Calendario
Info da proba

Villagarcía

27/07/2024 22:30 - 24:00
Regulamento XX EDICIÓN DA CARRERIA NOCTURNA CONCELLO DE VILAGARCÍA 2024
REGULAMENTO
Art.1.- A Fundación de Deportes organiza a XX Edición da Carreira Nocturna Concello de
Vilagarcía o sábado 27 de xullo do 2024; baixo o control técnico da Federación Galega de
Atletismo, a través da súa delegación en Pontevedra.
Art. 2.- Proba incluída no Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e controlada a
cargo do Comité de Xuíces da Federación Galega de Atletismo e tamén por control de chips
a través de Championchip.
Art. 3.- CATEGORÍAS , DISTANCIAS E HORARIOS DE SAÍDAS.
Poderán participar na mesma todas as persoas que queiran independentemente do sexo
e idade, segundo as categorías que a continuación se establecen, tanto masculina
como feminina
CATEGORÍA ANO DISTANCIAS SAÍDA
Sub 6 2019 e posteriores 100 m 21:00
Sub 8 2017 - 2018 500 m 21:15 Sub 10 2015 - 2016
Sub 12 2013 - 2014 1000 m 21:30
Sub 14 2011 - 2012 1000 m 21:45
Sub 16 2009 - 2010 1800 m 22:00
Sub 18 2007 – 2008
10.000 METROS 22: 30 HORAS
Sub 20 2005 - 2006
Sub 23 2002, 2003, 2004
Senior 2001 – 1988
Máster A 1987 - 1980
Máster B 1979 - 1970
Máster C 1969 e anteriores
*As distancias son orientativas e non homologadas.
Art. 4.- LUGAR DE SAÍDA E PERCORRIDO
A saída de todas as carreiras será dende Avenida da Mariña diante do auditorio
municipal.
Marcaránse as saídas en distintos puntos do percorrido en función da distancia que
teña que percorrer cada categoría.
O percorrido por onde vaise a levar a cabo a devandita carreira será polas seguintes
rúas:
Avda. da Mariña, Avda. Rivero de Aguilar, Rúa Valle Inclán, García de Caamaño,
Alexandre Bóveda, Elipidio Villaverde e Avda. da Mariña .
Art. 5 .- INSCRICIÓN
A inscrición para a proba realizarase dende ás 20:00 h do 9 de xullo do presente ano na páxina
web www.championchipnorte.com ata as 23:59 h do 23 de xullo.
A inscrición para a proba absoluta terá unha cota de inscrición de 5,00€ por participante
+1,00€ aluguer de chip + 5,00 € de fianza polo chip (esta fianza reitegrarase a semana
seguinte da proba unha vez procesados os chips devoltos).
A inscrición nas outras probas será gratuíta.
A inscrición na proba absoluta estará limitada a 350 partcipantes, os cales serán os 350
primeiros inscritos. Unha vez transcorrido o prazo de inscrición non se fará ningún tipo de
modificación, a cota de inscrición só será devolta aos inscritos no caso de ausencia por
motivos médicos xustificados.
A inscrición nas categorías de sub6, sub8, sub10, sub12, sub14 e sub16 será gratuíta a través
de www.championchipnorte.com dende ás 12:00 h do 8 de xullo ata as 23:59 h do 23 de xullo.
Art. 6.- PREMIOS
A entrega de trofeos realizarase a partir das 23:30h. na zona de Saida-Meta no explanada do
Auditorio Municipal.
Todos os atletas premiados cumprirán estrictamente as indicacións da organización e os
protocolos establecidos para recoller os trofeos.
Os premios que se entregarán aos participantes da proba serán os seguintes:
Medallas para todos os participantes das categorías sub6, sub8, sub10, sub12,
sub14 e sub16.
• Trofeo para os tres primeiros clasificados/as en cada categoría (masculino e feminina) a
partir da categoría sub8
• Trofeo para os tres primeros clasificados/as absolutos masculino e feminina,
• Trofeo para os tres clasificados locais masculino e femenina da proba absoluta.
• Trofeo para o/a deportista máis veterano/a.
• Camiseta conmemorativa aos participantes da proba absoluta.
Os trofeos non son acumulativos, salvo os de mellores locais.
Art. 7.- RETIRADA DE DORSAIS E CHIPS
No Auditorio Municipal o día 26 de 19:00 a 21:00 horas e o día 27 de 11:00 a 14:30 horas e
pola tarde dende ás 18:00 ata 45 minutos antes de cada proba por categoría, na
secretaría da organización.
A organización con antelación suficiente facilitará a cada participante as instrucións para a
recollida de dorsais e do desenvolvemento da proba no correo facilitado na inscrición e nos
soportes dixitais que a organización empregue para a promoción e información do evento.
Os dorsais son persoais e intransferibles e irán colocados na parte anterior do corpo de forma
totalmente visible durante toda a proba. O incumprimento desta norma poderá ser motvo de
descualifcación.
Art. 8.-DESCALIFICACIÓNS
Todo corredor/a que non entre na liña de meta co dorsal ben visible colocado na zona do
peito ou que incumpra as normas establecidas no regulamento da Federación Galega de
Atletismo e da RFEA referente a probas en ruta, poderá ser descalificado.
Na proba absoluta o control de chegada pecharase 30 minutos despois da entrada do
primeiro corredor, quedando descalificados os que entren a posteriori de ese tempo
estipulado.
Non está permitido o acompañamento na proba de ningún vehículo alleo á organización. Nin
bicicletas, patíns ou persoas non inscritas na proba que poidan acompañar, avituallar ou
marcar ritmos ós participantes. Asemade non se permite a participación con coches ou
cadeiras de nenos, nin correr acompañados destes en ningún momento.
Art. 9.- RECLAMACIÓNS.
As reclamacións ós resultados oficiais, deberán formularse verbalmente ó Xuiz Árbitro da
Competición non máis tarde de 30 minutos despois da publicación dos mesmos.
ART.10. RESPONSABILIDADE.
A persoa participante declara, baixo a súa responsabilidade, que realizou o oportuno
recoñecemento médico que lle permite estar en condicións óptimas para correr a proba. A
organización non se fará responsable dos danos que puidesen causar ou causarse as persoas
participantes polas súas imprudencias ou neglixencias.
A organización dispón dun seguro de accidentes e de responsabilidade civil que cubrirá as
incidencias inherentes a proba.
ART.11. LEI DE PROTECCIÓN DE DATOS PERSOAIS.
Todos/as os/as corredores/as, incluidos menores de idade, ao realizaren a inscrición, aceptan
e autorizan á organización á publicación do seu nome, da súa imaxe e videos nas
clasifcacións, nos medios de comunicación e en internet ou noutro medio de difusión.
Art. 12.- SERVIZOS.
A proba conta cun seguro de Responsabilidade Civil e un seguro de accidentes deportivos
para os participantes.
Asemade contarase co servizo de ambulancia medicalizada.
Próximo ao circuito contase con espazo de parking gratuíto onde estacionar os vehículos dos
participantes.
Disporase dun servizo de gardarroupa.
Art. 13.- O feito de inscribirse nesta carreira implica a total aceptación do presente
regulamento. Todos os inscritos fanse responsables de acatar dito regulamento e o seu
descoñecemento non exime do seu cumprimento.
Art. 14.- Todo o non previsto no presente regulamento resolverase de acordo co regulamento
de FGA, RFEA e WA en vigor e por esta orde.