Calendario
Info da proba

Dumbría

25/05/2019 17:00 - 20:00
Regulamento V CARREIRA PEDESTRE CONCELLO DE DUMBRÍA
CATEGORÍA IDADES DISTANCIAS HORARIOS
Pitufo Mixto 2012– 2016 (ambos incluídos) 150-300 m. (aprox.) 18,15 h
Benxamín Masculino 2010-2011 1000 m. (aprox.) 17,00 h Feminino
Alevín Masculino 2008-2009 1000 m. (aprox.) 17,15 h Feminino
Infantil Masculino 2006-2007 2000-4000 m. (aprox.) 17,32 h Feminino
Cadete Masculino 2004-2005 2000-4000 m. (aprox.) 17,32 h Feminino
Xuvenil* Masculino 2002-2003 2000-4000 m. (aprox.) 17,32 h Feminino
Absoluta 3K
Contra o Cancro
Masculino
2001 (incluído) e anteriores 2000-4000 m. (aprox.) 17,30 h Feminino
Sénior 10K Masculino 1980-2001 8.000 - 10.000 m. 18,35 h Feminino
Veteranos M40 Masculino 1970-1979 8.000 - 10.000 m. 18,35 h Feminino
Veteranos M50
Masculino
1969 (incluído) e anteriores 8.000 - 10.000 m. 18,35 h
4. PERCORRIDOS IV CARREIRA PEDESTRE CONCELLO DE DUMBRÍA
4.1 Carreira Benxamín: 1.000 m. Aproximadamente (17,00 h.)
A) Benxamíns: 2010-2011 : Hora de comezo 17,00h.
Percorrido: Saida e chegada dende as Instalacións deportivas do Conco, distancia
aproximada 1.000m.
Tipo de superficie, Asfalto 80%, camiño de terra 20%.
Ojo morado Alevín: 2008-2009: Hora de comezo 17,15h.
Percorrido: Saida e chegada dende as Instalacións deportivas do Conco, distancia
aproximada 1.000m. O circuito Benxamín e Alevín é o mesmo para as duas
categorias.
4.2 Carreira 3K Contra o Cancro (categorías Absoluta, Xuvenil, Cadete
e Infantil): 3.000 m aproximadamente (17,30 h.)
c) Infantil (2006-2007) Cadete (2004-2003)Xuvenil (2002-2003) e Absolutos 3K Contra o
Cancro 2001 e anteriores , é dicir, que cumpran 18 anos ou máis en 2018 ás 17,30h. Nesta
distancia. a categoria absoluta efectuará a saida as 17,30h e seguidamente 2 minutos máis
tarde o resto das categorias ( Infantil, Cadete e Xuvenil).
Percorrido: Saida dende as Instacións deportivas, estrada de Dumbría, Cheo, Carizas,
CamiñoXacobeo, Albergue e meta.TIPO SUPERFICIE: Mixta, asfalto 70%, cross
15%, camiños de terra 15%. 30 minutos para rematar o percorrido.
4.3 CARREIRA PITUFOS: 150 m aproximadamente
Pituf@s 2012 - 2016 (ambos incluidos ) Hora de comezo18,15h.
Percorrido: Parte posterior das Instalacións deportivas. 150m. Superficie asfalto.
4.4 Carreira 10K (categorías Sénior, M40 e M50) HORA 18,35H.
Absoluta 10k Hora: 18,35 h. Tempo máximo de remate da proba 1h e 20´.TIPO
SUPERFICIE MIXTO: Asfalto 70%, camiños de terra 15%, cross 15%.
Percorrido: Instalacións deportivas, estrada de Dumbría, colexio, Concello,
Cemiterio de cores, Cheo, Carizas, CamiñoXacobeo. 2 VOLTAS.
F.1) Sénior: 1980-2001 (incluidos)
F.2) VeteránM40: 1970-1979(incluídos)
F.3) Veterán M50:1969 (incluído) e anteriores
5. NORMATIVA XERAL E DE SEGURIDADE da V Carreira Pedestre Concello de
Dumbría.
