Calendario
Info da proba

Lalín

30/06/2024 9:45 - 11:15
Regulamento III CARREIRA E ANDAINA SOLIDARIA
“POLO DANO CEREBRAL“
DOMINGO 30 DE XUÑO 2024 - LALIN
2. PARTICIPANTES:
Nestas probas poderá participar calquera deportista sexa ou non federado/a. Todas as persoas
participantes tanto nas carreiras como na andaina (e independentemente da idade) deberán
estar inscritos/as no prazo preciso, e participarán cunha licenza de día que incluirá un seguro de
accidentes deportivos e de responsabilidade civil. Os/as deportistas federados/as polo deporte
do atletismo estarán cubertos polo seguro da súa correspondente licenza.
2.1 - Nas modalidades CARREIRA ABSOLUTA (10 e 5 KM aprox) poderán participar todas
aquelas persoas que sexan maiores de 16 anos (o día da proba), federadas ou non federadas.
As persoas participantes da categoría Sub16 só poderán participar na carreira de 5 KM.
As menores de 14 poderán participar nos circuítos escolares (circuítos de 800 M, 250 M, 100
M), en todos os casos, deberán estar inscritas nos prazos e formas establecidos a tal efecto, na
páxina de inscrición: www.championchipnorte.com
2.2 - Na modalidade ANDAINA (7 KM aproximadamente) poderán participar todas aquelas
persoas maiores de 16 anos (o día da proba) que o desexen, os/as menores de 16 anos sempre
que vaian acompañados/as dun/ha adulto/a responsable, e que estean tamén inscritas nos
prazos e formas establecidos a tal efecto, na páxina de inscrición: www.championchipnorte.com.
3. INSCRICIÓNS, PRAZOS E PREZOS:
* Plataforma de inscricións: www.championchipnorte.com
* Peche de inscrición: Xoves 27 de xuño ás 23:59 h
* Prezo Carreira 10 KM: 10 €
* Prezo Carreira 5 KM (incluído Sub16): 5 €
* Carreiras Escolares ata Sub14: 2 €
* Prezo Andaina (16 anos ou máis) 5 €
* Prezo Andaina (menores ata 16 anos) De balde
* Dorsal Cero: Doazón voluntaria
O diñeiro da inscrición (descontados os gastos de seguro do participante) será destinados a
FEGADACE para o desenvolvemento da súa acción e misión, orientada a mellorar a calidade
de vida das persoas con dano cerebral adquirido (Máis información en: www.fegadace.org).
4. HORARIOS, SAÍDAS E METAS:
O evento comezará as 09:00 h coa apertura das mesas de dorsais e do servizo de
gardarroupa, xunto coa posta en marcha do servizo de animación e sonorización do evento
que comenzará as 09:15.
4.1. Modalidade Carreira 10/5 KM:
Inicio ás 09:45 h, con saída conxunta de ambas modalidades 10/5 KM (incluída a categoría
Sub16 na carreira de 5 KM), e meta no arco situado fronte ao edificio consistorial do Concello
de Lalín sito na Praza de Galicia nº1. A cronometraxe realizarase mediante chip no dorsal.
A entrega de trofeos/premios levarase a cabo no podio que estará situado debaixo do arco,
aproximadamente ás 11:00 h, xusto antes das saídas escolares.
4.2. Modalidade Carreiras Escolares:
As carreiras de modalidades escolares sairán a partir das 11:15 horas na seguinte orde:
Atletas Sub14 e Sub12 (anos de nacemento Sub14: 2012/2011 e Sub12: 2014/2013): Correrán
facendo unha volta ao circuíto que pasa por detrás dos xulgados (aprox. 800m).
Atletas Sub10 (anos de nacemento 2016/2015):
Tomarán a saída inmediatamente despois da saída dos Sub14 e Sub12, e correrán aprox.
250m dende a o arco inchable localizado na entrada da praza ata o arco de meta.
Atletas Pitufos e Chupete (anos de nacemento 2017 en adiante):
Sairán inmediatamente despois dos Sub10 e correrán facendo 100m aprox. dende as
bandeirolas de FEGADACE ata o arco de meta.
NOTA: Os horarios son estimativos, polo que o propio día da carreira haberá que estar
pendente da megafonía ante posibles e pequenas modificacións.
