Calendario
Info da proba

Antas de Ulla

22/06/2024 19:00 - 20:30
Regulamento I CARREIRA POPULAR E ANDAINA
“CENTRO XEOGRÁFICO DE GALICIA-ANTAS DE ULLA”
O próximo sábado 22 de xuño do 2024 celebrarase a primeira edición da Carreira Popular
“CENTRO XEOGRÁFICO DE GALICIA-ANTAS DE ULLA”. Este evento está coorganizado polo
Concello de Antas de Ulla e o GDR Miño-Ulla e conta coa colaboración da Secretaría Xeral para
o Deporte e de colaboradores locais.
O programa de evento contará con competicións e distancias para todas as idades e categorías
aparte dunha andaina non competitiva, todas elas comenzarán e rematarán na vila de Antas de
Ulla.
A proba absoluta conta cun trazado circular de 10km que discorre nun primeiro tramo con
apenas desnivel, para continuar dende o lugar de Vilasión con subidas e baixadas pasando polo
“Centro Xeográfico de Galicia”, sinalado nas súas coordendas exactas, ata chegar a Bellós.
Continúa subindo ata Hermide e remata cunha baixada suave e cómoda, prácticamente
continua de 5 Km. Este circuito pensado para a superación e o disfrute discorre sobre asfalto e
un sendeiro de terra, con amplias zonas de sombras ao longo dos 10 km.
As carreiras de menores discorren por trazado urbano na súa totalidade.
NORMAS DA CARREIRA
Data: 22 de xuño de 2024
Lugar: Antas de Ulla, Lugo
Distancia: dende 250m ata 10km (según categoría)
INSCRICIÓN
Abrirase un período de inscripción que rematará o mércores 19 de xuño de 2024 ás
23.59h
A inscripción poderá realizarse en www.championchipnorte.com e
https://circuitomiñoulla.es/
A inscripción para as carreiras de todas as categorías e para a andaina é de balde.
A inscripción da dereito a participar na proba, agasallos, avituallamento, seguro de
responsabilidade civil da organización e de accidentes dos participantes así como a
facder uso dos servizos establecidos pola organización para os participantes.
Non se inscribirán participantes fora de prazo.
2
Para realizar a inscripción correctamente será necesario aportar todos os datos
requeridos no procedemento de inscrición. A organización resérvase o dereito de non
inscribir a quen non cubra correctamente os datos requeridos e polo tanto non deixalo
participar na proba.
AGASALLOS E PREMIOS
Haberá camiseta técnica conmemorativa da proba para os 100 primeiros inscritos nas
categorías menores e para os 200 primeiros inscritos na proba absoluta, así como outros
agasallos para as persoas participantes e sorpresas durante a celebración da proba
(photo call no CXG e gaiteiros no CXG na baixada, música na meta)
DORSAIS E CHIPS DE CRONOMETRAXE
Os dorsais son persoais e instransferibles e permanecerán colocados de xeito visible
durante o transcurso da proba.
As carreiras absolutas serán controladas por un sistema de chips de cronometraxe.
O chip estará colocado no lugar que indique a organización.
As persoas participantes que non posúan o chip deben aboar 4€ en concepto de
aluguer/fianza do mesmo no momento de inscribirse na web que se devolverán unha
vez comprobada a devolución do chip. Deberán devolver o chip á finalización da carreira.
ENTREGA DE DORSAIS E CHIPS DE CRONOMETRAXE
De xeito presencial o día da proba (22 de xuño de 2024) na Praza Nova, Rúa
Chantada a partir das 16h en Antas de Ulla e ata media hora antes do comenzo
da carreira (menores ata as 17.30h e absoluta 18.30h)
PERCORRIDOS, HORARIOS e DISTANCIAS
PROBAS MENORES: disputaranse por percorrido urbano con diferentes competicións
por categorías. Hora saída: 18.30h
 18:30 pitufos e SUB 8 200m
 18:35 SUB 10 e SUB 12 1000m
 18: 45: SUB 14 e SUB 16 1500m
PROBA 10km: disputarase sobre un percorrido de asfalto e sendeiro de terra con amplas
zonas de sombra, con saída no núcleo de Antas de Ulla na Rúa Rodeiro e un total de 10
km que discorren por Vilasión, San Fiz, Centro Xeográfico de Galicia, Bellós, A Hermide,
Areas Veloín, Nugallás, O Carballo e chegada de novo na Rúa Rodeiro en Antas de Ulla.
Hora saída: 19.00h
ANDAINA: discorrerá por un percorrido combinado rural e urbano. Hora saída: 19.15h
3
CATEGORÍAS, IDADES E DISTANCIAS
 PITUFOS nados en 2019 e posteriores 200m
 SUB 8 nados en 2017 e 2018 - 200m
 SUB 10 nados en 2015 e 2016 - 800m
 SUB 12 nados en 2013 e 2014 - 800m
 SUB 14 nados en 2011 e 2012 - 1500m
 SUB 16 nados en 2009 e 2010- 1500m
 SENIOR nados en 2008 ata 35 anos - 10 km
 VETERÁNS 1 de 35 a 50 anos - 10km
 VETERÁNS 2 de 50 anos - 10km
CATEGORÍAS ESPECIAIS
 Mellores atletas locais masculino e feminino - 10 km
Andaina – todas as edades - 5 km
PREMIOS
CATEGORÍAS DE MENORES: todos os participantes recibirán unha medalla e un agasallo
Haberá trofeos e bolsa con productos típicos do Concello de Antas de Ulla para os tres
primeiros atletas (masculinos e femeninos) de cada categoría.
CATEGORÍAS PROBA 10 KM: todos os participantes recibirán un agasallo e os tres
primeiros clasificados en cada categoría contarán con un lote de productos de
proximidade do Concello de Antas de Ulla.
SERVIZOS AOS PARTICIPANTES
AVITUALLAMIENTO:
Terá lugar na Praza Nova na Rúa Chantada.
Os menos e nenas participantes nas probas de categorías menores recibirán
avituallamiento sólido e líquido ao rematar as súas carreiras.
As persoas participantes na proba de 10 km terán 2 puntos intermedios na
carreira con avituallamiento líquido e un avituallamiento sólido e líquido ao final
da carreira.
Os participantes contarán con colectores para o lixo próximos ás zonas de
avituallamiento. Aqueles que depositen residuos no chan poderán ser
descalificados pola organización, por comportamiento inadecuado durante a
proba, aínda que completaran o percorrido.
4
POSTO DE PRIMEIROS AUXILIOS:
Os participantes poderán dispor da ambulancia con soporte vital básico con
dous técnicos en emerxencias sanitarias e médico e persoal socorrista terrestre
se o precisan
DUCHAS:
Haberá duchas a disposición dos participantes nos vestiarios do polideportivo
municipal situado na Rúa Camiño de Vilane.
RECLAMACIÓNS:
A proba celébrase con carácter popular e espírito deportivo polo que non Terán cabida
reclamación.
COMPROMISOS DE PARTICIPACIÓN:
As persoas participantes farano cos seus medios propios físicos naturais, sen axudas de
calquera outro tipo, nin o acompañamento ou uso de vehículos de axuda.
A inscripción en calquera categoría da carreira implica a autorización á posible difusión
da documentación visual que se recolla durante a celebración da proba a través das
canles da organización.
As persoas participantes asumen que a organización da proba reservarase a facultade
de decidir sobre calquera aspecto ou circunstancia non contemplada nestas normas.