5.1. Todas as probas incluídas no programa do circuíto de carreiras populares “Correndo pola Costa
da Morte” rexeranse pola regulamentación de Seguridade Víal do Estado e da Comunidade
Autónoma de Galicia, que establece os requisitos esixidos para a celebración de probas deportivas
na vía urbana (Real Decreto 1428/2003 do 21 de novembro, publicado no BOE nº 306 do 23 de
decembro de 2003 sobre a ocupación da vía pública; e o Real Decreto 849/1993 do 4 de xuño de
2003, sobre a contratación do seguro de responsabilidade civil e de accidentes).
5.2. Cada proba estará subscrita ao seguro de responsabilidade civil do concello onde se realice,
ou da Federación Galega de Atletismo. Tamén contará cun seguro de accidentes que terá as
coberturas mínimas esixidas no Real Decreto 849/199.
5.3. Así mesmo todas as probas contarán cun servizo médico-sanitario, que constará dunha
ambulancia e un médico para aquelas probas que non superen os 750 participantes.
5.4. A organización da proba resérvase o dereito a modificar horarios e ou percorridos, así como
aprazar ou suspender a carreira se así o estima oportuno por razóns de seguridade.
5.5. No caso de que para o día de celebración da proba se decrete unha alerta laranxa a proba será
suspendida automaticamente. Buscarase unha data adecuada para desenvolvela e non se
devolverán os cartos da inscrición.
5.6. Os atletas que durante o transcurso da proba, circulen por fóra do espazo delimitado polos
vehículos de sinalización de inicio e fin de carreira, considéranse a todos os efectos usuarios
normais da vía.
5.7. Toda persoa que corra sen estar inscrita, farao baixo a súa responsabilidade e non poderá
participar de trofeos nin obsequios. Tampouco estará amparada polos seguros da proba.
5.8. Poderanse efectuar reclamacións ante o Xuíz Árbitro da proba. A participación é libre e leva
implícito a aceptación do Regulamento Xeral da proba. Todo o non previsto neste regulamento
resolverase de acordo, por esta orden, as normas da F.G.A., RFEA e I.A.A. F. en vigor.
5.9. O Concello de Dumbría, porá a disposición dos participantes na carreira, as instalacións
deportivas Municipais, para que se podan cambiar e duchar. Así mesmo tamén porá a disposición
dos corredores un servizo de garda roupa no mesma instalación.
5.10. Os únicos vehículos que poderán seguir a proba, serán os autorizados pola organización.
5.11. Os e as participantes adultos recibirán un agasallo conmemorativo no momento da recollida
dos dorsais. O feito de estar inscrito no Circuíto non implica que se teña dereito a ningún tipo de
agasallo.
5.12. Os e as corredores de circuíto que non confirmen a asistencia dentro dos prazos establecidos
implica que ese corredor ou corredora non terá dereito á camiseta conmemorativa da proba, aínda
que si poderá correr. Agás na primeira proba do circuíto, é dicir, VII Carreira Pedestre Concello de
Camariñas. No proceso de inscrción non se pide a talla, polo tanto non se garantirá a talla.
5.13. Descualificacións
5.13.1. O servizo médico da competición está facultado para retirar durante a proba a calquera
atleta que manifeste un mal estado físico.
5.13.2. Todo atleta que non realice o percorrido completo.
5.13.3. O atleta que manifeste un comportamento non deportivo ou se reitere en protestas
ante a organización.
6. DEREITOS DE IMAXE, USO DE DATOS E AUTORIZACIÓNS
Os deportistas inscritos comprométense a aceptar estritamente o presente regulamento e calquera
posible modificación.
Os menores inscribiranse na web www.championchipnorte.com, aportando (requisito), os datos dun
titor legal ou presentando un xustificante paterno-titorial. Adxúntase ao final deste regulamento.
A realización da inscrición implica ter lido, entendido e adquirido os compromisos que a continuación
se expoñen:
6.1. O atleta inscrito declara que está en bo estado físico e ten pasado os pertinentes
recoñecementos de saúde.
6.2. Calquera atleta con problemas médicos (alerxia, atencións especiais,...) deberá facelo constar
no reverso do dorsal da proba.
6.3. O atleta inscrito autoriza e acepta a publicación do seu nome e apelidos e a súa imaxe nas
clasificacións, medios de comunicación e internet,(…) para a promoción do deporte. Calquera
persoa inscrita poderá prohibir a utilización da súa imaxe previa solicitude expresa por escrito.