Calendario
Info da proba

A Guarda - Trail do Trega

24/11/2019 10:00 - 12:30
Regulamento REGULAMENTO
Artigo 1.- Organización
O concello da Guarda, en colaboración con NOKO deporte y Salud, organiza o próximo 24 de novembro a VI edición do TRAIL
DO TREGA
Artigo 2 -.A proba
O Trail do Trega é unha carreira con dúas diferentes distancias:
- Experience 12K (+650 metros) (LIMITE 200 PRAZAS)
-Advance 18K (+1100 metros) (LIMITE 200 PRAZAS)
-Andaina 12K (+650 metros) (LIMITE 100 PRAZAS)
A proba transcorrerá 100% polo monte Trega, un dos lugares máis visitados da xeografía galega A carreira non ten un desnivel
significativo pero o cambio de terreo constante, a orografía, climatoloxía farán que sexa unha proba dura e para a que se
necesita unha boa preparación.
A organización habilitará 2 avituallamentos no percorrido Advance e un no Experience 1 2K
Artigo 3 .-Regulamento
A inscrición á proba implica a total aceptación deste regulamento. O presente regulamento será de estrito cumprimento para
todos os participantes do Trail do Trega.
Artigo 4 .-Participación
Os participantes deberán respectar o medio no que se realiza a proba e manter limpo a contorna da mesma. Para iso deberán
comer e beber SEN DEIXAR NINGÚN ENVASE FÓRA DOS RECIPIENTES habilitados para tal uso. O INCUMPRIMENTO
DESTE PUNTO CARREXARÁ A DESCALIFICACIÓN INMEDIATA DO CORREDOR, podendo s er inhabilitado mediante un simple
testemuñ;o de calquera membro do equipo organizativo da Carreira.
A idade mínima de participación é de 18 anos cumpridos o mesmo día da proba, e non se permite a participación a ningún
atleta menor de idade. Está prohibído ir acompañado doutras persoas que non sexan participantes inscritos na proba.
O corredor do Trail do Trega deberá levar o dorsal facilitado pola Organización en todo momento, nun lugar visible (parte
pectoral dianteira) non podendo ser recortado, dobrado nin modificado. O INCUMPRIMENTO DESTE PUNTO, CARREXARÁ A
DESCUALIFICACIÓN INMEDIATA DO CORREDOR.
Artigo 5 .-A Carreira
O itinerario da carreira será sinalizado con cinta balizadora e señalética especîfica creada para a proba. O rutómetro da
mesma é o publicado na páxina web oficial da carreira (www.traildotrega.com).
Calquera cambio ou modificación no mesmo farase público polos mesmos medios.
O percorrido non estará pechado ao tráfico, polo que os deportistas deberán extremar as precaucións e respecta r o código de
circulación viaria. Durante o transcurso da carreira, os participantes deberán FACER CASO aos MEMBROS DA
ORGANIZACIÓN da proba en todo momento. O non cumprimento deste punto, implicará a descualificación inmediata. A proba
estará controlada de modo electrónico mediante o sistema de chip de MyLaps. Os participantes deberán portar o chip durante
todo o percorrido, situándoo na zapatilla do corredor, xa que no caso contrario, as lecturas dos tempos non se realizasen
correctamente.
Artigo 6 .-Inscrión
A inscrición ao Trail do Trega iniciarase a partir do 16 de setembro a través da páxina web da proba e finalizará o día 20 de
novembro e os prezos de inscrición serán de:
Experience 12K (+650 metros)
-10 euros do 16 de setembro o 30 de setembro 2019
-12 euros do 1 de outubro o 17 de novembro de 2019
-14 euros do 18 o 20 de novembro de 2019
Advance 18K (+1100 metros)
-14 euros do 16 de setembro o 30 de setembro 2019
-16 euros do 1 de outubro o 17 de novembro de 2019
-18 euros do 18 o 20 de novembro de 2019
Andaina 12K (+650 metros)
-5 euros do 16 de setembro o 20 de novembro de 2018.
A inscrición á proba inclúe:
- Dereito de participación.
-Seguro de accidentes e RC Bolsa do corredor.
-Peza ou obsequio participación.
-Servizo médico.
-Avituallamiento nos puntos habilitados.
Outros custos posibles: A proba se cronometrará co sistema de MyLaps, se non se posúe chip amarelo terase que alugar un
cun custo de 1 euro.
Artigo 7 .-Avituallamientos
A organización poñerá a disposición de todos os participantes de avituallamientos repartidos en todo o percorrido onde
poderán fornecerse de auga, isotónico, comida e froita, ademais doutros produtos postos pola organización.
Artigo 8 .-Dereitos de imaxe
A organización poderá utilizar as imaxes, vídeos e son dos participantes durante a proba, incluíndo momentos previos e
posteriores, desde a recollida de dorsais, entrega de premios e traslado dos participantes, para a promoción e difusión da
proba sen ningún límite temporal para utilizalos.
Artigo 9 .-Categorías
Tanto para distancia longa de 18k como a curta de 12k se establece:
-Absoluto (masculino e feminino)
-Sénior (masculino e feminino)
-Veteranos 40 (masculino e feminino)
-Veteranos 50 (Masculino e Feminino)
Establécese a categoría especial "empadroados na Guarda" cos tres primeiro@s.
Premios NON acumulables, salvo na categoría de empadroados na Guarda
Artigo 10 .-Cancelacións
Só se admitirán cancelacións á proba aos atletas inscritos que o comuniquen antes do 15 de novembro de 2019 ao mail con
info@noko.es. A devolución do importe será do 50% do importe pago pola inscrición.
Artigo 11 .-Servizo gardarroupa
A organización poñerá un servizo de gardarroupa para os participantes.
Artigo 12 .- Normas ambientais
A participación na proba implica o coñecemento e a aceptación destas normas de carócter especial para co medio ambiente: -
Unha parte da proba desenvólvese no interior de espazos protexidos que albergan unha flora e unha fauna sensible e
vulnerable e na que os participantes deben actuar con coidado e responsabilidade.