Calendario
Info da proba

Trail Orixes Mondariz

11/11/2018 8:00 - 17:00
Regulamento A Asociación Deportiva Mondariz organiza o II TrailOrixesMondariz , a proba por montaña consta de tres distancia; Maratón, Trail, Minitrail que percorren os montes que rodean o Val do Tea en Mondariz.

Trail Orixes Mondariz nace co propósito de dar a coñecer lugares de Mondariz que foron e son parte do modo de vida do pobo e forman parte dá contorna.





Máis info en:
[http://admondariz.org/gl/category/trail-running/]

Trail Orixes Mondariz

A Asociación Deportiva Mondariz organiza a II Trail Orixes Mondariz , o día 11 de novembro de 2018. A proba por montaña consta de tres distancia; Maratón 46km, Trail 26km, Minitrail 14km , que percorren os montes que rodean o Val do Tea en Mondariz.

O tipo de terreo polo que discorre a proba e variado, cunha dificultade técnica e física alta. A proba desenvolvese entre a media e baixa montaña acadando a cota máis alta de 886 metros de altitude.

DATOS TÉCNICOS:

Maratón 46km 4800 desnivel acumulados +/-, Trail 26km e 2400m aculados +/-, Minitrail 14km e 800m +/- acumulados

REQUISITOS:
Ser maior de idade no día da proba. (Minitrail a partir dos 14 anos)

Coñecer e aceptar as condicións desta regulamento.

Estar totalmente informado sobre o que é Trail Orixes Mondariz 2018 e dispor do coñecemento, experiencia, material e os niveis físicos e psicolóxicos necesarios para poder apoiar e superar os posibles problemas relacionados coa ultra-resistencia, desnivel, xeografía e o entorno salvaxe do evento, tales como: fatiga, problemas dixestivos, problemas músculo e articulacións, contusións, lesións menores, frío, choiva, neve, néboa, esvaróns,
calor … etc.

Realizar correctamente tódolos pasos e requisitos para a inscrición.

Data: 11 de novembro de 2018
Hora e lugar de saída: Dende as 07:15h as 17:00h, no o Campo da Minada (CPI Mondariz) Av. Grupo Escolar, 36870 Mondariz, Pontevedra

Inscripcións abertas na web championchipnorte

Establécense os seguintes períodos de inscrición, do 15 de xullo, o dia 7 de novembro as 23:59h, de 2018.

Prezos:
Maratón 46k: 19 a 27 euros

Trail 26k: 15 a 22 euros

Minitail 14k: 10 a 16 euros

Os prezos incrementaranse a medida que se aproxime a data do evento.

DISTANCIAS E DESNIVEIS:
MARATÓN: 46 km e 4.800 m desnivel +/- acumulado

O Trail “Orixes” Mondariz, discurrirá polo concello de Mondariz, cun percorrido de aproximado dúns 46 kilómetros e que conta cunha dificultade técnica e física considerada como Alta.

A saída está prevista para as 08:000 horas do día 11 de novembro de 2018, dende a Avenida Grupo Escolar, cunha duración estimada de 4:30 horas para os primeiros participantes e unha duración máxima de 9h, limitados polas horas de luz. A organización conta con varios puntos de corte.

TRAIL: 25 km e 2600 m denivel +/- acumulado

O percorrido do Trail de 26km comparte percorrido coa primeira parte e parte media da Maratón. Ás 09:30 horas terá lugar a saída dende a Av Grupo Escolar, e contará con 4 avituallamentos. A maiores tódolos participantes contarán con un avituallamento en meta completo, máis un petisco quente, co que repor enerxías.

MINITRAIL: 14 km e 1000 desnivel +/- acumulado

A distancia MiniTrail forma pate da proba Orixes, e comparte percorrido coa distancia coa Maratón na súa parte final, con unha distacia de 14 Km.

A saída está prevista para as 11:00 horas do día 11 de novembro de 2018, dende a Avenida Grupo Escolar, cunha duración estimada de 1:30 horas para os primeiros participantes e contará cún avituallamento a metade da carreira.

A maiores tódolos participantes contarán con un avituallamento en meta completo, máis un petisco quente co que repor enerxías.

Trail Orixes Mondariz descorre por varias zonas de río, en caso de mal tempo a organización ten prevista varias modificacións no trazado, podendo aumentra ou diminuir as distancias notablemente, así coma a suspensión da mesma, para asegurar a integridade dos corredores. En caso de suspensión non se devolven os cartos das inscripcións.



