Calendario
Info da proba

Cabo Udra

05/10/2024 19:15 - 20:45
Regulamento REGULAMENTO – VIII Cross Cabo Udra
DATOS TÉCNICOS
- A inscrición á proba implica a total aceptación deste regulamento, que será de estrito
cumprimento para todxs os/as participantes do Cross Cabo Udra.
- Todo/a participante, polo feito de inscribirse, acepta as condicións e regulamentacións
impostas pola organización, polo que libera expresamente á mesma ou a calquera outro
patrocinador ou colaborador, ante todo tipo de accidente, lesión ou eventualidade que puidera
xurdir derivada da súa participación na proba, e que non estivese cuberta polo seguro
contratado.
- O non cumprimento do regulamento, poderá implicar a descualificación inmediata.
➢ EVENTO: VIII CROSS CABO UDRA
➢ DATA: 5-6 de outubro / 2024
➢ UBICACIÓN: Cabo Udra (Beluso) - localización
➢ PROBAS:
SÁBADO 5 OUTUBRO DOMINGO 6 DE OUTUBRO
18.30 h CARREIRA POPULAR 4 km 09.50 h ANDAINA 14 km
19.15 h CARREIRA ABSOLUTA 10 km 10.00 h INFANTIL 1.350 m
10.15 h ALEVÍN 900 m
10.30 h BENXAMÍN 450 m
10.45 h PITUFxS 3 anos 100 m
10.55 h PITUFxS 4 anos 150 m
11.05 h PITUFxS 5 anos 200 m
11.15 h MINIBENXAMÍN 250 m
Os horarios poden sufrir algunha pequena modificación.
REGULAMENTO – VIII Cross Cabo Udra
ORGANIZACIÓN
➢ ORGANIZA: ASBEL (Asociación por Beluso)
➢ CONTACTO: crosscaboudra@hotmail.com
➢ WEB: https://crosscaboudra.com
➢ INSTAGRAM: https://instagram.com/crosscaboudra
➢ FACEBOOK: https://www.facebook.com/CrossCaboUdra
PARTICIPACIÓN - Requisito Principal
Poderán participar as persoas que o desexen, tendo que
estar fisicamente ben preparado/a para as probas, gozar
de boa saúde xeral sen padecer enfermidade ou lesión
que poida agravarse coa súa participación en dita proba.
O/a deportista ASUME que para a realización da proba é
necesaria unha boa condición física, psíquica e deportiva.
CATEGORÍAS
ABSOLUTA A partir do ano 2008 (inclusive).
POPULAR A partir do ano 2010 (inclusive).
PITUFxS 3 PITUFxS 4 PITUFxS 5 MINIBENXAMÍN
2021 2020 2019 2017/18
BENXAMÍN ALEVÍN INFANTIL ANDAINAS
2015/16 2013/14 2011/12 Aberta
INSCRICIÓNS
Páxina Web Inscricións: ACCESO A WEB
As prazas son limitadas (ver na web).
Data límite: martes, 1 de outubro (23.59 h)
Importante: Por tempos de fabricación non se garante
agasallo as inscricións posteriores ó mércores 25 de
setembro (23.59 h).
REGULAMENTO – VIII Cross Cabo Udra
INSCRICIÓNS - Custes
Ata o 31 agosto A partir do 1 setembro
ABSOLUTA 12€ 15€
POPULAR 10€ 12€
ANDAINA 8€ 10€
ESCOLARES Gratuíta Gratuíta
PREMIOS – Carreira Absoluta
Os premios da carreira ABSOLUTA son para categoría
masculina e feminina e son acumulables.
✓ Absoluta: 1º/2º/3º clasificado/a.
✓ Senior (1986-2008): 1º/2º/3º clasificado/a.
✓ Veterano/a 40 (1976-1985): 1º/2º/3º clasificado/a.
✓ Veterano/a 50 (ata 1975): 1º/2º/3º clasificado/a.
PREMIOS – Carreira Popular + Escolares
Os premios para a carreira POPULAR e as carreiras
ESCOLARES son para categoría masculina e feminina.
✓ Carreira Popular:
1º/2º/3º clasificado/a.
✓ Carreiras Escolares:
1º/2º/3º clasificado/a por categoría.
PREMIOS – Especiais
✓ Equipos: 1º/2º/3º clasificado/a (hai unha única categ).
Os equipos teñen que ser mínimo de 4 atletas, e poden
ser mas., fem. ou mixtos. A clasific. final determinarase
en función dos 3 mellores tempos de cada equipo.
