Calendario
Info da proba

Moeche

08/06/2019 18:00 - 20:00
Regulamento REGULAMENTO DA VI CARREIRA POPULAR DE MOECHE
1. ORGANIZACIÓN:
O Concello de Moeche organiza a VI Carreira Popular de Moeche. A proba terá
lugar o Sábado 8 de Xuño de 2019 dende as 18:00 horas, con saída e chegada nas
inmediacións do Recinto Feiral e discorrerá polas vías do Concello de Moeche.
Haberá control técnico por parte da organización en todas as categorías.
Para levar a cabo esta carreira cóntase coa colaboración da Deputación da
Coruña, Protección Civil, Lácteos Moeche, Supermercado O Cruce, Supermercado
Moeche e Supermercado Ubaldo.
2. PARTICIPACIÓN:
A proba estará aberta a todos/as os/as atletas, federados ou non, sen distinción
de sexo ou nacionalidade, que posúan unha condición física mínima para poder
completar o seu percorrido.
3. CATEGORÍAS E ORDE DE SAÍDA:
CATEGORÍA ANO NACEMENTO DISTANCIA SAIDA
1 Pitufos M/F 2015-2016-2017 100 m 18:00
2
Prebenxamín
M/F
2012 – 2013 - 2014 300 m 18:10
3 Benxamín M/F 2011-2010 500 m 18:20
4
Alevín M/F 2009-2008
1000 m 18:30
Infantil M/F 2007-2006
5 Cadete M/F 2005 - 2004 – 2003 - 2002 2000 m 18:40
6 Absoluta M/F 2001 e
anteriores
Senior M/F:
2001-1985
6700 m 19:00
Veterán A
M/F:
1984-1968
Veterán B
M/F:
1967 e
anteriores
4. INSCRICIÓNS:
 A inscrición será gratuíta para os/as atletas das categorías menores (nados no
ano 2002 ou posteriores) e de 4 € para os/as atletas da categoría absoluta
(nados no ano 2001 ou anteriores) ; e poderá realizarse a través da páxina
web da empresa de servizos deportivos www.galitimng.com.
Calquera dúbida ou máis información serán atendidas no teléfono 639417975
ou por correo electrónico: daniel.feijoo@moeche.gal.
 O prazo de inscrición rematará o Xoves 6 de Xuño ás 23:59 h.
CARREIRA CATEGORÍA ANO NACEMENTO DISTANCIA SAIDA
1 Pitufos M/F 2015-2016-2017 100 m 18:00
2
Prebenxamín
M/F
2012 – 2013 - 2014 300 m 18:10
3 Benxamín M/F 2011-2010 500 m 18:20
4
Alevín M/F 2009-2008
1000 m 18:30
Infantil M/F 2007-2006
5 Cadete M/F 2005 - 2004 – 2003 - 2002 2000 m 18:40
6 Absoluta
 Límite de prazas: 350
 Non se admitirán inscricións fóra do prazo.
 A inscrición da proba é persoal e intransferible.
 A realización da inscrición implica ter lido, entendido e aceptado o
regulamento da proba.
 A realización da inscrición inclúe un agasallo conmemorativo da proba.
 A proba estará controlada polo persoal da organización e a empresa de
servizos deportivos galitiming , que estarán capacitados para descualificar a
calquera atleta que incumpra o regulamento.
Protección de datos: Todos/as os/as corredores/as ao realizar a inscrición
aceptan a publicación do seu nome e imaxe na clasificación, medios de
comunicación, cartelería e/ou internet. Mediante a inscrición o corredor/a consinte
expresamente que os seus datos sexan empregados pola organización para
comunicacións acerca da súa actividade. En todo caso e tal e como establece a Ley
de Protección de datos, o interesado pode exercer os seus dereitos de acceso,
rectificación, cancelación e oposición mediante un escrito ou correo electrónico.
