Calendario
Info da proba

Ourense San Silvestre

31/12/2017 16:00 - 17:30
Regulamento REGULAMENTO SAN SILVESTRE OURENSÁ 2017
ARTIGO 1 - Organización
O Consello Municipal de Deportes do Concello de Ourense organiza a San Silvestre
Ourensá que se celebrará polas rúas da cidade o domingo 31 de decembro de 2017.
Esta proba está incluída no calendario oficial de competicións da Federación Galega
de Atletismo e estará controlada polo Comité Galego de Xuíces e Cronometradores
da Federación Galega de Atletismo - Delegación en Ourense.
ARTIGO 2 - Participantes
Poderán participar nesta proba atletas federados e atletas populares. Realizarase
unha clasificación conxunta.
A participación de atletas estranxeiros e doutras federacións autonómicas, rexerase
polas normas recollidas na Circular RFEA 145/2017
ARTIGO 3 - Categorías
Establécense as seguintes categorías:
Pitufos. Nados/as no ano 2010 e posteriores.
Sub10. Nados/as nos anos 2009 e 2010.
Sub12. Nados/as nos anos 2007 e 2008.
Sub14. Nados/as nos anos 2005 e 2006.
Sub16. Nados/as nos anos 2003 e 2004.
Sub18. Nados/as nos anos 2001 e 2002.
Sub20. Nados/as nos anos 1999 e 2000.
Sub23. Nados/as nos anos 1996, 1997 e 1998.
Senior. Nados/as nos anos 1995 e anteriores.
Master A. De 35 a 44 anos. B. De 45 a 54 anos. C. De 55 a 64 anos. D. >65 anos.
Absoluta.
ARTIGO 4 – Horario
Distancias e horarios:
HORA CATEGORÍA CIRCUÍTO DISTANCIA
16:00 Pitufos Xardín do Posío 70 m.
16:10 Sub10 – Sub12 1 Volta Pequena 1,5 Km.
16:25 Sub14 – Sub16 1 Volta Grande 2,5 Km.
16:45 Absoluta 2 Voltas Grandes 5 Km.
17:30 Peche Control
ARTIGO 5 – Percorrido
A saída e meta estará sita no Xardín do Posío.
Percorrido: Xardín do Posío - Rúa Padre Feijoo - Rúa Colón - Praza Maior - Rúa
Barreira - Rúa Burgas - Rúa Desengaño - Avenida de Pontevedra - Rúa Lamas Carbajal
- Rúa do Paseo - Rúa Concordia - Rúa Santo Domingo - Praza do Ferro - Rúa dos
Fornos - Rúa Unión - Praza do Trigo - Rúa Hernán Cortés - Rúa Prieto Nespereira -
Rúa Lugo - Xardín do Posío.
A organización poderá modificar este percorrido, total ou parcialmente, por razóns
de seguridade.
ARTIGO 6 - Inscricións
As inscricións estarán abertas o 7 de decembro ata o 27 de decembro de 2017 ás
20:30 h.
A inscrición realizarase unicamente a través da web www.carreirasgalegas.com.
O custe da inscrición e de 5€ para as categorías Sub18, Sub20, Sub23, Senior e
Máster, para o resto de categorías a inscrición será gratuíta.
ARTIGO 7 – Dorsal 0
De xeito voluntario, cada participante ten a opción de facer unha doazón “Dorsal 0”
que irá destinada a Cruz Vermella Ourense.
ARTIGO 8 – Retirada de dorsais e chips
A recollida de dorsais e chips terá lugar o sábado 30 de decembro de 2017. A
organización comunicará o lugar e horario aos inscritos/as por correo electrónico con
suficiente antelación.
NON se entregarán dorsais o día da carreira.
ARTIGO 9 - Premios
Todos/as os/as participantes das categoría Pitufos, Sub10, Sub12, Sub14 e Sub16
recibirán unha medalla ao rematar a súa proba.
Os tres primeiros clasificados da categoría absoluta, homes e mulleres, recibirán un
trofeo.
ARTIGO 10 - Descualificacións
Todo participante que non entre na liña de meta co dorsal ben visible colocado na
zona do peito ou que incumpra as normas establecidas no regulamento da
Federación Galega de Atletismo e da RFEA referente a probas en ruta, será
descualificado.
Na proba absoluta, a organización establece un peche de control 45’ despois da
saída.
ARTIGO 11 - Asistencia
Non está permitido o acompañamento na proba de ningún vehículo alleo a
organización. Nin bicicletas, patíns ou persoas non inscritas que poidan acompañar,
avituallar ou marcar ritmos ós participantes. Non se permite a participación con
coches ou cadeiras de nenos, nin correr acompañados destes en ningún momento.
A organización recomenda aos participantes, pola súa seguridade, que NON
participen con dispositivos reprodutores de música con auriculares.
ARTIGO 12 - Reclamacións
As reclamacións aos resultados oficiais, deberán formularse verbalmente ó Xuíz
Arbitro da Competición non máis tarde de 30 minutos despois da publicación dos
mesmos.
ARTIGO 13 – Asistencia médica e seguros
A organización contará con servizos médicos e ambulancia na zona de saída/meta
desde unha hora antes do comezo das probas e ata media hora despois da
finalización.
Os servizos médicos e o Xuíz Árbitro da competición están facultados para retirar da
carreira a calquera participante que manifeste un mal estado físico durante o
desenvolvemento da mesma.
Todos/as os/as participantes estarán amparados por unha póliza de Responsabilidade
Civil e accidentes deportivos, que cubrirá os accidentes que se produzan como
consecuencia directa do desenvolvemento da proba. Quedan excluídos os casos
derivados dun padecemento latente, imprudencia ou inobservancia das leis, da
normativa da competición, etc. Tamén quedan excluídos os casos producidos polo
desprazamento ao lugar da competición ou desde o mesmo. A inscrición implica ler,
entender e adquirir o compromiso que a continuación se expón: Certifico que estou
en bo estado físico. Eximo de toda responsabilidade que da participación no evento
puidese derivarse, á organización, patrocinadores comerciais, empregados e demais
organizadores. Coa realización da inscrición, todo/a participante cede os seus
dereitos de imaxe á organización, que utilizará as imaxes de acordo coa Lei de
Protección de Datos.
ARTIGO 14 – Aceptación do regulamento
Todos/as os/as participantes, polo feito de inscribirse e tomar a saída na carreira,
aceptan o presente regulamento, e no caso de dúbida ou de xurdir algunha situación
non prevista no mesmo, resolverase de acordo ao que dispoña o Comité Organizador
e polas normas da FGA, RFEA e IAAF en vigor.
Esta proba pertence ao Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e
mediante a súa inscrición o corredor consente expresamente que os seus datos
básicos sexan cedidos a esta entidade para a tramitación, ante a compañía de
seguros, dos seguros obrigatorios de accidentes e Responsabilidade Civil así como a
xestión da licenza de día de ranking popular e probas de ruta. En todo caso e tal
como establece a lei de Protección de Datos, o interesado pode exercer no futuro os
seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante escrito ou
correo electrónico á Federación Galega de Atletismo. Avenida. de Glasgow, 13, C.P.
15008, A Coruña