Calendario
Info da proba

Rinlo -Ribadeo

17/08/2024 21:45 - 23:15
Regulamento VI CARREIRA NOCTURNA RINLO-RIBADEO
SÁBADO 17 DE AGOSTO DE 2024 ÁS 21:45
REGULAMENTO DA PROBA
- A carreira está organizada polo Club Atletismo Ribadeo.
- Poderán participar na proba absoluta todas aqueles que o desexen sempre que teñan 16 anos o
máis.
- Establecese un límite de 700 participantes na suma de tódalas categorías.
- Non estará permitido o acompañamento dos participantes mediante o uso de vehículos de axuda.
A non observancia desta norma implicará a descualificación dos atletas acompañados.
- Será obrigatorio o uso do dorsal que deberá ser colocado visiblemente na parte dianteira do/a
corredor/a, sen poder facer ningunha modificación nel, collido polas 4 esquinas, con calquer medio
de suxeción. O dorsal será de uso exclusivo polo seu propietario/a e totalmente intransferible. Os
corredores/as que o fagan sen dorsal ou sen o dorsal que lles corresponda pola inscrición farano
baixo a súa responsabilidade e serán descalificados/as.
A Organización reservase o dereito a tomar as medidas oportunas, de conformidade con a lexislación
que resulte aplicable neste senso e iniciaranse as accións civiles, penales ou administrativas que
corresponda, para esixir a responsabiidade do infractor/a.
Todos/as os corredores que comentan irregularidades con respecto ao REGULAMENTO da proba,
serán identificados/as como “ corredores infractores”, apuntados, identificados e expulsados polo
persoal de seguridade( voluntarios/as) no exercicio das súas facultades atribuidas para tal efecto,
obtendo dos mesmos, os datos de identificación, fotografías, etc., que serán utilizados con o fín de
emprender accións legais que correspondan, mesmo no caso de que se teña coñecemento das
infracións con posterioridade á celebración da proba deportiva.
- O circuíto será controlado pero non pechado ó tráfico polo que se roga os participantes tomar as
debidas precaucións.
- Na proba absoluta será obrigatorio a utilización do chip de cronometraxe fornecido pola
organización.
- Todos os participantes polo feito de inscribirse, aceptan a publicación tanto do seu nome como da
súa imaxe nas clasificacións da proba, nos medios de comunicación e na internet.
- Dado o espírito deportivo e popular desta proba non se admitirán reclamacións. A participación
leva implícita a aceptación do regulamento da proba.
- Na carreira absoluta será obrigatorio o uso de frontal de luz entregado pola organización e
aconsellable o uso de reflectores.
- A entrada en meta pecharase as 23:00. Todo atleta que non entrase en meta a esa hora deberá
abandonar o circuíto e se decide continuar farao baixo a súa responsabilidade.
- Nas probas de menores será obrigatorio cubrir o modelo de autorización polos titores legais dos
mesmos.
- Disporase de servizo de autobús para desprazar aos atletas dende a vila de Ribadeo (Meta) ate a
vila de Rinlo (Saída), debendo ter que anotarse, todo o que desexe utilizalo, no momento da
inscrición. Os horarios e punto de partida publicarase na páxina de facebook do club
(www.facebook.com/clubatletismoribadeo).
- Calquera outra información de interese, posibles modificacións, etc., publicarase na páxina de
facebook do clube (www.facebook.com/clubatletismoribadeo ).
- A organización da proba reservase a facultade de decidir sobre calquera aspecto ou circunstancia
contemplada ou non neste regulamento.
CARREIRAS DE MENORES
Desputaranse a partires das 20:00 no entorno do Parque de San Francisco e a Casa do Concello.
(zona do Cantón), agás as categorías Infantil e Cadete sendo a saída no Faro de Illa Pancha.
As categorías, distancias e horarios son os seguintes:
Categoría de Pitufos: 2019 e posteriores 60 metros 20:00
Categoría de Prebenxamín: 2017/2018 150 metros 20:05
Categoría de Benxamín: 2015/2016 350 metros
20:15 Categoría de Alevín: 2013/2014 600 metros 20:25
Categoría Infantil: 2011/2012 2.500 metros 21:30
Categoría Cadete: 2009/2010 2.500 metros 21:30
HAI QUE ESTAR OBRIGATORIAMENTE NA LIÑA DE SAÍDA DE CADA PROBA 10 MIN. ANTES.
