispositivo de tráfico: a organización dispondrá xunto coa Policía
Municipal e Protección Civil, dun plan de tráfico para velar pola
seguridade das/os veciñas e veciños, viandantes e deportistas.
 Voluntarios percorrido: a organización conta coa principal colaboración
da ADC Monte Breamo, así como a de outras entidades deportivas locais,
que aportarán voluntariado polos puntos necesarios do percorrido.
 Voluntarios bicicleta: haberá 3 voluntarios en bicicleta. Dous abrindo
carreira en cada competición e un acompañando á cola en cada unha das
mesmas.
 Seguros: a organización conta cun seguro de RC e seguro de accidentes
para todas/os as/os participantes do evento.
AGASALLOS, MEDALLAS-TROFEOS:
Cada participante recibirá unha camiseta do día do evento.
A entrega de medallas-trofeos realizarase unha vez rematadas tódalas
competicións.
5km 400 ABSOLUTA:
 Medallas Absoluta: 3 primeiras e 3 primeiros.
 Medallas por categorías: 3 primeiras e 3 primeiros (acumulativos).
1,8KM MENORES:
 Medallas por categorías: 3 primeiras e 3 primeiros.
MELLOR TEMPO:
 Trofeo ao récord de tempo xeral na categoría feminina e masculina.