Calendario
Info da proba

Costa da Morte

20/07/2024 9:30 - 14:00
Regulamento A Asociación Os Faros da Vida organizará o sábado 20 de xullo de 2024 a II edición do Trail Costa
da Mortes Os Nosos Faros.
A proba entra dentro da especialidade atlética do Trail-Running e estará baixo o control técnico do
Comité Galego de Xuíces da Federación Galega de Atletismo.
A proba rexerase polo seguinte:
REGULAMENTO
Artigo 1. HORARIOS, LUGARES DE SAÍDA e META
O Trail Costa da Morte terá os seguintes horarios e lugares de saída:
HORA PROBA DISTANCIA DESNIVEL+ SAIDA META
9:30 h TRAIL 29km 1100m Faro de Punta Náriga
Casa consistorial do Concello
de Malpica
A cámara de chamadas pecharase 5’ antes da saída da proba tendo que pasar tódolos
deportistas polo control de material do comité galego de xuíces.
Ubicación do lugar de SAÍDA (Faro Punta Náriga- Malpica de Bergantiños):
https://goo.gl/maps/A2JPiTuWbwrFMzbB7
Ubicación do lugar de META e punto onde se collen os autobuses para traslado ao lugar de saída
(Casa consistorial do Concello de Malpica de Bergantiños):
• https://goo.gl/maps/oRr3ABtNyVaYHM6J7
Os participantes no TRAIL serán trasladados en autobús desde A casa consistorial do Concellode
Malpica de Bergantiños ate o punto de SAÍDA na Faro Punta Náriga (Malpica de Bergantiños) a partir
das 09:00 horas.
Artigo 2. CATEGORÍAS e IDADE MÍNIMA DE PARTICIPACIÓN
CATEGORIAS INDIVIDUAIS PARA O TRAIL
CATEGORIA DATAS DE NACEMENTO
SUB 20-23 MASC/FMNO
SENIOR MASC/FMNO
MÁSTER 1 MASC/FMNO
MÁSTER 2 MASC/FMNO
Dende os 18 anos cumpridos ata os/as nacidos/as no 2002
Nacidos /as 2001 ata 34 anos
Desde os 35 anos ata 50
Desde os 51 anos en adiante
RANKING GALEGO DE TRAIL RUNNING:
A proba será puntuable para o ranking galego na distancia classic para as seguintes categorías:
SUB 20, SUB 23, ABSOLUTO E CATEGORÍAS MASTER
Artigo 3. PARTICIPACIÓN E SEGURO/LICENZA DE DÍA
Nesta proba poderá participar calquer deportista sexa ou non federado. Todos os participantestanto
no Trail inscritos no prazo preciso correrán cunha licenza de día de Trail Running que incluirá un
seguro de accidentes deportivos e de responsabilidade civil.
As probas estarán federadas no deporte de atletismo na especialidade de TRAIL RUNNING, polo cal
os deportistas federados polo deporte do atletismo estarán cubertos polo seguro da súa
correspondente licencia. Para o resto de participantes subscribirase un seguro licenza de día.
Artigo 4. MATERIAL OBRIGATORIO
Establécese o seguinte material obrigatorio. A lista definitiva de material obrigatorio será publicada
cunha antelación mínima de 5 días antes da realización da proba.
- Dorsal visible na parte dianteira
- Manta térmica
- Sistema de hidratación con capacidade mínima de 0,5 litros.
Artigo 5. INSCRICIÓNS. PREZO E PRAZOS
❖ PÁXINA WEB: www.carreirasgalegas.com e atletismo.gal
❖ APERTURA DE INSCRICIONS: Xoves 13 de xuño ás 14.00 h
❖ PECHE DE INSCRICIONS: Mércores 17 de xullo ás 23.59 h
❖ PREZOS DA INSCRICION: 20,00 €
Artigo 6. RECOLLIDA DE DORSAIS
Os dorsais para o Trail poderán recollerse no mesmo día a partir das 08:00 horas ata as 8:50 no lugar
de meta (Caso consistorial do Concello de Malpica de Bergantiños (Malpica Ubicación:
https://goo.gl/maps/oRr3ABtNyVaYHM6J7 ).
Para a participación e a entrega do dorsal, será imprescindible amosar o DNI.
Artigo 7. TRANSPORTE EN AUTOBÚS AO PUNTO DE SAIDA DO TRAIL
Para poder participar no Trail, trasladarase aos participantes desde o punto de meta (Casa
consistorial do Concello de Malpica de Bergantiños, ao punto de saída das probas (Faro Punta
Náriga) do seguinte xeito:
PROBA HORA DE SAÍDA DOS AUTOBUSES LUGAR DE SAÍDA DOS AUTOBUSES e
DIRECCIÓN
TRAIL A partir das 08.00 horas
Saída dos autobuses da casa consistorial do
Concello de Malpica en dirección a Faro
Punta Náriga
Artigo 8. PERCORRIDO
O percorrido percorrerá a ruta da costa a través da senda tradicional que enlaza os Faros da Costa
da Morte.
O percorrido, trazado e track definitivos serán desvelados 15 días antes da proba.
Artigo 9. PREMIOS E AGASALLOS
Estableceranse ademais osseguintes premios e agasallos:
▪ Premios aos 3 primeiros/as clasificados/as do trail.
▪ Premios aos 3 primeiros/as clasificados/as das categorías Sub20-23, Senior, Master 1 e
Master 2.
▪ AGASALLO TÉCNICO pola súa participación tanto para os participantes no Trail como na
Andaina (poderán recollelo xunto o dorsal de competición antes de coller os autobuses).
A entrega de premios realizarase a partir das 14:00 horas no lugar de META
Artigo 10. AVITUALLAMENTOS
Haberá 2 puntos de avituallamento no Trail (1 no percorrido, e 1 na meta). Será obrigatorio levar
avituallamento persoal ou mochila de hidratación:
Etapa I
AVITUALLAMENTO 1: LÍQUIDO e SOLIDO KM 12 APROX.
AVITUALLAMENTO META: LÍQUIDO e SÓLIDO META
Artigo 11. CONSIDERACIÓN FINAL
Esta proba pertence ao calendario oficial de probas da Federación Galega de Atletismo. As
reclamación aos resultados oficiais realizaranse ao Xuíz Árbitro da Competición non máis tarde de
30’ despois da publicación dos mesmos.
Todo o non recollido no presente regulamento rexerase polas normas da FGA, RFEA e World
Athletics para probas de Trail Running.