Calendario
Info da proba

Rianxo

01/11/2018 11:00 - 13:30
Regulamento VI CARREIRA POPULAR CONCELLO DE RIANXO
Artigo 1.
O Concello de Rianxo e o Club Atletismo Rianxo organizan a VI Carreira Popular
Concello de Rianxo, o xoves 1 de novembro de 2018. A proba está incluída no
Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e nos seguintes circuítos:
• VI Circuíto Provincial de Carreiras Populares, promovido pola Deputación da
Coruña.
• III Circuíto Carreiras Populares Arousa Norte, promovido e organizado polos
Concellos que forman parte da Mancomunidade Arousa Norte: Boiro, Rianxo, A
Pobra do Caramiñal e Ribeira.
Artigo 2.
Poderán participar atletas federados e non federados; haberá unha clasificación conxunta.
O control da carreira estará a cargo do Comité de xuíces da Federación Galega de
Atletismo.
Artigo 3. Categorías
• Xoubas 2014-2015-2016. 3 saídas, agrupadas por ano de nacemento.
• Sardiñas 2012-2013.
• Benxamín (sub 10) 2010-2011.
• Alevín (sub 12) 2008-2009.
• Infantil (sub 14) 2006-2007.
• Cadete (sub 16) 2004-2005.
• Xuvenil (sub 18) 2002-2003.
• Júnior (sub 20) 2000-2001.
• Promesa (sub 23) 1997-1998-1999.
• Sénior de 1996 ata veterano/a 1.
• Veterano/a 1 de 35 a 40 anos.
• Veterano/a 2 de 41 a 49 anos.
• Veterano/a 3 de 50 a 59 anos.
• Veterano/a 4 de 60 anos en diante.
Artigo 4. Distancias e horarios
Categoría Distancia Horario Percorrido Nº voltas
Xoubas 100 m. 10:45 h. Amarelo – 100 m. 1
Sardiñas 500 m. 11:00 h. Verde – 500 m. 1
Benxamín - Sub 10 1.000 m. 11:10 h. Verde – 500 m. 2
Alevín - Sub 12 1.500 m. 11:25 h. Azul - 750 m. 2
Infantil - Sub 14 2.250 m. 11:40 h. Azul – 750 m. 3
Cadete - Sub 16 6.600 m. 12 h.. Vermello 2
Xuvenil -Sub 18
Júnior - Sub 20
Promesa - Sub 23
Sénior
Veteranos/as
10.000 m. 12 h. Vermello 3
Artigo 5. Lugar de saída e percorrido
Saída e chegada
Praza Castelao
Establécense 4 percorridos, aos que se darán as voltas indicadas na táboa de distancias.
1. Percorrido amarelo: 100 m.
2. Percorrido verde: 500 m.
3. Percorrido azul: 750 m.
4. Percorrido vermello: 3.333 m.
Artigo 6. Inscricións
Prazo:
Ata o luns 29 de outubro de 2018 ás 24 h. Non se aceptarán inscricións fora de prazo ou
con datos incompletos.
Onde:
emesports.es
Prezo:
Os prezos de inscrición aprobaranse na Xunta de Goberno Local do Concello de Rianxo.
• Gratuíto para as categorías de xoubas a cadete (Sub 16).
• 6 € nas categorías xuvenil (Sub 18), júnior (Sub 20), promesa (Sub 23), sénior e
veteráns.
Límite prazas: Haberá un límite de 500 inscritos na categoría absoluta (xuvenís e
posteriores).
Artigo 7. Chips, cronometraxe e retirada de dorsais e chips.
Retirada de dorsais:
Na Praza Castelao o mesmo día da proba a partir das 9 h. e ata o inicio da mesma. Os
participantes no Circuíto de carreiras populares Arousa Norte 2018, terán que achegarse
co seu dorsal de competición á zona de retirada de dorsais para recoller o agasallo de
participación.
Cronometraxe e control por chip
Agás os participantes nas categorías xoubas e sardiñas, os demais participantes estarán
controlados a través dun chip que se entregará a cada participante xunto co dorsal.
Artigo 8. Premios
A Clasificación e Premios do circuíto regúlanse no Artigo 7 do Regulamento do III
Circuíto de Carreiras Populares Arousa-Norte.
Na Carreira Popular Concello de Rianxo outorgaranse os seguintes:
Medallas
Medallas para todos os participantes (ata fin de existencias) nas categorías Xoubas,
Sardiñas, Benxamín, Alevín, Infantil e Cadete.
Trofeos
Trofeo para os tres primeiros/as corredores/as en cruzar a liña de meta na proba absoluta,
tanto en categoría feminina coma masculina.
Trofeo aos tres primeiros clasificados de cada categoría feminina e masculina.
Trofeo “Xosé Neira Hermida” ao primeiro e primeira corredor/a local.
Trofeo ao club con mais participantes.
Premios
Premio para os tres primeiros/as corredores/as en cruzar a liña de meta na proba, tanto
categoría feminina coma masculina, cos seguintes premios: 1º-150 €, 2º-100 € e 3º-50 €.
Agasallos
Os participantes nas categorías xuvenil (Sub 18), júnior (Sub 20), promesa (Sub 23),
sénior e veteranos recibirán un agasallo técnico.
Artigo 9. Servizos
Servizo de gardarroupa
Pavillón polideportivo de Rianxo.
Vestiarios e Duchas
Pavillón polideportivo (homes) e Piscina Municipal (mulleres).
Aparcadoiros:
Aparcadoiro Público Municipal (gratuíto), arredores do pavillón polideportivo e nas
inmediacións da zona portuaria.
Publicación Resultados
emesports.es
concelloderianxo.gal
carreirasgalegas.com
Artigo 10. Outras consideracións
Non estará permitido o acompañamento dos participantes mediante o uso de vehículos de
apoio. A non observancia desta norma implicará a descualificación dos atletas
acompañados.
O dorsal deberá ser colocado visiblemente na parte dianteira do/a corredor/a, sen poder
facer ningunha modificación no mesmo.
A organización e os seus colaboradores non se fan responsables dos danos morais ou
materiais que a si mesmos ou a outras persoas ocasionen os participantes nas carreiras.
A organización da proba reservarase a facultade de decidir sobre calquera aspecto ou
circunstancia non contemplada neste regulamento.
En caso de cancelación do evento por causas alleas a organización, non se devolverá o
importe da inscrición.
Artigo 11. Aviso Legal
L.O.P.D.
Todos os corredores/as ó realizar a inscrición aceptan a publicación do seu nome e imaxe
nas clasificacións, medios de comunicación e/ou internet.
NOTA
Este circuíto pertence ao Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e
mediante a súa inscrición o corredor consente expresamente que os seus datos básicos
sexan cedidos a esta entidade para a tramitación, ante a compañía de seguros, dos
seguros obrigatorios de accidentes e Responsabilidade Civil así como a xestión da licenza
de día e ranking popular de probas de ruta. En todo caso e tal como establece a lei de
Protección de Datos, o/a interesado/a pode exercer no futuro os seus dereitos de acceso,
rectificación, cancelación e oposición mediante escrito ou correo electrónico á Federación
Galega de Atletismo. Avenida de Glasgow ,13 - 15008 A Coruña.
Todo o non reflectido no presente regulamento rexerase polas normas vixentes da FGA e
RFEA.