Calendario
Info da proba

VI Asaltamontes Trail

11/08/2024 9:00 - 15:30
Regulamento VI ASALTAMONTES TRAIL
DATA: 11 de Agosto de 2024 (domingo)
LOCALIDADE: Xunqueira de Ambía
LUGAR DE SAIDA: Diante do Concello. Pulse no icono para ver
a ubicación no mapa
MÁXIMO INSCRICIÓNS: 600 participantes (350 trail (curto-longo) / 250
andaina)
INSCRICIÓNS: En asaltamontestrail.galitiming.com
1- INSCRICIÓNS:
1) As inscricións realizaranse online en Galitiming (se alguén tivera algún problema pode contactar por
email con osasaltamontes@gmail.com).
2) A inscrición inclue:
• Dorsal personalizado
• Obsequio participación
• Cronometraxe/clasificacións (soamente para as probas Trail)
• Seguro de accidentes e RC
• Avituallamentos (durante e ao final da proba)
• Servicio médico e de ambulancia
* A partir do día 01/07/2024 non se asegura talla na prenda de regalo
PERCORRIDOS E DISTANCIAS (*)
EVENTO DISTANCIA DESNIVEL HORA SAIDA
Asaltamontes Trail Longo (ATL) 31 KM +1650 09:00
Asaltamontes Trail Corto (ATC) 14 KM +800 10:00
Andaina Asaltamontes (AS)
(**): Posibilidade de saída no km 3 para completar
un percorrido de 7 km.
18 KM +675
A partir das
10:05
7.5 KM +390
(*) As distancias poden sufrir algunha alteración, pero nunca mais de +/- 1km. En calquera caso avisaríase con antelación
REGULAMENTO DE ASALTAMONTES TRAIL 2024
2- PERIODOS DE INSCRICIÓN E PREZOS

