Calendario
Info da proba

O Pino

22/09/2024 10:00 - 11:10
Regulamento REGULAMENTO
1. Poderán participar atletas federados e non federados; haberá unha sola clasificación conxunta. O control
da carreira estará a cargo do Comité de Xuices da Federación Galega de Atletismo.
2. CATEGORIAS DOS PARTICIPANTES:
CATEGORIA IDADE
MENORES
Sub 6 Nados/as en 2019 e anteriores
Sub 8 Nados/as en 2017 - 2018
Sub 10 Nados/as en 2015 - 2016
Sub 12 Nados/as en 2013 - 2014
Sub 14 Nados/as en 2011 - 2012
Sub 16 Nados/as en 2009 – 2010
Sub 18 Nados/as en 2007 - 2008
ADULTOS
Sub 20 Nados/as en 2005 - 2006
Sub 23 Nados/as en 2002 – 2003 - 2004
Senior Nados/as en 2001 ata 1990
Master 1 Nados/as en 1989 ata 1984
Master 2 Nados/as en 1983 ata 1974
Master 3 Nados/as en 1973 ata 1964
Master 4 Nados/as a partir do ano 1963
3. DISTANCIAS E HORARIOS:
HORA PROBA DISTANCIA
10:00 h SUB 20, SUB 23, SENIOR e MASTER (M/F) 8000 m aprox. 2 Voltas Grandes
11:00 h SUB 16 e SUB 18 (M/F) 2800 m aprox. 1 Volta Mediana
11:30 h SUB 14 (M/F) 2000 m aprox. 2 Voltas circuito Sub 14
11:45 h SUB 12 (M/F) 1000 m aprox. 1 Volta circuito Sub 12
11:55 h SUB 10 (M/F) 1000 m aprox. 1 Volta circuito Sub 10
12:05 h SUB 8 (M/F) 505 m aprox. 1 Volta pequena + 1 Mini
12:10 h SUB 6 (M/F) 340 m aprox. 1 Volta pequena
12:45 h ENTREGA DE TROFEOS PRAZA DE FORCAREI
A SECRETARÍA E A SAIDA DE TODAS AS PROBAS SERÁ NA PRAZA DE FORCAREI
4. INSCRICIONS
› PROBAS ESCOLARES (de sub 6 a sub 18).
Poderán realizarse a través da páxina web www.carreirasgalegas.com, cubrindo os datos
solicitados nos campos dos formularios de inscrición.
Teléfono de información: 981 511002.
A inscrición será GRATUITA para as probas escolares.
› CATEGORIAS DE ADULTOS (de sub 20 a máster).
As inscricións realizaranse a través da páxina web www.carreirasgalegas.com. O prezo da
inscrición será de 5 € que deberán abonar no momento da inscrición pola pasarela habilitada a tal
efecto.
Para calquer dúbida relacionada co proceso de inscrición poderán chamar ó teléfono 981 511 002
ou 981 291 783 en horario: 10:00 - 14:00 horas de luns a venres.
› INSCRICION POR CLUBES
Para a entrar na premiación por clubes deberán inscribirse os atletas individualmente na web
www.carreirasgalegas.com e remitir un correo electrónico a dirección david.castineiras@opino.gal
cos datos do clube xunto co listado de atletas que participarán na proba selado pola Federación
Galega de Atletismo ou Delegación correspondente no seu defecto. SEN ESTE CORREO
ELECTRÓNICO NON PODERAN OPTAR OS PREMIOS POR CLUBES. Na clasificación por clubes
poderán entrar os atletas das categorías Sub 20, Sub 23, Senior e Máster. Excepcionalmente
poderá solicitarse no email david.castineiras@opino.gal a participación de atletas da categoría
Sub 18, os cales terán que renunciar a participación na proba da súa categoría.
Admitiranse inscricións ata o xoves 19 de setembro de 2024 ás 23:59 horas. NON SE ADMITIRAN
INSCRICIONS FORA DO PRAZO ESTABLECIDO NIN O DIA DA PROBA.
Os dorsais recolleranse na SECRETARÍA DA COMPETICIÓN sita na PRAZA DE
FORCAREI ubicada preto da casa do Concello con prazo límite 30’ antes do inicio de cada
proba.
5. PREMIOS
› Trofeo para as 3 primeiras mulleres e os 3 primeiros homes de cada categoría establecida no
presente regulamento agás na categoría sub 6 que non haberá clasificación nin premios.
› Trofeo para a primeira e o primeiro atleta local empadroada/o no Concello das categorias escolares
(de Sub 8 a Sub 18).
› Trofeo para as 3 primeiras mulleres e os 3 primeiros homes da carreira absoluta (Sub 20, Sub 23,
Senior e Máster).
› Trofeo o/a participante máis veterano/a que logre concluir a proba polos seus propios medios e sen
axudas externas.
› Trofeo para as 3 primeiras mulleres e os 3 primeiros homes clasificadas/os empadroados no
Concello de O Pino da proba absoluta.
› Trofeo para os 3 primeiros clubes federados femeninos e masculinos clasificados na proba absoluta
na súa clasificación final.
› Trofeo para o clube e a entidade ou colectivo que aporte máis participantes á proba.
› Agasallo técnico, bebida e avituallamento sólido para todas/os as/os participantes na proba de todas
as categorías.
› Medallas para todos os participantes de todas as categorias escolares (de Sub 6 a Sub 12).
OS TROFEOS NON SERÁN ACUMULATIVOS AGÁS OS CORRESPONDENTES ÓS ATLETAS LOCAIS
PREMIOS EN METÁLICO
(Só para a proba ABSOLUTA)
PREMIOS POR CLUBES
1º Clube federado masculino: 150 € 1º Clube federado femenino: 150 €
2º Clube federado masculino: 100 € 2º Clube federado femenino: 100 €
3º Clube federado masculino: 50 € 3º Clube federado femenino: 50 €
A clasificación por clubes será establecida a través dos 6 primeiros/as corredores/as en cruzar a líña
de meta, pola suma dos seus postos, gañando o equipo que menos puntos acade. En caso de empate
gañará o equipo que mellor clasifique o seu 6º/ª compoñente. Os clubes poderán ser masculinos ou
femeninos, pero non poderán ser mixtos.
SÓ SE ADMITIRÁ A PARTICIPACIÓN DE CLUBES FEDERADOS NOS PREMIOS EN METALICO, que
terán que presentar o listado dos atletas co selo oficial da Federación Galega de Atletismo ou no seu defecto
da Delegación correspondente. Na confección do clube non poderán entrar atletas pertencentes a outros
clubes nin filiais do mesmo.
Os premios serán aboados a través de transferencia bancaria, para o cal os atletas e equipos gañadores
terán que facilitar os datos bancarios e persoais (fotocopia do DNI) unha vez finalizada a carreira.
6. As reclamacións ós resultados oficiais deberán formularse verbalmente ó xuíz árbitro da Competición non
máis tarde de 30 minutos despois da publicación dos mesmos. Todo o non previsto no presente
regulamento, resolverase de acordo cos regulamentos para probas en ruta da FGA e RFEA en vigor.
7. Haberá Servicio de Duchas no Polideportivo Municipal de Lameiro e no Campo de Fútbol Municipal.