5.3. CARREIRAS ESCOLARES (Sub 14/12 + Sub10 + Chupete)
Sub14 + Sub12 (2014/2013/2012/2011) saída conxunta, fará unha volta ao CIRCUÍTO A (ver
mapa) de 800 metros aprox. (proba non competitiva, sen cronometraxe). Todos/as os/as
nenos/as levarán medalla conmemorativa.
Sub 10 (nados 2016/2015) farán o CIRCUÍTO B (ver mapa) composto de 250m aprox. (proba
non competitiva, sen cronometraxe), dende a o arco inchable ubicado na entrada da praza ata
o arco de FEGADACE en meta. Todos os nenos/as levarán medalla conmemorativa.
Chupetes (nados 2017 e posteriores) farán o percorrido do CIRCUÍTO C (ver mapa) dendo as
bandeIrolas de FEGADACE ata o arco de meta de FEGADACE, 100m aprox. (proba non
competitiva, sen cronometraxe). Todos os nenos/as levarán medalla conmemorativa.
5. DISTANCIAS E PERCORRIDOS DOS CIRCUÍTOS:
Tanto a carreira como a andaina terán a saída e a meta no mesmo arco.
5.1. ANDAINA 7KM (aprox.):
O percorrido será pola zona do "Paseo do Pontiñas" cara á ponte da depuradora, ata o punto
sinalado para emprender o regresando polo carril de terra, ata o arco de meta.
5.2 CARREIRA ABSOLUTA 10KM / 5KM + ESCOLARES SUB16 (2010/2009) 5KM:
O percorrido será pola zona do "Paseo do Pontiñas" entrando polo carril dereito (grava) ata
pasar 250 metros da depuradora (aprox.) e voltando polo carril de terra. Consta de DÚAS
VOLTAS ao circuíto no caso dos 10Km, e unha volta para o 5km (tanto absoluto como da
categoría Sub16).
A cronometraxe realizarase mediante un sistema de chip-dorsal.
Os dorsais son persoais e intransferibles e han de ir colocados na parte anterior do corpo de
forma totalmente visible, sen dobreces, e así deberán levarse durante toda a proba. O
incumprimento deste artigo poderá ser motivo de descualificación.
4.3. Modalidade Andaina:
Inicio aproximadamente ás 11:30 h (inmediatamente despois das carreiras escolares) con
saída e meta no arco situado fronte ao edificio consistorial do Concello de Lalín sito na Praza
de Galicia nº1.
MAPA CIRCUÍTO CARREIRA 5k/10k (1 VOLTA = 5 Km / 2 VOLTAS = 10 Km)
MAPA CIRCUÍTO A (SUB14 + SUB12) 800 M.
MAPA CIRCUÍTO B (SUB 10)
MAPA CIRCUÍTO C (PITUFOS + CHUPETES)
6. RECOLLIDA DE DORSAIS
A recollida dos dorsais na secretaría da competición situada na zona de meta/saída, o mesmo
día da carreira, entre dende as 09:00 h e ata 15 minutos antes de cada proba.
7. PREMIOS E AGASALLOS:
Entregarase xunto co dorsal unha camiseta conmemorativa a todos/as os/as participantes
maiores de 16 anos, tanto da andaina como da carreira absoluta (incluíndo sub16).
Os menores que participan nas carreiras Sub14/Sub12, Sub10 e Pitufo/Chupete levarán unha
medalla, o mesmo que os/as menores de 14 anos que participan da andaina.
Haberá entrega de TROFEOS elaborados por persoas usuarias das asociacións de FEGADACE
para os tres primeiros e as tres primeiras en completar as carreiras 5Km e 10Km, como
tamén para atletas Sub 16 (con clasificación independente).
A entrega de premios levarase a cabo ás 11:00 h aproximadamente, preto da zona de
saída/meta (minutos antes das saídas dos circuitos escolares e da andaina).
8. AVITUALLAMENTO:
Haberá avituallamento líquido e sólido para todos/as os/as participantes (tanto da carreira
como da andaina) no seu paso pola liña de meta.
9. RESPONSABILIDADE:
A organización non se fará responsable dos danos que puidesen causar ou causarse as
persoas participantes por imprudencias ou neglixencias propias. Igualmente, a persoa
participante declara, baixo a súa responsabilidade, ter realizado o oportuno recoñecemento
médico que lle permite estar en condicións óptimas para realizar a proba, eximindo á
organización da devandita responsabilidade.
A organización dispón dun Seguro de Accidentes e Responsabilidade Civil que cubrirá as
incidencias inherentes á proba.