✓ Recoñecementos: 1º Inscrito-a / Equipo +participantes /
Participante-a +lonxe / Participante +veterano-a / Premio
Bravo / 1º clasificado-a Bueu.
REGULAMENTO – VIII Cross Cabo Udra
HORARIOS – Entrega Premios
CARREIRA ABSOLUTA + POPULAR.
✓ Sábado, 5 de outubro: 20.30 h
CARREIRAS ESCOLARES.
✓ Domingo, 6 de outubro: 11.30 h
RECOÑECEMENTOS.
✓ Os horarios dependerán das probas nas que estean
inscritxs os premiadxs.
DORSÁIS - Recollida
Cabo Udra (Beluso) - localización
Os dorsais deberán ser recollidos na zona onde se vai
celebrar o evento, respectando en todo momento os
horarios asignados pola organización:
✓ Sábado 5 de outubro:16.00/19.00 h ou ata 25 min antes
da vosa proba.
✓ Domingo 6 de outubro: ata 25 min antes da vosa proba.
DORSÁIS - Colocación
O/a participante deberá levar o dorsal facilitado pola
organización en todo momento, nun lugar visible non
podendo ser recortado, dobrado nin modificado.
A proba ABSOLUTA e POPULAR estarán controladas
mediante un sistema de chips. Os/as participantes deberán
levar o chip colocado correctamente, en función das
indicacións.
SERVIZOS
A organización porá a disposición dos/as participantes unha
serie de servizos para a súa comodidade:
✓ Gardaroupa: para as probas ABSOLUTA + POPULAR.
✓ Tenda
✓ Duchas
✓ Avituallamentos
✓ Recuperación: para as probas ABSOLUTA + POPULAR.
REGULAMENTO – VIII Cross Cabo Udra
SEGURIDADE
O circuíto das probas estará sinalizado con cinta balizadora
e sinalética. Algúns tramos da carreira ABSOLUTA e a
ANDAINA non estarán pechados ao tráfico, polo que os/as
participantes deberán extremar as precaucións e respectar
as indicacións do persoal que alí se atope.
En caso de abandono ou retirada, a organización garantirá
en todo momento a chegada a meta de cada participante.
SEGURIDADE
A Organización contará coas seguintes coberturas para
os/as participantes.
✓ Seguro de Responsabilidade Civil e de Accidentes:
Estarán excluídos os derivados dun padecemento latente,
imprudencia, neglixencia, inobservancia das leis,…. Tamén os
producidos polos desprazamentos particulares ata/dende o
lugar no que se desenvolve a proba.
✓ Ambulancia
INFORMACIÓN
A información técnica das probas, así como os seus tracks,
será publicada na páxina web oficial da carreira:
https://crosscaboudra.com
Calquera cambio ou modificación desta información farase
pública na mesma plataforma.
RESPECTO MEDIOAMBIENTAL
Os/as participantes deberán respectar o medio no que se
realiza a proba. Para iso deberán comer e beber sen deixar
ningún envase fóra dos recipientes habilitados para tal uso.
A participación na proba implica o coñecemento e a aceptación
destas normas de carácter especial para co medio ambiente.
Unha parte importante da proba desenvólvese no interior de
espazos protexidos.
REGULAMENTO – VIII Cross Cabo Udra
DEREITOS DE IMAXE
A organización poderá utilizar as imaxes, vídeos e son dxs
participantes durante a proba, incluíndo momentos previos
e posteriores, dende a recollida de dorsais, entrega de
premios e traslado dxs participantes.
Estes arquivos utilizaranse para a promoción e difusión da
proba sen ningún límite temporal para o seu uso.
CANCELACIÓNS
En caso de non poder celebrar a proba (salvo causas de
forza maior), serán devoltas as inscricións ao 100%.
Calquera inscrito/a que queira darse de baixa do evento,
poderá facelo ata o domingo 8 de setembro (23.59 h),
devolvéndolle o 75% da cota de inscrición. Pasada esa data,
NON se fará efectiva tal devolución, podendo solicitar un
cambio por outro/a participante ata o dia 1 de outubro.
IMPORTANTE
A organización resérvase o dereito de tomar decisións e
realizar as modificacións que considere oportunas en
función dos diferentes condicionantes, así como
descualificar a un atleta ou a suspensión da proba se as
condicións meteorolóxicas o obrigan, ou por forza maior.
A organización non se fará responsable dos obxectos de
valor extraviados polxs participantes.