Home
My Account
Calendario
Community Forums
Todos
Carreras Populares
Montaña
Triatlón
Circuito
Diarios
Kedadas
Fotos
Fuera de Galicia
Pista
Andainas
Canicross
Lesiones
Entrenamientos
Zapatillas
Planos
Otros temas
Utilidades
Mapa
Calculadora
O Tempo
Circuíto
Contacto
My Account
Calendario
Ver carrera
Vigo - Esclerose
24/11/2013
11:00 - 12:30
[
Go Back
]
Descripción
I Carreira Solidaria pola esclerose Múltiple, Vigo
REGULAMENTO
DATA
A proba celebrarase o domingo 24 de Novembro, ás 11:00 horas.
PERCORRIDO E DISTANCIA
O circuito da carreira constará de tres voltas ao seguinte trazado: Rúa Pescadores - Av. Beiramar -
Rúa Coruña - Rúa Tomás A. Alonso - Rúa Camilo Veiga Prego - Rúa Paulino Freire. A saída e a
meta situaranse no mesmo lugar, a Alameda Suárez Llanos( Bouzas).
Distancia total: 10480 m
AVITUALLAMENTO
A organización ofrecerá a tódolos participantes un avituallamento líquido entre a segunda e a
terceira volta da proba e un avituallamento líquido e sólido ao finaliza-la mesma. Ambos os dous
situaranse na Alameda Suárez Llanos.
PECHE DE CONTROL
O tempo máximo para realiza-la proba será de 1 hora 30 minutos.
PARTICIPACIÓN
Poderán tomar parte na carreira todas aquelas persoas maiores de 18 anos que o desexen,
sempre e cando estean correctamente inscritas, tanto en tempo como nas formas establecidas
para elo.
Como caso excepcional e sempre baixo a responsabilidade dos país e/ou representantes legais,
na categoría A permitirase a participación aos maiores de 15 anos.
Dorsal 0: No caso das persoas que non estean interesadas na participación activa na carreira
pero sí queiran contribuir a que AVEMPO poida seguir loitando polos seus obxectivos, a
organización habilitará o seguinte número de conta: La Caixa 2100 5095 39 0200026946. Prégase
incluir “Dorsal 0” como concepto dos ingresos.
INSCRICIÓN
A cota de inscrición será de 5€ para tódalas categorías.
A inscrición farase efectiva cubrindo o Formulario de Inscrición que se atopa a disposición dos
interesados en:
▲ Sede de AVEMPO: sita en Rúa Camilo Veiga, nº44- Planta Baixa (Bouzas), Vigo.
▲ www.cronotec.es
Unha vez formalizada a inscrición, o abono da cota poderase realizar:
▲ En efectivo na sede de AVEMPO
▲ A través das opción de pago que ofrece www.cronotec.es
* Especificacións sobre a inscrición de menores de idade:
A participación dun menor na carreira esixirá, ademáis, que os seus representantes legais
presten o seu consentimento escrito. Dito documento poderá ser lido e asinado:
- Na sede de AVEMPO.
- Na recollida do dorsal o día da carreira.
Prazo de inscrición: do 22 de Outubro ao 20 de Novembro ás 15:00 h.
[
Go Back
]