CATEGORÍA ABSOLUTA
Disputarase as 21:45 e a saída será na vila de Rinlo e a meta diante da Casa do Concello da vila de
Ribadeo, pechándose a entrada en meta as 23:00 e un percorrido dúns 9 kms. (Aprox.).
As categorías, tanto no apartado masculino como feminino, son as seguintes:
Xuvenil: 2006/2008
Junior: 2002/2004
Senior: 1990/2002
Veteranos/as A: 1980/1989
Veteranos/as B: 1970/1979
Veteranos/as C: 1960/1969
Veteranos/as D: 1959 e anteriores.
Handbike: 2008 e anteriores.
HAI QUE ESTAR OBRIGATORIAMENTE NA LIÑA DE SAÍDA 10 MIN. ANTES.
INSCRICIÓN:
Categoría de menores: as inscripcións faranse na seguinte web www.championchipnorte.com .
A categoría de Pitufo e Prebenxamín a inscrición será de balde.
As demáis categorias terán un custe de 3 € dende o inicio da inscrición ate o 21 de Xuño do 2024 e
de 5 € dende o 22 de Xuño ate o 14 de Agosto de 2024 ás 23:59.
Carreira Absoluta: As inscricións faranse na páxina www.championchipnorte.com .
A inscrición na Carreira Absoluta terá un custe de 10,00 € dende o inicio da inscrición ate o 21 de
Xuño do 2024. Do 22 de Xuño ate o 14 de Agosto de 2024 o custe será de 15,00 €.
IMPORTANTE: Os corredores/as que aluguen o CHIP terán 1€ de aluguer e deberán depositar umha
fianza de 5€ , que se será devolta por CHAMPIONCHIP, despois de rematar o reconto dos mesmos.
AS INSCRICIÓNS PECHARANSE O DÍA 14 DE AGOSTO DE 2024 ÁS 23:59 h.
PREMIOS:
Categoría de menores.
Na categoría de Pitufos e Prebenxamín recibirán unha medalla todolos participantes.
Na categoría de Benxamín, Alevín, Infantil e cadete recibirán medalla ou trofeo os tres primeiros de
cada categoría tanto en femenino como en masculino.
Carreira Absoluta.
Terán premios (trofeo ou medalla):
- Os tres primeiros absolutos tanto masculino como femenino.
- Os tres primeiros de cada categoría tanto masculino como femenino.
- Primeiro Ribadense (terá que levar como mínimo 5 anos censados no concello de Ribadeo). Será
obrigatorio aportar DNI e certificado de empadroamento onde se acredite tal circunstancia á hora
de recibir o premio.
- Primeira Ribadense (terá que levar como mínimo 5 anos censada no concello de Ribadeo). Será
obrigatorio aportar DNI e certificado de empadroamento onde se acredite tal circunstancia á hora
de recibir o premio.
- Tres primeiros equipos de clubs rexistrados como tal, no rexistro de “ entidades deportivas”, que
estarán formados como mínimo por cinco atletas, tendo que ser dous atletas de distinto sexo (
equipo mixto ). Para a clasificación contarán os tres mellores tempos obtidos.
- Tódolos agasallos cedidos polos patrocinadores serán para as categorías que decidan os propios
doantes.
PERCORRIDO
A carreira absoluta terá un percorrido duns 9 kms. aproximadamente. A saída terá lugar no Porto da
vila de Rinlo e discurrirá pola estrada entorno á costa ata a vila de Ribadeo, pasando antes pola Illa
Pancha, Cargadoiro e entrará na vila pola Avenida Calvo Sotelo, Rúa Rodríguez Murias e Vilafranca
do Bierzo, rematando diante da Casa do Concello.
ENTREGA DE DORASAIS E CHIPS DE CRONOMETRAXE CHAMPIONCHIP.
Os dorsais e os chips de cronometraxe entregaranse o día da proba. O lugar e horas de entrega
publicarase no facebook do clube (www.facebook.com/clubatletismoribadeo ).
INFORMACIÓN DE INTERESE PARA O ATLETA.
As duchas serán nos pavillóns deportivos do Concello de Ribadeo.
Na carreira absoluta agasallarase aos inscritos/as cunha camiseta conmemorativa da carreira e un
frontal de luz. Non se garantirá os agasallos para os/as inscritos/as que o fagan despois do 31 de
Xullo de 2024.
IMPORTANTE: NON SE ADMITEN TROCOS DE TALLA.
INFORMACIÓN DE RESULTADOS.
Os resultados da carreira estarán dispoñibles na páxina web oficial da proba
www.championchipnorte.com .