Calendario
Info da proba

Baralla - O Corgo

14/07/2024 11:00 - 13:00
Regulamento REGULAMENTO
Artigo 1: Organización:
O Concello de Baralla, o Concello de O Corgo e a Asociación Cultural Vía Künig
organizan a III Carreira e Andaina CORRENDO POLA VÍA KÜNIG.
A proba organizarase o Domingo 14 de Xullo, con saída dende a Casa do Concello de Baralla e meta no
Castro de Castrillón do Concello de O Corgo.
Artigo 2: Participación:
A proba estará aberta a tódolos atletas e camiñantes sen distinción de sexo ou nacionalidade. Cada
participante, participa baixo a súa responsabilidade e dispón de condición física suficiente para rematar a
proba.
Artigo 3: Percorrido, categorías e horarios: (adxúntase plano do percorrido)
O circuito de 18 km será sobre pistas de terra na súa maioría, e estará controlado por vehículos da
organización. A saída será dende a Casa do Concello de Baralla e a meta no Castro de Castrillón do
Concello de O Corgo.
A organización poñerá a disposición dos participantes na proba un servicio de autobuses para
trasladar aos deportistas dende a meta no Castro de Castrillón do Corgo ata á saída na Casa do
Concello de Baralla tanto antes do comezo da carreira coma ao finalizar a mesma.
O servicio de autobuses comezará ás 08:30, sendo o último servizo ás 10:00h
HORARIO
CATEGORÍA ANO NACEMENTO HORARIO DISTANCIA
SENIOR 18 a 34 anos 11:00 h 18 km
MÁSTER A 35-44 anos 11:00 h 18 km
MÁSTER B 45-54 anos 11.00 h 18 km
MÁSTER C 55 anos en adiante 11:00 h 18 km
ANDAINA Todas as idades 10.00 h 18 km
Artigo 4: Peche de control:
O control de chegada na proba absoluta pecharase 120’ despois da saída da mesma.
Artigo 5: Inscrición:
A inscrición farase exclusivamente a través da páxina de CHAMPIONCHIPNORTE https://ccnorte.com/
Os dereitos de inscrición terán un custe de 5€ ata o 30 de xuño, e de 10€ do 01 de xullo ao 10 de
xullo, tanto para corredores como para camiñantes.
Artigo 6: Condicións de Participación:
A inscrición pecharase o mércores 10 de xullo ás 23:59 horas.
A inscrición na proba é persoal e intransferible.
A inscrición implica ler, entender e adquirir o compromiso que a continuación se expón:
 Certifico que estou en bo estado físico. Eximo de toda responsabilidade que da participación no
evento puidese derivarse, á organización, patrocinadores comerciais ou sponsors, empregados e
demais organizadores. Coa realización da inscrición, todo participante cede os seus dereitos de
imaxe á organización, que utilizará as imaxes de acordo coa Lei de Protección de Datos.
No caso de que xurda algunha dúbida ou discrepancia acerca do regulamento, a decisión quedará
en man da organización.
Serán motivo de descualificación, entre outros, os seguintes aspectos:
Non respectar as indicacións dadas pola organización.
Non realizar todo o circuíto da carreira.
Non levar o chip e o dorsal ou a manipulación dos mesmos.
 Falsificar datos persoais.
Artigo 7: Retirada de Dorsáis:
Os dorsais retiraranse o venres pola tarde na tenda de deportes de “Atmosphera Sport A Chaira” sita na
rúa Salvador de Madariaga de Lugo e o día da proba na praza maior do Concello de Baralla, ata 30’ antes
da saída de cada proba proba.
Artigo 8: Premios:
Trofeo aos tres primeiros clasificados masculinos e femininos da carreira absoluta.
PREMIOS EN METÁLICO:
o Primeiro/a: 150 €
o Segundo/a: 100 €
o Terceiro/a: 75 €
 Trofeo aos tres primeiros clasificados de cada categoría masculinos e femininos.
Trofeo conmemorativo a primeiro/a clasificado/a empadroad@s nos Concello do Corgo e de
Baralla.
 A ceremonia de premiación será ás 13:15h na zona de meta.
 A andaina non terá premios
Artigo 9: Servizos para os participantes:
Os participantes gozarán dos seguintes servizos antes, durante e despois da carreira.
1. Aparcadoiro gratuíto.
2. Servicio de Buses dende a zona de meta á saída tanto antes do comezo da carreira como ao
finalizar a mesma.
3. Baños na zona de saída-chegada.
4. Camiseta para todos os participantes.
5. Aperitivos ao finalizar á carreira.
6. Recollida anticipada de dorsais, imperdíbeis e chips.
7. Vestiarios e duchas no Campo Municipal de Fútbol do Corgo (a 750m da meta)
8. Avituallamento líquido e sólido ao final de cada carreira para todos os participantes.
9. Avituallamento líquido nos kms 4, 9 e 13 aprox.
10. Ambulancia (todos os accidentes acontecidos deberán ser previamente informados ao organizador da proba e o
traslado do ferido, se fose necesario, será para os centros sanitarios que teñan convenio ca compañía de seguros que
corresponda).
Artigo 10: Seguro:
Todos os participantes estarán amparados por unha póliza de Responsabilidade Civil e accidentes
deportivos, que cubrirá os accidentes que se produzan como consecuencia directa do desenvolvemento
da proba.
Quedan excluídos os casos derivados dun padecemento latente, imprudencia ou inobservancia das leis,
da normativa da competición, etc. Tamén quedan excluídos os casos producidos polo desprazamento ao
lugar da competición ou desde o mesmo.