Calendario
Info da proba

Vila de Cruces San Silvestre

31/12/2017 17:00 - 18:00
Regulamento REGULAMENTO DA “III SAN SILVESTRE SOLIDARIA” DE
VILA DE CRUCES
31 de Decembro de 2017
1º- O Concello de Vila de Cruces, organiza a “ III San Silvestre Solidaria” de Vila
de Cruces , que terá lugar o Domingo 31 de Decembro de 2017. Trátase dunha
proba de carreira a pé non competitiva e non federada que pretende o disfrute da
actividade física.. Conta con 2 percorridos, un de 350 m. e outro de 2 km.
2º- No percorrido de 2 km haberá a posibilidade de facer 2 voltas completando un
total de 4 km de distancia.
3º.- Poderán participar todos aqueles deportistas maiores de idade (ou menores de
idade con autorización paterna) que acepten e cumpran as condicións
regulamentarias da proba e que se inscriban no xeito e prazos precisos.
4º.- O prazo de inscrición permanecerá aberto dende o día 18 de Decembro de 2017
ata o 30 de Decembro do 2017, ou unha vez inscritos un total de 100 participantes.
Para facer efectiva a inscrición será necesario inscribirse na páxina
www.emesporst.es, ou no concello de Vila de Cruces entre as datas sinaladas.
5º- Como especificamos no punto 1 deste regulamento, esta proba é non
competitiva polo que non haberá cronometraxe nin clasificación final, xa que o
obxetivo que persegue é o fomento da actividade físico-deportiva entre a
poboación, así como axudar nestas datas as familias máis necesitadas e con menos
recursos.
6º- A inscripción de dita proba é gratuita, so é obligatorio traer alimentos non
perecedeiros o día da proba, que haberá a posibilidade de depositalos na praza
“ Juan carlos I” na hora da saída da mesma.
7º.- A saída da proba será as 17:00 horas para o circuito de 350 m. e as 17:15
para o circuito de 2 km do Concello de Vila de Cruces “Juan Carlos I”.
8º- O percorrido da carreira será circular, como expuxemos nos puntos anteriores e
haberá 2 circuitos.
1º- 350 m. para os nacidos no ano 2006-2007 e posteriores
2º 2 km para os nacidos 2004-2005 e anteriores.
9º- Haberá premios para a vestimenta mais orixinal:
- Premio ó mellor disfraz individual e grupal (Infantil)
- Premio ó mellor disfraz individual e grupal (Senior)
10º.- O percorrido da carreira será polo casco urbano de Vila de Cruces, dito
percorrido estará cerrado o tráfico durante o periodo da mesma, ainda así
recomendamos a tódolos participantes ter prudencia por se algún vehículo salta
calquera sinalización que estea colocada para o corte da circulación.
11º.- A “III San silvestre solidaria do Concello de Vila de Cruces”contará con
servizo de ambulancia para calquera incidente que se poida producir durante a
realización da proba, así como con un seguro de accidentes deportivos. A
organización non se fará responsable dos accidentes, nos que puidera ser causa, a
neglixencia dos participantes.
12º- Ó remate da proba haberá unha chocolatada gratuíta para tódolos participantes.
13º.- O feito de inscribirse na proba suporá a TOTAL aceptación das bases que
conforman este regulamento.