Calendario
Info da proba

Cabañas

04/08/2024 11:40 - 12:40
Regulamento XXXI CROS POPULAR PIÑEIRAL DE CABANAS 2024
Domingo, 4 de agosto de 2024
Comezo das carreiras: 11:00 h
REGULAMENTO DA PROBA:
A) A inscrición será libre e gratuíta.
Ojo morado Todo comportamento antideportivo será penalizado con descualificación
C) A organización establecerá os controis que estime necesarios.
D) As reclamacións aos resultados oficiais deberán formularse verbalmente ao xuízárbitro da competición, non máis tarde de 30 minutos despois da publicación dos
resultados.
E) A organización farase cargo dos seguros da proba.
F) A organización resérvase o dereito de solicitar a acreditación da idade dos
participantes.
G) Haberá premios de trofeos para os tres primeiros clasificados de cada categoría. As
persoas vencedoras absolutas, das categorías masculina e feminina, recibirán
trofeo adicional. Ás persoas participantes nas categorías de base (que correrán 300
e 100 metros, respectivamente) recibirán, todas elas, unha medalla.
H) O inicio da proba será ás once da mañá, finalizando ás trece horas.
I) A proba está incluída no calendario oficial da Federación Galega de Atletismo.
J) A proba estará controlada polo “comité galego de xuíces”.
O esbozo do percorrido farase público co anuncio da proba.
O percorrido da proba será polo piñeiral e antigo campo de fútbol da Madalena.
Entre as medidas de sinalización da proba e dispositivo de seguridade previstos,
contarase coa colaboración de Protección Civil de Cabanas.
A proba estará controlada por xuíces do Comité Galego de Atletismo.
A proba contará con unha unidade móbil de asistencia sanitaria.
Todo o persoal auxiliar e de control da proba estará identificado.
Todo o percorrido estará delimitado con cinta. Será integramente a nivel do mar e polo
interior do piñeiral. Non haberá ningunha pendente, aínda que é posible encontrarse
con zonas de area.
As inscricións poderanse efectuar a través do sistema online na páxina da Federación
Galega de Atletismo ou en www.carreirasgalegas.com. Para máis información pódese
escribir a deporte@cabanas.gal
O listado de persoas inscritas será publicado na web de Carreiras Galegas e
actualizada diariamente.
A inscrición pecharase o mércores 31 de xullo de 2024.
As diferentes distancias oscilarán entre os 1.000 e os 7.000 metros, dependendo das
categorías distribuídas segundo os grupos de idade.
As categorías serán as seguintes (sendo iguais para MULLERES e HOMES):
CATEGORÍAS ANOS DE NACEMENTO DISTANCIA HORARIO
A 2014-2015-2016 1.000 mts. (1 v.p*.) 11:00 h
B 2011-2012-2013 1.800 mts. (1 v.g*) 11:10 h
C 2008-2009-2010 3.600 mts. (2 v.g.*) 11:20 h
J 2005-2006-2007 7.000 mts. (4 v.g.*) 11:40 h
SE De 1985 a 2004 7.000 mts. (4 v.g.*) 11:40 h
VA De 1975 a 1984 7.000 mts. (4 v.g.*) 11:40 h
VB De 1965 a 1974 7.000 mts. (4 v.g.*) 11:40 h
SV Antes de 1965 7.000 mts. (4 v.g.*) 11:40 h
* v.p./ v.g. = volta pequena / volta grande
CATEGORÍAS ANOS DE NACEMENTO DISTANCIA HORARIO
Peques 2017-2018-2019 300 mts. 12:40 h
Pitufos De 2020 ata hoxe 100 mts. 12:45 h
Punto 6
Todas as persoas participantes, agás os peques e pitufos, levarán chip nos dorsais
que lles proporcionará a organización para o control da carreira.
ASISTENCIA MÉDICA E SEGUROS:
A organización contará con ambulancia na zona de saída/meta.
Os servizos médicos e a organización da competición están facultados para retirar da
proba a calquera participante que manifeste un mal estado físico durante o
desenvolvemento da mesma.
Todos os participantes estarán amparados por unha póliza de Responsabilidade Civil
e accidentes deportivos, que cubrirá os accidentes que se produzan como
consecuencia directa do desenvolvemento da proba. Quedan excluídos os casos
derivados dun padecimiento latente, imprudencia ou inobservancia das leis, da
normativa da competición, etc. Tamén quedan excluídos os casos producidos polo
desprazamento ao lugar da competición ou desde o mesmo.
A organización non se fará responsable de calquera tipo de dano material ou moral
que se poida ocasionar como consecuencia da participación voluntaria neste evento. A
inscrición implica ler, ter entendido e adquirido o compromiso que a continuación se
expón:
Certifico que estou en bo estado físico. Eximo de toda responsabilidade que da
participación no evento puidera derivarse á organización, patrocinadores comerciais
ou sponsors, persoal empregado, voluntario e demais organizadores. Coa realización
da inscrición, toda persoa participante cede os seus dereitos de imaxe á organización,
que utilizará as imaxes de acordo coa Lei de protección de datos.