Calendario
Info da proba

A Pastoriza

14/07/2024 11:30 - 12:30
Regulamento REGULAMENTO
Artigo 1. Organización
O Concello de A Pastoriza en colaboración coa Asapa (Asociación de Comerciantes e
Empresarios da Pastoriza) organizan a I Carreira Popular do Concello de A Pastoriza.
A proba terá lugar o vindeiro 14 de xullo , con saída e meta diante da praza do concello
percorrendo as rúas da vila e os camiños de terra da contorna próxima ao concello.
Artigo 2. Participación
Nesta proba poderá participar calquera atleta, sexa federado ou non, sen
establecemento de distincións en canto á raza, ó sexo, á nacionalidade…
Todo aquel corredor que compita na proba será baixo a súa propia responsabilidade,
sendo consciente cadaquén de manterse nunha forma física axeitada para levala a cabo.
Artigo 3. Percorrido, categorías distancias e horarios.
O circuíto terá lugar nun 70% por camiños de terra á beira do monte e nun 30% polas
rúas da vila. Só os vehículos autorizados pola organización poderán acceder ó mesmo,
quedando pechado ó resto de vehículos.
Saída da proba na praza do concello. Darase unha volta de uns 600 m (aprox) pola rúas
da vila e posteriormente a carreira levaranos polos camiños de terra que recorren o
noso monte, que cruzan a parroquia pastoricense de Saldanxe e que dan retorno
novamente ó núcleo da vila.
CATEGORÍAS ANO DE
NACEMENTO
HORARIOS DISTANCIA
PITUFOS 2017 e posteriores 11.00 h 150m
SUB 10 2015-2016 11.05 h 600 m
SUB 12 2013-2014 11.10 h 1500 m
SUB 14 2011-2012 11.10 h 1500 m
SUB 16-18 2007-2010 11.10 h 1500 m
SUB 20-23 2002-2006 11.30 h 7000 m (aprox)
SENIOR 2001 ata os 34
anos
11.30 h 7000 m (aprox)
MASTER A Dos 35-44 anos 11.30 h 7000 m (aprox)
MASTER B Dos 45-54 anos 11.30h 7000 m (aprox)
MASTER C Dos 55-64 anos 11.30 h 7000 m (aprox)
MASTER D 65 anos e
posteriores
11.30 h 7000 m (aprox)
Tamén haberá unha andaina, con saída ás 11.15 h da praza do concello e que
recorrerá unha distancia duns 4,5 kms (aprox). Totalmente gratuíta e sen límite de
idade nin participantes. Destinada á loita contra o cancro.
Artigo 4: Peche de control
O control da chegada na proba absoluta pecharase 70 min despois da saída da mesma
(ás 12.40 h) ou no momento en que o ultimo corredor cruce a liña de meta.
Artigo 5: Condicións de participación
• As inscriciónsfaranse a través da páxina web da Federación Galega de Atletismo.
Terán un custo de 5 € para a categoría absoluta (7000 m).
A ANDAINA E A PARTICIPACIÓN NAS CARREIRAS INFANTÍS SERÁ TOTALMENTE
GRATUÍTA.
• A inscrición pecharase o mércores día 10 de xullo ás 23:59 h.
• Non se admitirán inscritos fora do horario establecido ou o mesmo día da proba.
• A inscrición na proba e persoal, intransferible.
• A información necesaria para poder inscribirse na proba constará de nome e
apelidos, NIF, sexo, data de nacemento, enderezo, concello de empadroamento,
teléfono móbil, correo electrónico e club. Tanto se participa como corredor
popular ou como federado. Neste ultimo caso, facilitarase un apartado para
indicar o número de licenza e o club ao que pertence.
• O dorsal-chip debe ir colocado nunha zona visible. Non se precisa chip a maiores
(nin de aluger nin propio, no caso de ter) xa que aparece incorporado no propio
dorsal.
• O control da proba correrá a cargo da Federación Galega de Atletismo, sendo
eles os encargados de descualificar a calquera atleta no caso de que se produza
algunha das seguintes accións:
o Non rematar ó completo o circuíto da proba.
o Non respectar o itinerario da proba.
o Participar sen o dorsal acreditado e proporcionado pola organización.
o Falsificar os datos persoais.
Artigo 6. Recollida de dorsais.
Cada un dos participantes poderá recoller o dorsal identificativo da proba o mesmo día
ata 20 min antes do comezo da mesma.
Artigo 7. Premios
A entrega de premios, que terá lugar a partir das 12:45 -13.00 h na Praza do Concello,
establecerase do seguinte xeito:
-Trofeo aos tres primeiros clasificados masculinos como femininos da carreira absoluta.
-Trofeo aos tres primeiros clasificados masculinos e femininos de cada un das categorías.
-Agasallo especial para os corredores empadroados no Concello de A Pastoriza que
quedaran nos tres primeiros postos da carreira absoluta.
-Medalla para todos os nenos participantes nas probas infantís e Trofeo para os tres
primeiros clasificados masculinos e femininos de cada unha das categorías excepto
PITUFOS.
-Os premios serán acumulativos na carreira absoluta. Por exemplo, se o primeiro
clasificado da categoría xeral tamén o é na categoría de empadroados no concello, este
poderá optar a ambos premios sen que teña que pasar ao seguinte clasificado.
Artigo 8. Servizo para os participantes
• Baños na zona de saída e de chegada localizados no interior do Concello de A
Pastoriza e debidamente sinalados.
• Roupeiro, no cal os participantes poderán deixar o seu material dentro dunha
bolsa e debidamente identificado.
• Carpa situada na praza do concello onde terá lugar a recollida dos dorsais.
• Vestiarios e duchas para todo aquel corredor que o desexe, no Pavillón
Polideportivo.
• Avituallamento líquido na metade da carreira (km 3,5-4 aproximadamente).
• Avituallamento líquido e sólido ao final da carreira (froita, froitos secos, auga e
outro tipo de alimentos).
• Camiseta conmemorativa do evento.
• Pinchos para os participantes nas probas. Haberá cantos de taberna ao finalizar
a carreira, polo que invitamos a todos os asistentes ó evento a gozar deste día de
verán na Pastoriza e xerar un gran ambiente de festa entre todos.
• Servizo de ambulancia cun equipo médico. No caso de producírense incidentes
durante o desenvolvemento da proba, deberase informar previamente aos
organizadores da mesma e trasladar o ferido/accidentado (se a situación así o
requerise) ós centros sanitarios que presenten convenio coa compañía de
seguros que corresponda.
Artigo 9. Seguro
Todas as persoas participantes estarán amparados por unha póliza de Responsabilidade
Civil e accidentes deportivos, que cubrirá os accidentes que se produzan como
consecuencia directa do desenvolvemento da proba.
Quedan excluídos os casos derivados dun padecemento latente, imprudencia ou
inobservancia das leis, da normativa da competición, etc. Tamén quedan excluídos os
casos producidos polo desprazamento ao lugar de competición ou desde o mesmo.
Tamén quedan excluídos os casos producidos polo desprazamento ao lugar da
competición ou desde o mesmo. A inscrición implica ler, entender e adquirir o
compromiso que a continuación se expón: Certifico que estou en bo estado físico. Eximo
de toda responsabilidade que da participación no evento puidese derivarse, á
organización, patrocinadores comerciais ou sponsors, empregados e demais
organizadores.