Calendario
Info da proba

Cangas

03/12/2017 10:00 - 13:30
Regulamento XLIV TROFEO PEDESTRISMO CONCELLO DE CANGAS
Memorial Pepe Cordeiro
REGULAMENTO
1. O Club Atletismo Vila de Cangas, co patrocinio da Concellaría de Deportes do Ilmo. Concello
de Cangas , organizan o XLIV TROFEO DE PEDESTRISMO - Memorial Pepe Cordeiro, que terá
lugar o domingo, día 3 de decembro de 2017.
2. As categorías e horarios das carreiras é o seguinte:
- Minibenxamín (2011-12)
- Benxamín (2009-10)
- Alevín (2007-08)
- Infantil (2005-06)
- Cadete (2003-2004)
- Xuvenil / Junior (1999-00-01-02)
- ABSOLUTA: Senior / Veteráns A (+35 anos) / Vetaráns B (+45 anos)
CIRCUITO URBAN DA ALAMEDA VELLA
- 10.00 h: BENXAMÍN …………………….……………..……..................................………… 500 m.
- 10.15 h: ALEVÍN …………………………………………..…………............................……… 1.000 m.
- 10.30 h: INFANTIL ………………………………….………….……..................…....………… 1.500 m.
- 10.45 h: MINIBENXAMÍNS ………………………………………...…....................…….……. 250 m.
- 11.00 h: CADETE MULLERES …………………………………………..…......................…. 2.000 m.
- 11.15 h: CADETE HOMES …………………………………...........................……........… 3.000 m.
- 11.30 h: XUVENIL-XUNIOR................................................................................. 6.000 m.
- 12.00 h: ENTREGA TROFEOS

CIRCUITO PORTO ALDAN-CASCO URBAN DE CANGAS
- 12:00 h: CATEGORIA ABSOLUTA : (SENIOR - VETERÁNS - homes e mulleres):
Saída: Porto de Aldán / Meta: Estación de Autobuses ......... 10.000 m.
- 13.30 h: ENTREGA TROFEOS
Fundación Deportiva Municipal Concello de Cangas / Rúa Real, 29- 36940 Cangas (Pontevedra)
Tlf: 986 39 21 66 / fundacion.deportes@cangas.gal
3. INSCRIPCIÓNS:
XERAL ABSOLUTA.- Dispoñible ata as 23,59 horas do día 26 de novembro, cun coste de 10 € e regalo
de camiseta.
4. Os participantes que non dispoñan de chip amarelo en propiedade deberán pagar 1 € en concepto de
aluguer de chip, que deberán devolver unha vez finalizada a proba. No resto de categorías, a inscrición
é gratuíta.
- As categ. absolutas deben pagar con tarxeta de crédito habilitada para PAGO SEGURO POR INTERNET.
- Tódalas inscricións, incluidas as dos menores, formalizaranse na web: www.championchipnorte.com
- Non se admitirán inscricións fora das datas previstas para elo.
5. Para facilitar o traslado dos participantes a parroquia de Aldán, porase a disposición deles un servicio
de autobuses que sairán da Estación de Autobuses de Cangas dende ás 10.15 h ata ás 10.30 h, e que
terá un importe de 1 € a ingresar coa inscrición.
6. A organización habilitará un vehículo especial no Porto de Aldán para os participantes na carreira de
10.000 m., para o traslado das mochilas/bolsas ata a zona de meta en Cangas.
7. Os atletas participaran cos dorsais asignados pola Organización, quedando ven visible a súa
publicidade.
8. Será motivo de descalificación, entre outros, os seguintes aspectos: non realizar todo o circuito da
carreira, non levar dorsal ou manipular éste e falsificar datos persoais.
9. Otorgaranse trofeos ós tres primeiros clasificados en tódalas categorías, e asimesmo entregaranse
medallas do 4º o 10º clasificado nas categorías minibenxamín / benxamín / alevín e infantil.
10. Na categoría de veteráns, haberá unha soa categoría, a excepción de que compitan máis de 20 atletas
en cada unha delas; nese caso, na entrega de trofeos, desdoblaranse en dúas categorías: +35 anos e
+45 anos.
11. Os dorsais deberán ser recollidos nos puntos establecidos pola organización, alo menos 45’ antes do
inicio da proba:
- CARREIRAS MENORES: Praza de Abastos de Cangas
- CARREIRAS ABSOLUTAS: Nave Deportes Naúticos de Aldán-Cangas.
12. As reclamacións sobre a Competición deberán facelas a organización do evento.
13. A Concellaría de Deportes do Concello de Cangas, , o Club Atletismo Vila de Cangas e os seus
colaboradores non se fan responsables sobre os posibles danos que con motivo da competición poidan
corresponder ante o seguro deportivo ou outra modalidade.
14. A inscripción neste XLIV Trofeo de Pedestrismo Ilmo. Concello de Cangas implica a total aceptación do
perceptuado no presente Regulamento.
Fundación Deportiva Municipal Concello de Cangas / Rúa Real, 29- 36940 Cangas (Pontevedra)
Tlf: 986 39 21 66 / fundacion.deportes@cangas.gal
15. PREMIOS EN METALICO.-
1º Xeral da proba absoluta homes : 300 € 1º Xeral proba absoluta mulleres : 300 €
2º Xeral da proba absoluta homes : 200 € 2º Xeral proba absoluta mulleres : 200 €
3º Xeral da proba absoluta homes : 100 € 3º Xeral proba absoluta mulleres : 100 €
16. Polo o solo feito de inscribirse, o participante declara o seguinte . “Atopome en estado de salud óptimo
para participar no Trofeo de Pedestrismo Concello de Cangas. Durante o desenrolo da competición
contribuiré no posible coa Organización para evitar accidentes persoais. Autorizo ademais a que a
Organización faga uso publicitario de fotos, video e calqueira outro tipo de material audiovisual no que
poida figurar, aceptando a publicación do meu nome na clasificación da proba, nos medios de
comunicación e/ou internet, sin esperar pago, compensación ou retribución algunha por este
concepto”.
Cangas, a 25 de setembro de 2017