Calendario
Info da proba

Sobrado dos Monxes

10/08/2024 19:00 - 20:10
Regulamento VIII CORRETROITA CONCELLO DE SOBRADO
Sábado 10 de agosto de 2024
O Concello de Sobrado organiza a oitava edición da súa carreira popular
“Corretroita” o sábado 10 de agosto na localidade de Sobrado baixo o control
técnico do Comité Galego de Xuices da Federación Galega de Atletismo. As
probas rexiranse polo seguinte:
REGULAMENTO:
1.- As probas disputaranse na localidade de Sobrado. A saída e chegada da
proba farase diante do mosteiro de Sobrado. O circuito estará debidamente
sinalizado.
2.- Poderán participar todas aquelas persoas que o desexen, con ou sen licenza
federativa. O Control da carreira estará a cargo do Comité de Xuices da
Federación Galega de Atletismo.
3.- Categorías e horarios:
CATEGORIA ANO DE NACEMENTO HORA DISTANCIA
Troitiña Nados/as en 2017-2018 18:50 h 160 m
Sub 10 Nados/as en 2015-2016
18:40 h 600 m
Sub 12 Nados/as en 2013-2014
Sub 14 Nados/as en 2011-2012
18:30 h 1,2 km
Sub 16 Nados/as en 2009-2010
Sub 18 Nados/as en 2007-2008 19:00 h 8 Km
Sub 20 Nados/as en 2005-2006 19:00 h 8 Km
Sub 23 Nados/as en 2002-2003-2004 19:00 h 8 Km
Senior Nados/as en 2001 e 1990 19:00 h 8 Km
Master 1 Nados/as en 1989 e 1984 19:00 h 8 Km
Master 2 Nados/as en 1983 e 1974 19:00 h 8 Km
Master 3 Nados/as en 1973 e 1964 19:00 h 8 Km
Master 4 Nados/as antes do ano 1964 19:00 h 8 Km
ENTREGA DE PREMIOS A PARTIR DAS 20:00 H
4.- A inscrición de todas as categorías realizarase na páxina
web www.carreirasgalegas.com (información en www.atletismo.gal ) con data
límite o martes 6 de agosto a 23:59 h.
PREZO DA INSCRICIÓN:
 TROITIÑA …………………………………….. GRATUITA
 PROBAS de 600 m e 1,2 km……………….. 3€ por participante
 PROBA 8 KM……………………………….... 5€ por participante
*O pago da inscrición (no caso de inscrición de pago) poderá realizarse pola
pasarela de pago da páxina web www.carreirasgalegas.com
No se admitirán inscricións fora do prazo establecido nin o día da
carreira.
5.- Os dorsais retiraranse, na zona do Mosteiro de Sobrado onde estará
ubicada a secretaría da organización, dende as 17:30 h ata media hora antes
do inicio de cada proba.
6.- Premios e agasallos
Recibirán trofeos os 3 primeiros clasificados de cada categoría establecida no
presente regulamento, masculinos e femininos e tamén os tres primeiros
clasificados da proba absoluta, tanto en homes como en mulleres.
Os premios non serán acumulativos, de xeito que ningún corredor/a poderá
recibir dous trofeos. A entrega de trofeos farase ao rematar a carreira.
Haberá obsequio cortesía da organización para todos os participantes e
avituallamento líquido na zona de meta.
7.- Todo/a corredor/a que chegue á meta sen o seu dorsal ou non o leve
colocado de xeito correcto na parte anterior do corpo, será automáticamente
descalificado.
8.- Os participantes deberán colocarse na zona de saída 10 minutos antes do
comezo da proba.
9.- Os atletas que obteñan algún premio poderáselles solicitar que acrediten a
súa idade coa presentación do DNI ou pasaporte.
10.- Aínda que a proba sexa de carácter estrictamente deportivo e popular,
admitiranse reclamacións, pero agárdase un espírito e un comportamento
deportivo por parte de todos os participantes. As reclamación aos resultados
oficiais formularánselle ao xuíz árbitro da competición non máis tarde de 30
minutos despois da publicación dos resultados.
11.- O horario da saída poderá ser modificado, a criterio do xuíz árbitro da
proba, en función das circunstancias.
12.- Haberá servizo de duchas a disposición dos atletas na piscina municipal
de Sobrado.
13.- A inscrición implica ler, ter entendido e adquirido o compromiso que a
continuación se expón: Certifico que estou en bo estado físico. Eximo de toda
responsabilidade que da participación no evento puidese derivarse, á
organización, patrocinadores comerciais ou sponsors, empregados e demais
organizadores.
14.- Todos os participantes o fan baixo a súa propia responsabilidade e polo
feito de saír acepta o presente regulamento.
15.- Seguro: todos os participantes estarán amparados por unha póliza de
Responsabilidade Civil e accidentes deportivos, exlcuídos os casos derivados
de un padecemento latente, imprudencia o inobservancia das leis, da normativa
da competición, etc. Tamén quedan excluídos os casos producidos polo
desprazamento; o lugar da competición ou dende o mesmo. Non se permitirá a
existencia no percorrido de ningún vehículo axeno a organización, estando
estes últimos debidamente identificados.
16.- A organización dispoñerá de servicios médicos e ambulancia dende 30
minutos antes do comezo da carreira e ata media hora despois de pechar o
acto. Os servicios médicos, están facultados para retirar da carreira a calquera
participante que manifeste un mal estado físico durante o desarrollo da mesma.
Así mesmo, recomendase a todos os inscritos, leven a cabo antes de tomar
parte na carreira un recoñecemento de aptitude médico-deportivo que descarte
calquera patoloxía que impida a súa participación.
17.- Todo o non recollido neste regulamento resolverase de acordó co
Regulamento da RFEA e FGA para probas en ruta en vigor.