Calendario
Info da proba

Barro

23/06/2024 9:00 - 14:00
Regulamento II Carreira Popular da Festa do Viño de Barro

Data: domingo, 23 de xuño de 2024.
Horario e distancias:
Absoluta 10:00 h 10 km.
Sub-14 / Sub-16 11:30 h 3 km aprox.
Sub-12 12:00 h 1,5 km aprox.
Sub-10 12:30 h 1 km aprox.
Sub-8 12:40 h 500 m aprox.
Pitufos 12:55 h 200 m aprox.
Chupetes 13:10 h 50 m aprox.
Inscricións: en Galitiming, ata o 20 de xuño ás 23:59 h.

:: Le e comenta a proba no foro de Carreiras Populares ::

II CARREIRA POPULAR DA FESTA DO VIÑO DE BARRO

REGULAMENTO
1. ORGANIZACIÓN
O Concello de Barro, en colaboración co Club Atletismo +9 Moraña, organiza o 23 de xuño de 2024 a II Carreira popular da Festa do Viño de Barro, na que poderán participar atletas federad@s e non federad@s de distintas idades, e que ten como obxecto promover o hábito da actividade deportiva como mellor ferramenta para coidar da saúde física e mental.

2. CATEGORIAS
A) ESCOLARES
-Chupetes: de 0 a 3 anos (poderán correr acompañad@s por unha persoa adulta).
-Pitufos: atletas nados/as nos anos 2019 e 2020
-SUB 8 (M/F): atletas nados/as nos anos 2017 e 2018
-SUB 10 (M/F): atletas nados/as nos anos 2015 e 2016
-SUB 12 (M/F): atletas nados/as nos anos 2013 e 2014
-SUB 14 (M/F): atletas nados/as nos anos 2011 e 2012
-SUB 16 (M/F): atletas nados/as nos anos 2009 e 20010

B) ABSOLUTA
-SUB 18 (M/F): atletas nados/as nos anos 2007 e 2008
-SUB 23 (M/F): atletas nados/as entre 2002 e 2006.
-SENIOR (M/F): atletas de 23 a 34 anos.
-MÁSTER 1 (M/F): atletas de 35 a 44 anos.
-MÁSTER 2 (M/F): atletas de 45 a 54 anos.
-MÁSTER 3 (M/F): atletas de 55 a 64 anos.
-MÁSTER 4 (M/F): atletas de 65 anos en diante.

NOTAS:
1. As categorías de Chupetes e pitufos non serán competitivas: polo tanto non terán clasificación nin premios. Terán unha medalla conmemorativa do evento.
2.Todas as categorías, excepto Chupetes e Pitufos, terán clasificación individual feminina e masculina

3. DISTANCIAS E HORARIOS
A saída e chegada das probas estará situada nas inmediacións do Pazo da Crega, no lugar de Santo Antoniño, concello de Barro (https://goo.gl/maps/rwbFEkPEF6k7gvKc6 ).
Horarios estimados das probas e distancias por categorías.

CATEGORÍA HORA SAÍDA DISTANCIA
Absoluta 10:00 h 10Km
Sub-14 / Sub-16 11:30 h 3 Km aprox.
Sub-12 12:00 h 1,5 km aprox.
Sub-10 12:30 h 1 km aprox.
Sub-8 12:40 h 500 m aprox.
Pitufos 12:55 h 200 m aprox.
Chupetes 13:10 h 50 m apox.

4. INSCRICIÓNS E PRAZOS
O prazo de inscrición das persoas participantes abrirase o 22 de maio e pecharase o xoves 20 de xuño ás 23:59 h. Non se aceptarán inscricións fóra do prazo indicado, salvo que a organización realice unha ampliación do mesmo.

Os/as participantes, no momento da formalización da inscrición, aceptan o presente regulamento.
As inscricións de todas as categorías formalizaranse na web www.galitiming.es.
Protección de datos: Todos/as os/as corredores/as ao realizar a inscrición aceptan a publicación do seu nome e imaxe na clasificación, medios de comunicación, cartaces e/ou internet. Mediante a inscrición o corredor/a consinte expresamente que os seus datos sexan empregados pola organización para comunicacións acerca da súa actividade. En todo caso e tal e como establece a Lei de Protección de datos, o/a interesado/a pode exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante un escrito ou correo electrónico.

5. PREZO DA INSCRICIÓN
As contías das inscricións non serán devoltas salvo causa de forza maior que obrigue á cancelación da proba.
CATEGORÍA PREZO
CHUPETES GRATUITO
PITUFOS GRATUITO
SUB-8 GRATUITO
SUB-10 GRATUITO
SUB-12 GRATUITO
SUB-14 GRATUITO
SUB-16 GRATUITO
SUB-18 8€
SUB-23 8€
SÉNIOR 8€
MÁSTER 1 8€
MÁSTER 2 8€
MÁSTER 3 8€
MÁSTER 4 8€

5. DORSAIS E CHIPS
A recollida de dorsais realizarase o día da carreira nas instalacións do Pazo da Crega a partir das 09:00 h e ata media hora antes do inicio de cada proba.
Os dorsais-chips outorgados pola organización son persoais e intransferibles. Para facilitar a xestión das carreiras non se darán dorsais fóra dese prazo. O dorsal deberá ir colocado no parte anterior do corpo, en toda a súa extensión de xeito visible. Todo atleta que entre na meta sen o seu dorsal-chip será descualificado.
Os lectores de dorsais-chips estarán colocados nas liñas de saída e de meta, e a organización gárdase o dereito de colocar sen publicidade lectores intermedios en calquera punto do percorrido.

6. TROFEOS, MEDALLAS E AGASALLOS
- Haberá medallas para todo@s @s participantes que consigan rematar a proba
- As categorías ABSOLUTAS terán unha camiseta conmemorativa da proba.
- Haberá trofeos para @s tres primeir@s clasificad@s de cada categoría establecida no presente regulamento, a excepción das categorías Chupetes e Pitufos (categorías non competitivas).
- As categorías SUB-8 e SUB-10 non terán diferenciación de xénero
- A entrega de trofeos terá lugar no Pazo da Crega unha vez finalizadas todas as probas (aprox. 13.30 h)

7. SERVIZOS PARA @s PARTICIPANTES
- Habilitarase un servizo de duchas desde as 12:00 ata as 14:00 horas no Pavillón Municipal, que se encontra nas inmediacións do punto de inicio e remate dos percorridos (https://goo.gl/maps/ZAak6wV1482nsEKA6).
- Agasallo conmemorativo a tod@s @s participantes
- Avituallamento intermedio (líquido) e na liña de meta (líquido e sólido)
- Servizo de ambulancia medicalizada
- Seguro de accidente deportivo
- Publicación dos tempos realizados ao remate da proba

8. OUTRAS CONSIDERACIÓNS REGULAMENTARIAS
- A organización resérvase a potestade de cambiar os percorridos definidos e os horarios, así como de modificar o presente regulamento para garantir o correcto funcionamento do evento deportivo.
- A organización da proba declina toda a responsabilidade dos danos que os/as atletas puideran ocasionar.
- A organización resérvase o dereito de descualificar @s participantes que:
• Non cumpran co regulamento establecido
• Non cumpran as indicacións da organización
• Provoquen danos medioambientais (tirar lixo no chan, etc.) ou danos en infraestruturas, mobiliario, balizamento, etc.
• Compitan fóra do circuíto habilitado para as probas
• Crucen a liña de meta ou os medidores intermedios sen o dorsal-chip
• Practiquen ou promovan condutas antideportivas



Información actualizada a 28/5/2024.