5. ENTREGA DE DORSAIS:
Os dorsais entregaranse o día da proba na zona habilitada pola organización
(nave do Mercado), ata media hora antes da saída de cada proba.
6. GARDARROUPA:
A organización habilitará un servizo de gardarroupa, pero non se responsabiliza
dos efectos depositados no interior das bolsas. Estará instalado na Casa de Concello.
7.. SPEAKER:
A proba estará amenizada polo Speaker Xalo Maira, quen dará ánimos a
todas/os as/os participantes.
8. SERVIZO DE DUCHAS:
A organización poñerá a disposición dos/as corredores servizo de duchas.
(Pavillón Municipal de Deportes).
8. PERCORRIDOS:
 A saída e meta situaranse diante da nave do Mercado do recinto feiral e as
diferentes carreiras realizaranse no entorno próximo arredor de toda a
localidade.
 É obrigatorio que os corredores leven durante toda a carreira o dorsal no peito,
debendo chegar á meta con el.
 En todas as carreiras haberá ciclistas abrindo e pechando o grupo de atletas.
 Na carreira de adultos, en caso de haber dobrados, estes deberán facilitar o
paso dos/as atletas máis rápidos botándose cara a esquerda do trazado.
 Nos tramos de dobre sentido de carreira, os/as corredores/as deberán ir pola
esquerda da calzada para non entorpecer o paso dos/as demais
corredores/as.
 O percorrido da categoría absoluta é maioritariamente sobre asfalto, con
pequenos tramos de herba e terra.
 As distancias sinaladas son aproximadas.
 A organización resérvase o dereito de realizar modificacións ou cambios no
percorrido se a seguridade o require; e na distribución das saídas dependendo
da cantidade de inscritos.
9. AVITUALLAMENTO:
Haberá servizo de avituallamento sólido e líquido ao final da proba por cortesía de
SUPERMERCADO MOECHE , SUPERMERCADO O CRUCE E SUPERMERCADO
UBALDO. En caso de que a temperatura sexa excepcionalmente alta para a época do
ano, habilitarase un avituallamento líquido no punto intermedio da carreira absoluta.
10. VEHÍCULOS:
Os únicos vehículos autorizados a seguir a proba son os designados pola
organización, que regularán o tráfico ao longo do percorrido. Queda totalmente
prohibido seguir aos corredores en coche, moto ou bicicleta, polo perigo que puidera
supoñer para os atletas, así como a participación de animais.
11. PREMIOS :
 A organización premiará aos tres primeiros/ras clasificados/as de cada
categoría Masculina e Feminina a partir da categoría Benxamín . Os primeiros
clasificados de cada categoría masculina e feminina tamén levarán como
agasallo un queixo doado por LÁCTEOS MOECHE.
 Os/as corredores da categoría Pitufos e Prebenxamin recibirán todos/as unha
medalla.
 Trofeo para o mellor Modestino e mellor Modestina (empadroados no Concello
de Moeche) en categoría absoluta.
 A entrega de trofeos realizarase unha vez remate a proba da categoría
absoluta.
13. SEGURO:
A proba conta cun seguro de accidentes para todos/as os/as corredores/as que
cubre os posibles danos e responsabilidade civil.
Esta carreira disporá de ambulancia medicalizada para atender posibles
incidencias.
Igualmente o atleta declara estar en condicións físicas óptimas para realizar dita
proba. Todos/as os/as participantes polo feito de inscribirse, aceptan o presente
regulamento i en caso de dúbida ou de surxir algunha situación non reflexada no
mesmo, acatarase o que dispoña o Comité Organizador da proba.
14. DESCUALIFICACIÓNS:
A proba estará controlada por técnicos da empresa de servizos deportivos
Galitimng e polo persoal do concello de Moeche; e estarán capacitados para
descualificar a calquera atleta que incumpra o regulamento ou mostre unha actitude
antideportiva e irrespetuosa contra participantes, organización, espectadores e
medioambiente.