FASE EVENTO PREZO (*) DATA LIMITE PAGO
1 Trail longo 20€ Do 11 de febreiro ao 28 de xullo
1 Trail curto 15€ Do 11 de febreiro ao 28 de xullo
1 Andaina 10€ Do 11 de febreiro ao 28 de xullo
2 Trail longo 26€ Do 29 de xullo ao 5 de agosto
2 Trail curto 20€ Do 29 de xullo ao 5 de agosto
2 Andaina 11€ Do 29 de xullo ao 5 de agosto
3- PROGRAMA/HORARIO
Día previo (sábado 10/08/2024)
11:00 a 13:00: Entrega de dorsais en Enfase Iberdrola C/ Celso Emilio Ferreiro 40 (Ourense)
19:00 Entrega de dorsais ata as 21 horas (no claustro da igrexa)
Día do evento (domingo 11/08/2024)
08:00 Entrega dorsais ata 10 minutos antes de cada proba (na zona de Saida/Meta)
09:00 Saida Trail longo
10:00 Saida Trail curto
10:05 Saida Andaina
13:00 Kids Trail
13:15 Entrega de Trofeos Trail curto
13:30 Entrega de Trofeos Trail longo
15:30 Peche de meta
REGULAMENTO DE ASALTAMONTES TRAIL 2024
4- SEÑALIZACIÓN E CONTROIS
O percorrido estará sinalizado por carteis indicadores, cinta de balizar e marcas de pintura laranxa.
Tamén haberá persoal da organización nos lugares clave.
Haberá controis de paso en varios puntos do percorrido para acreditar que todolos participantes fan a
totalidade do trail correctamente.
O chip entrégase conxuntamente co dorsal e terá que ser devolto ao rematar a proba (a non
devolución implica o pago de 10€)
A meta pechará as 15:30 h.
5- AVITUALLAMENTOS
Todalas probas teñen dereito a avituallamentos durante e ao final de cada percorrido
Establécense os seguintes avituallamentos:
- TRAIL LONGO: 7.5km (líquido-sólido), 8km (fonte), 11.2km (líquido-sólido), 18.3 (líquido-sólido),
18.9km (fonte), 22.1km (líquido-sólido), 27.2km (líquido-sólido)
- MINI TRAIL: 5km (líquido-sólido), 5.6km (fuente), 8.8km (líquido-sólido), 12.2 (líquido)
- ANDAINA: 4km (líquido-sólido), 9km (líquido-sólido), 13,7km (líquido-sólido)
- MINIANDAINA: 5km (líquido-sólido)
6- MATERIAL OBRIGATORIO E RECOMENDADO
ANDAINA TRAIL CURTO TRAIL LONGO
Ropa e calzado adecuado
Recipiente con auga (mín. ½ litro)
Teléfono móvil
Dorsal
Manta térmica
Silbato
Gorra, viseira ou bandana
Chaqueta impermeable
/cortavento
MATERIAL OBRIGATORIO MATERIAL RECOMENDADO
REGULAMENTO DE ASALTAMONTES TRAIL 2024
7- PARTICIPACIÓN, CATEGORÍAS E TROFEOS
• Hai trofeos para os 3 primeiros clasificados absolutos en cada proba, tanto masculino como feminino.
• Tamén haberá trofeos para os 3 primeiros clasificados de cada unha das categorías e por sexo (non
acumulativos aos trofeos absolutos)
 Senior: ata 39 años inclusive
 Master1: De 40 a 49 anos (*) – A idade válida é ao día do evento
 Master2: De 50 en adiante
• Haberá os seguintes diplomas (sin distinción de prueba a la que se inscriba):
- Corredora mais veterana / Corredor mais veterano
- Corredora mais nova / Corredor mais novo
- Clube mais numeroso (con mais inscritos).
• Para optar á clasificación, os corredores participaran sen recibir axuda externa ou doutro participante,
debendo completar a totalidade do percorrido.
• Na modalidade de Trail Longo non se permite a participación de menores de idade. Na modalidade de
Trail Curto, permítese a participación de maiores de 16 anos. Os menores de idade que queiran participar
no trail deberán entregar unha autorización firmada polos tutores.
• Na modalidade de Andaina, no caso de menores, poderán inscribirse xunto cun adulto INSCRITO NA
PROBA, e deberán entregar unha autorización firmada polos tutores.
• Os dorsais son persoais e intransferibles. Correr co dorsal doutro corredor implica a descalificación e non
estar cuberto por ningún tipo de seguro.
• A partires das 13:00 (hora orientativa, os días previos publicarase o horario oficial) celebraranse as probas
para os menores:
o Ata 6 años (inclusive): Carreira de 50 metros na zona meta
o Entre 7 e 12 anos: PequeTrail de 800 metros
o Entre 13 e 16 años: PequeTrail de 800 metros
- Esta proba non é competitiva. Os país poden acompañar aos menores durante o percorrido
Establécese un máximo de 70 participantes en total, por rigurosa orde de inscrición
Entregaranse medallas a todolos participantes
- As inscricións na categoría de menores NON SE REALIZARÁN a través da plataforma online.
Faranse enviando un email a osasaltamontes@gmail.com ou por Whatsapp no teléfono
607884806 indicando os seguintes datos:
 Nome, Data Nacemento, DNI, Teléfono e Email
- Tamén se poderán apuntar de maneira presencial na:
o Biblioteca de Xunqueira de Ambía
REGULAMENTO DE ASALTAMONTES TRAIL 2024
8- DEBERES DOS CORREDORES E ANDARINS
• Os participantes corren/camiñan baixo a sua responsabilidade. Sobre eles recae a decisión da saída e
a realización da carreira/andaina.
• Os participantes están obrigados a levar o dorsal facilitado pola organización. Éste levarase nun lugar
visible na parte dianteira durante toda a proba e non poderá ser dobrado nen recortado.
• Os participantes deben socorrer a outro corredor en perigo ou accidentado e a comunicalo á
organización.
• A seguir as instruccións dos membros da organización e non sairse do itinerario sinalizado.
• Deben comunicar a sua retirada nun control ou avituallamento, entregando o dorsal. O corredor
asume toda a sua responsabilidade dende que abandona voluntariamente a proba ou cando sexa
descalificado. Se decide continuar no percorrido será baixo a sua absoluta responsabilidade.
• Cada participante ten a obriga de portar consigo calquera residuo que xere: envases, papeis, residuos
orgánicos, etc., ata os lugares sinalados e habilitados pola organización
9- MOTIVOS DE DESCALIFICACIÓN
• Abandoar residuos fora das papeleiras situadas nos avituallamentos.
• Non auxiliar ao participante que o necesite
• Non obedecer as indicacións do persoal identificado como da organización
• Non levar o dorsal visible.
• Atallar, sairse do itinerario sinalizado, especialmente nas zonas mais sensibles, co fin de non danar o
medio ambente.
• Non pasar polos controis de paso que determine a organización.
• Non realizar o percorrido completo.
REGULAMENTO DE ASALTAMONTES TRAIL 2024
10- CANCELACIÓNS E/OU MODIFICACIÓNS
a organización da proba resérvase o direito a modificar horarios e percorridos ou suspender a proba, se
así o estima oportuno, por razóns climatolóxicas ou de seguridade. En caso de suspensión da proba
procederase á devolución do 100% da cuota de inscrición.
Todas as solicitudes de cancelación que estén motivadas tramitaranse sen ningún problema ata o 15 de
xullo de 2024 e devolverase o 100% da cuota de inscrición. A partir de ahí e ata o 31 de xullo
devolverase o 50%. A partir do 1 de agosto non se efectuarán devolucións.
Poderase cambiar o nombre dun dorsal ata o 5 de agosto.
Dado o espíritu deportivo e popular desta proba non se admitirán reclamacións.
11- COMPROMISO DOS CORREDORES
Será obrigatorio por parte de todolos participantes preservar o entorno, estando prohibido botar
desperdicios fora das zonas establecidas nos avituallamentos. Será motivo de descalificación incumplir
esta norma elemental por parte dos participantes.
Cada corredor será responsable de todo perxuicio ou lesión que poidera causar a sí mesmo ou a
terceiros, exonerando á organización de calquera responsabilidade no caso de accidente ou lesión.
Os participantes están obrigados a socorrer a outros participantes durante o transcurso da carreira.
12- OBSERVACIÓNS FINAIS
Haberá un sorteo de diferentes regalos proporcionados polos nosos patrocinadores. Todolos
participantes poderán consultar se o seu dorsal foi premiado ao finalizar o evento na zona do
avituallamento final.
Existirá un dispositivo de Protección Civil para velar pola seguridade dos participantes.
A organización non se fará responsable dos accidentes ou danos que poidan ocurrirlles aos
participantes, pero tratará por todolos medios de evitalos.
A organización contratará un seguro de responsabilidade civil e de accidentes, pero é recomendable
que os participantes dispoñan de licenza federativa ou posúan un seguro persoal.