Calendario
Info da proba

O Grove - Marisco

06/10/2024 10:00 - 12:30
Regulamento XXIII Carreira Popular Festa do Marisco, O Grove

Data: domingo, 6 de outubro de 2024.
Hora: proba absoluta ás 10:00 h.
Probas de menores a partir das 11:30 h. aproximadamente.
Distancia: de 250 a 10.000 m.
Inscricións: Cronotec (dende o 2 de xullo de 2024).

:: Le e comenta a Popular Festa do Marisco no foro de Carreiras Populares ::

- ORGANIZAN: Concello do Grove e C.D. Ría de Arousa.

- DATA DE CELEBRACIÓN: domingo 6 de outubro de 2024. A carreira absoluta (10 km) comezará ás 10:00 h. As carreiras de menores sobre as 11:30 h. aprox. (ao remate da carreira absoluta).

- INSCRICIÓNS: Para todas as categorías as inscricións realizaranse a través da páxina web www.cronotec.es dende o 2 de xullo ata o mércores 2 de outubro ás 23:59 h. A categoría absoluta terá un prezo de 7 euros con dereito a "bolsa do corredor".

- RECOLLIDA DE DORSAIS: sábado 5 de outubro de 16:00 a 20:00 h. na Sala das Cunchas, na planta baixa do edificio do Concello de O Grove, ou o propio domingo 6 na zona de saída entre 8:00 e 9:30 h. Os dorsais das carreiras de menores poderanse recoller ata as 11:30 h.

- SAÍDA e META DA PROBA: Parque de Confín (no Paseo Marítimo de Beiramar).

- CARACTERÍSTICAS DO CIRCUÍTO: O percorrido será mixto, comezando sobre asfalto, continuando por terra (no Monte da Illa da Toxa), saíndo de novo ó asfalto, seguindo polo céspede do campo de Golf A Toxa e rematando en asfalto novamente ata a liña de meta.Haberá duchas ao servizo dos corredores no Pavillón Naútico Tono Campos e no Pavillón dos Deportes de Monte da Vila ao finalizar a carreira.

- AVITUALLAMENTO: Haberá avituallamento tanto na metade do percorrido como na zona de meta.

- CATEGORÍAS E DISTANCIAS establecidas pola organización:
CATEGORÍAS (masculina e feminina) DISTANCIAS
PITUFOS: nados en 2018, 2019, 2020 ou posteriores - 250 m. aprox.
PREBENXAMÍN: nados no 2017 - 500 m.
BENXAMÍN (sub 10): nados no 2015 e 2016 - 500 m.
ALEVÍN (sub 12): nados no 2013 e 2014 - 1.000 m.
INFANTIL (sub 14): nados no 2011 e 2012 - 1.000 m.
CADETE (sub 16): nados no 2009 e 2010 - 1.500 m.
XUVENIL (sub 18): nados no 2007 e 2008 - 1.500 m.

SUB 20- SUB 23 e SENIOR (na mesma categoría): de 2006 ata os 34 anos cumpridos o día da proba - 10.000 m.
MASTER A: de 35 a 44 anos cumpridos o día da proba - 10.000 m.
MASTER B: de 45 a 54 anos cumpridos o día da proba - 10.000 m.
MASTER C: de 55 a 64 anos cumpridos o día da proba - 10.000 m.
MASTER D: a partir de 65 anos cumpridos o día da proba - 10.000 m.

- PREMIOS:
- A ceremonia de entrega de premios terá lugar na zona de meta a continuación das carreiras de menores.

- Recibirán trofeo os 3 primeiros clasificados de cada categoría (masculina e feminina) a partir de benxamíns. En todas as categorías de menores, ata sub 18, haberá medalla para tod@s @s participantes.- Os tres primeiros clasificados da xeral na categoría absoluta (10.000 m), tanto masculina como feminina recibirán os seguintes premios en metálico ademais dun bono de consumición para a "Festa do Marisco":
1o: 350€
2o: 250€
3o: 150€

- Haberá que presentar o DNI para o cobro dos premios en metálico.

- Os primeiros atletas masculino e feminino locais recibirán un trofeo e un bono de consumición para a "Festa do Marisco".

- A organización reservase a posibilidade de poder agasallar ós primeiros clasificados das diferentes categorías con mais premios que se poidan conseguir de patrocinadores e colaboradores.

- A organización resérvase o dereito a realizar as modificacións que considere necesarias en función de diferentes condicionantes, así como a suspensión da proba se as condicións meteorolóxicas o obrigan ou por forza maior.

- Durante a proba poderá haber fotógrafos tanto da organización como do público, polo que se acepta por parte do participante que se poderán reproducir imaxes ou vídeos en diferentes redes sociais, soportes publicitarios ou medios de comunicación.

- Calquera comunicación posterior á publicación deste regulamento farase a través do facebook do Club Deportivo Ría de Arousa de O Grove.

- A inscripción na proba implica a aceptación deste regulamento.

O Grove, maio de 2024

Información actualizada a 15/5/2024.