AVITUALLAMENTOS E TEMPOS DE CORTE:
Consultar na web: [http://admondariz.org/gl/category/trail-running/]

Aqueles corredores que os excedan, deberán entregar o seu dorsal aos responsables do control e retirarse da proba ou chegar a meta por indicacións do punto de control.
A organización poderá realizar as modificacións que considere necesarias no percorrido, incluso a suspensión da proba, si as condicións meteorolóxicas así o aconsellasen, ou por outras causas de forza maior. O importe da inscrición non sería devolto.
Si fose necesario interromper e suspender a proba nun punto do percorrido, a clasificación determinarase segundo a orde e tempo de chegada no punto de interrupción ou, na súa falta, no último control realizado.
O número de avituallamentos será de oito. A maiores tódolos participantes contarán con un avituallamento en meta completo, máis un petisco quente co que repor enerxías.

VASOS E DESPERDICIOS

A organización non porá vasos nos avituallamentos polo que cada corredor é responsable de levar un recipiente para beber. O obxetivo é respetar o medio ambiente e minimizar o impacto medioambiental.

É obrigación de cada participante levar os seus desperdicios ata a meta ou lugares sinalados nos avituallamentos.

TROFEOS E CLASIFICACIÓNS

Entregaranse trofeos medadalla aos tres primeiros clasificados de cada categoría establecida, tanto masculinos como femininos. Os trofeos non son acumulativos, dando prioridade a categoría absoluta.

As categorías para a clasificación a efectos da II Carreira por Montaña Orixes Mondariz serán a seguintes:

Categoría absoluta: a partir de 18 anos cumpridos o ano de referencia.

Categoría sénior:
Masculina de 18 a 44 anos cumpridos o ano de referencia.
Feminina de 18 a 39 anos cumpridos o ano de referencia.

Sub categoría veterana :
Masculina a partir dos 45 anos cumpridos o ano de referencia.
Feminina a partir dos 40 anos cumpridos o ano de referencia

Categoría por equipos: sumaranse os 4 mellores tempos de cada equipo ou club.( A partir do día 8 de novembro, non se admitirán cambios nin incorporacións os equipos)

A idade a ter en consideración para toda a tempada será a que o participante teña o día 31 de decembro do ano da competición. En todas as categorías e sub categorías será necesario para validar a clasificación ter unha participación mínima de 4 competidores. Polo que por baixo de devandito número non haberá protocolo de entrega de premios en devanditas categorías e sub categorías.
Os menores de idade a partir de 14 anos só poderán participar na distancia Mini Trail e deberán entregar unha autorización asinada pola nai/pai ou titora/titor e acompañados na recollida de dorsais e durante o percorrido.

HORA DE ENTREGA

Minitrail e Trail 14:00h
Maratón: 17:00h (por determinar, en función de como se completen as diferentes categorías)
A ausencia do gañador dun trofeo no acto de entrega destes, entenderase como renuncia aos trofeos ou premios conseguidos. Toda delegación noutra persoa para a recollida dos trofeos e premios, deberá ser coñecida e autorizada pola Organización, coa suficiente antelación.
RECOLLIDA DE DORSAIS E CHARLA TÉCNICA

Día previo: lugar Biblioteca Pública Municipal de Mondariz Xoán Xosé Pérez Labaca, rúa Merouces, 18 Mondariz, 36870, o sábado 10 de novembro as 18:00h ata as 20:00h.
Charla técnica terá lugar no centro social de Mondariz o sábado 11 de novembro as 19:00h.
– Día da carreira: terá lugar na zona de saída dende as 7:15h ata as 10:00h, (as distancias 46km e 25km, pechan a recollida de dorsais 15minutos antes de cada saída)
PERSOAS NON INSCRITAS

Toda persoa que corra sen estar inscrita, faino baixo a súa responsabilidade, non estará cuberta pola Organización. Se é advertida a súa presenza instaráselle a abandonar o circuito.

SERVICIOS SANITARIOS E SEGURO DE ACCIDENTES

A Organización disporá dun servizo médico formado por un médico, un enfermeiro e unha ambulancia, situados na zona de saída e chegada.
A Organización dispón dun seguro de responsabilidade civil segundo a lexislación vixente.
Así mesmo, tódolos participantes non federados, disporán dun seguro de accidentes, por lesións, soamente para o día da carreira, contratado pola organización.
OUTROS SERVICIOS

A Organización dispón dun servicio de duchas, que se atopará no CPI Mondariz e campo da Minada, un servicio de garda roupa que estará nun lugar da saida/meta.

Nota: preguntas, suxerencias ou incidencias, realizarase formalmente por correo electrónico, para garantizar unha correcta e eficaz comunicación . As redes sociais son informativas.
CONTACTO

Email:

trailorixesmondariz@gmail.com
asociaciondeportivamondariz@hotmail.com
web:

http://admondariz.org/gl/

SIguenos en RRS:

[https://www.facebook.com/TrailOrixesMondariz/?ref=bookmarks]

[https://www.instagram.com/trailorixes/]

[https://www.facebook.com/asociaciondeportivamondariz/]

[https://www.instagram.com/admondariz/
MAPA MARATÓN]