Calendario
Info da proba

Cartelle

17/08/2024 19:45 - 21:15
Regulamento XXVI CARREIRA POPULAR DO CONCELLO DE CARTELLE
2024
Data: Sábado 17 de Agosto de 2024
Hora: a partir das 18:30 h
Lugar: Polideportivo Piño-Vilachá (Outomuro)
Distancias: 100m-470m-600m-960m-2.000m-9.000m
Organiza: Concello de Cartelle
Inscricións: As inscricións da carreira de 9000m faranse vía internet a través da páxina web
www.championchipnorte.com. O resto das carreiras poden inscribirse na mesma web ou no
concello de Cartelle.
REGULAMENTO DA CARREIRA:
1º- PERCORRIDO: As carreiras de 100 m ,470 m, 600 m, 960 m e 2.000 m faranse nos
arredores do Pavillón Piño- Vilachá. A carreira de 9000 m comezará en Cartelle e rematará en
Outomuro onde estarán as duchas, polo que media hora antes da proba realizarase o traslado
dos corredores dende Outomuro ata Cartelle en autobús.
2º-HORARIOS:
-18:30--PITUFOS
-18:40--PRE-BENXAMÍN
-18:45--BENXAMÍN
-18:50--ALEVÍN
-19:15--INFANTÍS
-19:30--CADETES
-19:45--XUVENIL
-19:45--XUNIOR
-19:45--SENIOR
-19:45--VETERANOS A
-19:45--VETERANOS B
-19:45--VETERANOS C
-19:45--VETERANOS D
-19:45--VETERANOS E
3º -CATEGORÍAS
-PITUFOS: nados en 2020 e posteriores
-PRE-BENXAMÍN: nados en 2017, 2018 e 2019
-BENXAMÍN: nados en 2015 e 2016
-ALEVÍN: nados en 2013 e 2014
-INFANTÍS: nados en 2011 e 2012
-CADETES: nados en 2009 e 2010
-XUVENIL: nados en 2007 e 2008
-XUNIOR: nados en 2005 e 2006
-SENIOR: nados de 1990 a 2004
-VETERANOS A: nados de 1985 a 1989
-VETERANOS B: nados de 1980 a 1984
-VETERANOS C: nados de 1974 a 1979
-VETERANOS D: nados de 1965 a 1973
-VETERANOS E: nados no 1964 e anteriores
4º-DISTANCIA:
-100 m--PITUFOS
-470 m--PRE-BENXAMÍN
-600 m--BENXAMÍN
-960 m--ALEVÍN
-2.000 m--INFANTÍS
-2.000 m--CADETES
-9.000 m--XUVENIL
-9.000 m--XUNIOR
-9.000 m--SENIOR
-9.000 m--VETERANOS A
-9.000 m--VETERANOS B
-9.000 m--VETERANOS C
-9.000 m--VETERANOS D
-9.000 m--VETERANOS E
5º- PREMIOS:
Os premios da carreira serán os seguintes:
1º clasificado absoluto masculino ---- 1º clasificada absoluto feminino
2º clasificado absoluto masculino ---- 2º clasificada absoluto feminino
3º clasificado absoluto masculino ---- 3º clasificada absoluto feminino
-- Trofeo ao primeiro clasificado masculino e feminino de cada categoría.
-- Trofeo á persoa de maior idade do concello.
--Trofeo á persoa de maior idade da categoría absoluto
-- Medallas para todos.
Os trofeos non serán acumulables.
6º- INSCRICIÓNS
As inscricións da carreira de 9000m faranse vía internet a través da páxina web
www.championchipnorte.com.
O resto das carreiras poden inscribirse na mesma web, ou nas oficinas do concello de Cartelle
Datos obrigatorios: Nome e apelidos, data de nacemento completa.
Fecha límite para inscribirse :13 de agosto.
7º - DORSAIS
Entrega de dorsais o Sábado 17 de agosto de 2024, no pavillón Piño-Vilachá de Outomuro, a
partir das 17.00 aprox, para a carreira dos 9.000 m, debendo levar os atletas o dorsal visible e
sen dobreces no peito.
Recollida dos dorsais ata 30 minutos antes da saída de cada proba.
8º-CHIP
Os atletas estarán identificados a través dun chip que se entregará en aluguer a cada corredor
e que deberán colocar nas zapatillas antes da saída.
Chegar á meta sen chip, será obxecto de descualificación.
Todos os participantes teñen a obriga de devolver o chip ao finalizar a proba, en caso de non
devolvelo deberán aboar 5€
Propietario chip: 5 € /// Non propietario chip: 6 €
Categorías infantís gratis.
Quen non entregue o chip ou o perda deberá aboar 5€.
9º -DUCHAS E VESTIARIOS
Nas instalacións do polideportivo Piño- Vilchá / Outomuro.
10º -SERVICIO DE AMBULANCIA E PROTECCIÓN CIVIL.
Contaremos coa colaboración de varias agrupacións de voluntarios de protección civil e dunha
ambulancia durante o evento.
11º-DESCALIFICACIÓNS
Serán motivo de descualificación, entre outros, os seguintes:
-Non realizar todo o circuíto da carreira.
-Non levar o dorsal ou levalo manipulado.
-Falsear datos persoais.
12º- A ORGANIZACIÓN DECLINA TODA REPONSABILIDADE respecto ós incidentes físicos
ou psicolóxicos, inmediatos ou posteriores, que lle poidan acontecer ós participantes desta
carreira.
13º-INFORMACIÓN
Para a carreira, información no concello de Cartelle ou chamando ao 988491111 e 988491120