Calendario
Info da proba

Ó Burgo

11/11/2018 10:30 - 12:00
Regulamento CARREIRA E ANDAINA SOLIDARIAS POLO PARKINSON
REGULAMENTO
1/ A asociación Parkinson Galicia Coruña organiza, en colaboración co Concello de Culleredo e
coa asociación Castelo Deporte, unha carreira prevista para o domingo 11 de novembro de 2018.
2/ DENOMINACIÓN
A proba recibe a seguinte denominación: “II Carreira e andaina solidaria polo parkinson”.
3/ DATA E LUGAR
A proba celebrarase o domingo 11 de novembro no Paseo Marítimo da Ría do Burgo, no termo
municipal de Culleredo, con saída e meta nas instalacións situadas ao pé da ría, na zona das
pistas polideportivas.
4 / CATEGORÍAS
Establécense unha categoría única para a carreira, que se desenvolverá de xeito paralelo a unha
andaina popular nun circuíto anexo.
5 / HORARIOS
A Carreira e andaina solidaria polo parkinson consta de dúas distancias para cada unha das
probas:
Andaina 2 km. 10.30 horas
Carreira 9 km. 10.30 horas
6 / INSCRICIÓNS
Permanecerán abertas ata o 6 de novembro ás 23.59 horas na web www.emesports.es; o prezo
da mesma será de 8 euros, agás para os nenos menores de 13 anos, que contarán cun prezo
reducido de 3 euros.
7 / PREMIOS
Entregaranse trofeos aos tres primeiros clasificados das categorías masculina e feminina.
8 / DORSAIS E CRONOMETRAXE
A proba estará cronometrada pola empresa Emesports. Os chips de cronometraxe entregaranse
aos participantes xunto co dorsal, e se poderán recoller en Decathlon Oleiros do 8 ao 10 de
novembro, en horario comercial.
9 / AVITUALLAMENTOS
Para a carreira, situarase un punto de avituallamento intermedio (xusto debaixo da Ponte da
Pasaxe, no cambio de sentido do circuíto), e na zona de saída e meta. Polos dous puntos os
participantes pasarán en dúas ocasións. No caso da andaina haberá un avituallamento na meta.
10 / CAMISETAS
Cada participante terá acceso, coa inscrición, a un kit do corredor, que incluirá unha camiseta
conmemorativa.
11/ SERVIZOS
Ademais de contar cos servizos dunha ambulancia medicalizada presente na zona de meta, os
participantes estarán cubertos polo correspondente seguro de accidentes da proba