Calendario
Info da proba

Carnota

21/04/2019 10:30 - 13:30
Regulamento REGULAMENTO DA VII CARREIRA
VIQUINGA CONCELLO DE CARNOTA
Nesta competición poden participar todas aquelas persoas que o
desexen, tanto nenos/as como adultos/as.
CATEGORÍA ANO DE NACEMENTO DISTANCIAS
Pitufos 2012 – 2015 300 m
Cativos I 2008 – 2011 1.000 m
Cativos II 2004 – 2007 3.000 m
Sénior 1970 - 2003 19.000 m
M50 1969 e anteriores 19.000 m
NORMATIVA XERAL
1. A carreira estará controlada mediante cronometraxe electrónica.
2. A proba para maiores de 16 anos terá unha distancia de 19.000
metros. Para os Pitufos, 300 metros; para os Cativos I, 1.000
metros e para os Cativos II, 3.000 metros.
3. A saída estará situada na Casa do Concello.
*Nota: os horarios non están libres de sufrir algunha modificación
se se presenta algún imprevisto de última hora. No caso de que
para o día da celebración da proba se decrete unha alerta laranxa,
a proba será suspendida automaticamente.
4. O comezo da carreira das categorías Sénior e M50 será ás 10:30
h, aproximadamente.
As categorías base correrán mentres se leva a cabo a carreira das
categorías Sénior e M50. Os Cativos II comezarán a súa carreira
ás 10:45 horas, os Cativos I ás 11:15 e os Pitufos ás 11:30 horas,
aproximadamente.
5. A organización da proba resérvase o dereito a modificar os
horarios ou o percorrido, así como a aprazar ou suspender a
carreira, se así o estima oportuno, por razóns climatolóxicas ou de
seguridade.
6. Os/as atletas que, durante o transcurso da proba, circulen por fóra
do espazo delimitado polos vehículos de sinalización de inicio e fin
de carreira considéranse, para todos os efectos, usuarios normais
da vía.
7. Toda persoa que corra sen estar inscrita farao baixo a súa
responsabilidade e non poderá participar de trofeos nin obsequios.
Tampouco estará amparada polos seguros da proba.
8. Cada participante toma parte na carreira baixo a súa
responsabilidade e ha de ter un nivel de condición física e saúde
suficiente para afrontala.
9. Debido ao carácter estritamente deportivo e popular da proba, non
se admitirán reclamacións. A participación é libre e leva implícita
a aceptación do Regulamento xeral da proba. O Concello de
Carnota non se fará responsable dos danos físicos, morais ou
materiais que ocasione a participación nesta carreira. Os aspectos
non recollidos neste Regulamento resolveranse segundo o criterio
da comisión organizadora, cuxas decisións serán inapelables.
10. A organización porá á disposición das persoas participantes un
servizo de ambulancia para os/as atletas que presenten algún
síntoma ou lesión durante a proba.
11. A organización non pode garantir a cobertura ao longo de todo o
percorrido.
12. Ofrécese un servizo de gardarroupa para todo aquel corredor ou
corredora que o precise. Estará situado na casa do concello.
13. A organización pon á disposición dos/das participantes na carreira
o Pavillón Polideportivo Municipal de Carnota para que se poidan
asear.
14. O tempo máximo de duración da proba será de 2:00 h, a partir
da entrada en meta do primeiro corredor ou corredora. A partir
dese intre, os corredores e as corredoras que permanezan en ruta
deberán abandonala e non se garantirá a súa cobertura.
15. Existirá un posto de avituallamento intermedio, aproximadamente
no quilómetro 8, no que se habilitarán papeleiras para tirar os
residuos.
16. Está prohibido tirar desperdicios ou envoltorios ao longo da
carreira. No avituallamento haberá servizo de recollida de
desperdicios.
17. Os únicos vehículos que poderán seguir a proba serán os
autorizados pola organización.
18. En caso de retirada, avisarase ao persoal da organización.
19. Non se permite o acompañamento de animais.
20. Os/as participantes autorizan a organización a rexistrar total ou
parcialmente a súa participación mediante fotos, vídeos, televisión
ou calquera outro medio de difusión.
21. As categorías Pitufos, Cativo I e Cativos II participarán a prol da
campaña de Unicef(Gotas para Níxer). No momento da recollida
do dorsal, terán unha urna, na cal poden colaborar con calquera
tipo de donativo para esta campaña. Ademáis calquera persoa que
o desexe podrá colaborar nesta iniciativa co seu donativo.
INSCRICIÓNS
Os/as deportistas inscritos/as comprométense a aceptar estritamente
o presente regulamento e calquera posible modificación.
1. Para formalizar a inscrición deberase cubrir o formulario habilitado
na páxina web www.galitiming.com ou www.carnota.gal
2. Termos e prezos das inscricións:
▪ As inscricións efectuaranse na páxina www.galitiming.com
ou en www.carnota.gal e poderanse facer ata o mércores
17 de abril ás 23:59 h.
▪ A solicitude de inscrición para os/as deportistas menores de
idade deberá ir acompañada dunha autorización
paterna/materna, segundo o modelo establecido pola
organización. O dito modelo, que se pode descargar na páxina
web www.galitiming.com ou na páxina web do Concello
(www.carnota.gal), deberá imprimirse e presentarse
debidamente cuberto e asinado á hora de recoller o dorsal ou
no Departamento de Deportes do Concello de Carnota.
▪ O prezo de cada inscrición será de 5€.
▪ A inscrición para os/as atletas menores de idade será gratuíta.
▪ Non será posible formalizar inscricións fóra de prazo.
▪ En ningún caso se devolverá o importe da inscrición.
3. A entrega de dorsais abrirase ás 09:00 horas na Casa do
Concello e permanecerá aberta ata 15 minutos antes do inicio da
proba.
4. Calquera atleta con problemas médicos (alerxia, atencións
especiais, etc.) deberá facelo constar no reverso do dorsal da
proba.
5. As inscricións realizaranse nos lugares que se indican no
regulamento, dentro dos prazos sinalados. Quen non se axuste a
estas indicacións non poderá participar na proba.
CLASIFICACIÓNS, TROFEOS, MEDALLAS E A SÚA ENTREGA
1. Establécense os seguintes premios:
▪ Trofeo ou medalla aos/ás 3 primeiros clasificados e clasificadas
da categoría Sénior e M50.
▪ Trofeo ao/á mellor clasificado/a empadroado/a ou nado/a no
concello de Carnota.
▪ Medalla para todas as persoas participantes nas categorías
base. Na categoría Pitufos levarán medalla todos/as os/as
participantes. Nas categorías Cativos I e Cativos II, levarán
medalla todos/as os/as participantes, e subirán ao podio os/as
tres primeiros/as de cada unha destas categorías.
▪ Agasallo conmemorativo para todas as persoas participantes
na carreira.
2. As clasificacións da carreira poderán consultarse na páxina web de
Galitiming.
PERCORRIDOS E HORARIOS
SÉNIOR E M50
O percorrido e o track das categorías Sénior e M50 poderase consultar
en https://es.wikiloc.com/rutas-carrera-por-montana/carreiravikinga-2019-carnota-33303015