Calendario
Info da proba

Benquerencia

04/08/2024 12:00 - 13:00
Regulamento 1. DENOMINACIÓN:
CARREIRA POPULAR BENQUERENCIA TERRA-MAR
2. EDICIÓN:
Décima
3. ORGANIZA:
Asociación Deportiva Augas Santas – Barreiros
4. COORGANIZAN:
Concello de Barreiros
COLABORAN
Deputación Provincial de Lugo. Área de Deportes.
Xunta de Galicia. Secretaría Xeral de Deportes.
Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Barreiros .
5. LUGAR E DATA
Lugar:
San Pedro de Benquencia, Barreiros
Data:
4 de agosto de 2024
Horario:
Carreiras infantís: 11.00 h
Carreira absoluta: 12.00 h
6. PARTICIPANTES, CATEGORÍAS E DISTANCIAS POR CATEGORÍA
MENORES:
Saída a partir das 11:00 horas
CATEGORÍA ANOS NACEMENTO DISTANCIA PROBA HORA
Pituf@s
(non competitiva e mixta) 2019 e posteriores 100 metros 11:00 h.
Sub-8
(non competitiva e mixta) 2017/2018 200 metros 11:05 h.
Sub-10 2015/2016 540 metros 11:10 h.
Sub-12 2013/2014 1000 metros 11:20 h.
Sub-14 2011/2012 1.850 metros 11:30 h.
Sub-16 2009/2010 2.800 metros 11:40 h.
ABSOLUTA:
Saída ás 12.00 horas
Distancia:
- 5300 metros de asfalto
- 1500 metros de praia
- TOTAL: 6.800 metros
CATEGORÍA ANO
Sub-23 2008/2002
Sénior 1990 - 2001
Veteran@s A 1980 - 1989
Veteran@s B 1970 - 1979
Veteran@s C Anterior de 1970
7. PERCORRIDO
Sub-16 Terra-Mar 2024 (3 voltas ao circuíto)
https://es.wikiloc.com/rutas-carrera/sub-16-terra-mar-2022-3-voltas-ao-circuito105449996
Sub-14 Terra-Mar 2024 (2 voltas ao circuíto)
https://es.wikiloc.com/rutas-carrera/sub-14-terra-mar-2022-2-voltas-ao-circuito105449811
Sub-12 Terra-Mar 2024
https://es.wikiloc.com/rutas-carrera/ruta-sub-12-terra-mar-2022-105447939
Sub-10 Terra-Mar 2024
https://es.wikiloc.com/rutas-carrera/sub-10-terra-mar-2022-105447595
ABSOLUTA
https://es.wikiloc.com/rutas-carrera/absoluta-terra-mar-2022-105450982
8. INSCRICIÓN E PREZOS
Poderán participar na proba todas aquelas persoas que o desexen, estean ou non
federadas.
O prazo de inscrición rematará o xoves 1 de Agosto.
A inscrición da carreira, ata o Domingo 28 de Xullo (incluído), ten un custo de 12 € na
carreira absoluta para aqueles corredores que posúan chip, e de 13€ para os corredores
que deban alugar o chip (terán que devolvelo despois da carreira).
A partir do luns 29 de xullo (incluído) terá un custo de 15 € corredores con chip e 16 € os
de aluguer.
Os que non son propietarios de chip amarelo depositarán unha fianza de 5€ que será
reintegrada a semana seguinte da proba unha vez procesados os chips devoltos.
A inscripción da carreira é gratis para todas as categorías de
menores.A inscrición farase on-line nas seguintes páxinas web:
www.maiskmsbarreiros.gal
http://www.championchipnorte.com
A proba está incluida dentro dos circuítos +kmsBarreiros e Tour Mariña, polos que os/as
inscritos/as participan automáticamente nestes circuítos.
9. ENTREGA DE DORSAIS E CHIPS DE CRONOMETRAXE:
Os dorsais e os chips de cronometraxe entregaranse o día da proba na carpa da
organización sita na zona de saída, ata media hora antes da proba.
10. TROFEOS E AGASALLOS DA CARREIRA
Categorías de Menores:
 @s tres primeir@s de cada categoría levarán un agasallo agás nas categorías
non competitivas.
Carreira Absoluta:
 Para o Campión e Campioa Absoluto/a, Trofeo.
 Para o resto de persoas clasificadas, Trofeo ás tres primeiras de cada categoría.
 Trofeo á/ao mellor atleta do Concello (masculino e femenino).
Ademais, todos os participantes terán un detalle da organización ata fin de existencias.
SEGUROS
A proba atópase cuberta polo seguro que o Concello de Barreiros mantén subscrito coa
compañía Reale Seguros Generales, SA, con número de póliza 1332200001638. Conta
tamén cun seguro de accidentes para cada unha das persoasparticipantes na proba.
11. SERVIZOS ASISTENCIAIS
O evento contará con servizo asistencial de ambulancia e servizo médico, que asistirán a
todas as persoas participantes que o precisen.
Todos os percorridos estarán debidamente sinalizados. No caso da carreira absoluta,
esta será de carácter dinámico. Non se pechará o tráfico das vías rodadas, agás durante o
paso dos corredores, para o cal contarase cun vehículo e efectivos da Agrupación de
voluntarios de Protección Civil de Barreiros.
Asemade, contarase coa asistencia doutro vehículo municipal de apoio.
Ademais asistirán nas probas persoal auxiliar designado pola organización.
Aparcadoiros: Disporase dunha ampla zona de aparcadoiros o lado da saída.
12. OUTRAS DISPOSICIÓNS:
- Non estará permitido o acompañamento dos participantes mediante o uso de vehículo
de axuda.
- O dorsal deberá ser colocado visiblemente na parte dianteira do/a corredor/a, sen
poder facer ningunha modificación no mesmo.
- Nas probas competitivas será obrigatoria a utilización do chip de cronometraxe. É
obrigatorio levar o chip na zapatilla.
- Si eres propietario do chip amarelo, debes competir con él.
- Os corredores que alquilen chip teñen que devolvelo ó rematar a carreira.
- A inscrición implica a aceptación da publicación tanto dos nomes coma das imaxes das
persoas participantes nas clasificacións da proba, nos medios de comunicación e na
Internet.
- Dado o espírito deportivo da mesma non se admitirán reclamacións. A participación
leva implícita a aceptación do regulamento da proba.
- Todo o non previsto na presente memoria-regulamento resolverase de acordo co
Regulamento da F.G.A. e R.F.E.A. en vigor.
- A organización e os seus colaboradores non se fan responsables dos danos morais ou
materiais que a si mesmos ou a outras persoas ocasionen os participantes nas carreiras.
- A organización da proba resérvase a facultade de decidir sobre calqueira aspecto ou
circunstancia non contemplada neste regulamento.