Calendario
Info da proba

Montes Couzadoiro-SUSPENDIDA

15/03/2020 9:30 - 14:30
Regulamento V CARREIRA DE MONTAÑA/ANDAINA "MONTES DE
COUZADOIRO 2020"
1) PRESENTACIÓN.
A Peña Ciclista Santa Marta, a Concellería de Deporte de Ortigueira, e a Asociación de
Veciños e Veciñas de Couzadoiro, organizan o domingo 15 de Marzo a V Carreira e Andaina
de montaña "Montes de Couzadoiro" .
As probas, tomarán a saída na zona da pista de fútbol sala da parroquia de Couzadoiro (Santa
Marta de Ortigueira) ás 9:30h da mañá.
Para ámbalas dúas competicións non se precisa posuír licenza federativa.
2) CARACTERÍSTICAS DA COMPETICIÓN, CARREIRA E ANDAINA.
● A carreira de montaña no formato Trail Longo celébrase sobre unha distancia
aprox. de 24kms, acumulando un desnivel positivo de 1200 metros.
● A carreira de montaña no formato Mini Trail, celébrase sobre unha distancia
aprox. de 12kms, acumulando un desnivel positivo de 900 metros.
● A andaina celébrase sobre unha distancia de 10kms aprox. e un desnivel
positivo de 800 metros.
● O percorrido estará debidamente sinalizado por puntos quilométricos, marcados con
cinta e / ou pintura ecolóxica ou carteis.
● Os participantes non poderán saír do percorrido marcado.
● A Organización poderá modificar o percorrido por causas alleas e/ou de forza maior.
● O peche de control será ás 14:30 horas.
Existirán tres postos de avituallamento ademais do disposto na meta;
1) Km 7
2) Km 15
3) Km 19
● O Trail e Mini Trail estarán cronometrados por un sistema de cronometraxe mediante chip
(no caso da andaina non).
● Asistencia médica: Os servizos sanitarios e a ambulancia estarán ubicados na zona de
Saída/Meta
● Poderán participar as persoas que o desexen, maiores de 18 anos, o corredor/a ten que estar
fisicamente ben preparado para a carreira, gozar de boa saúde xeral sen padecer
enfermidade, defecto físico ou lesión que poida agravarse coa súa participación en dita
proba. O deportista asume que para a realización da proba é necesaria unha condición
física, psíquica e deportiva. No caso da andaina, os menores de idade poderán participar
sempre e cando vaian acompañados dun adulto.
● Teremos un pequeno xantar ao rematar as probas incluído no prezo da inscrición.
CATEGORÍAS MASCULINA E FEMININA ANOS (cumpridos ó día da proba)
ABSOLUTA 18 a 44
VETERÁN 45 en diante
3) NORMATIVA PARA O TRAIL/MINI TRAIL/ANDAINA.
● Os atletas deberán estar na liña de saída 5 minutos antes do comezo da carreira.
● Será motivo de descalificación calquera infracción grave ou comportamento antideportivo
que estime a Organización.
● Disporase de servizo de duchas.
● Estará totalmente prohibido correr durante a andaina, isto será motivo de descalificación.
● A organización non se fará responsable dos obxectos de valor extraviados polos corredores.
● Quedará descalificado/a desta proba todo o que non cumpra o presente regulamento, non
complete a totalidade do recorrido, deteriore ou ensucie o entorno, non leve o seu dorsal
ben visible ou desatenda as indicacións da organización.
● A organización resérvase o dereito a realizar as modificacións que considere necesarias en
función dos diferentes condicionantes, así como a suspensión da proba se as condicións
meteorolóxicas o obrigan ou por forza maior.
● Os únicos vehículos autorizados a seguir a proba serán os designados pola organización
quedando totalmente prohibido, para evitar posibles accidentes, seguir aos corredores en
moto, bicicleta, ou outro medio por todo o percorrido.
● A organización declina toda responsabilidade en caso da pérdida de obxectos de cada
participante.
● Todo participante, polo feito de inscribirse, acepta as condicións e regulamentacións
impostas pola organización, polo que libera expresamente á organización ou a calquera
outro patrocinador ou colaborador, ante todo tipo de accidente, lesión ou eventualidade que
puidera xurdir derivada da súa participación na proba, e que non estivese cuberta polo
seguro contratado.
● A aceptación do regulamento supón, tamén, o compromiso e o respeto o medio ambiente,
a fauna e a flora, antes, durante e despois da proba.
4) INSCRICIÓNS (TODAS AS INSCRICIÓNS INCLÚEN XANTAR)
● TRAIL LONGO: As inscricións faranse na web www.galitiming.com cun custo de 16€ ata
o día 1 de Marzo e 18 euros ata o día 12 de Marzo cando se pechan inscripcións por
participante que inclúe o dorsal, agasallo, froita, bebidas e xantar
● MINI TRAIL: As inscricións faranse na web www.galitiming.com cun custo de 13€ ata o
día 1 de marzo e 15 euros ata o día 12 de marzo cando se pechan inscripcións por
participante que inclúe un agasallo, froita, bebidas e xantar.
● ANDAINA: As inscricións faranse na web www.galitiming.com cun custo de 8€ por
participante que inclúe un agasallo, froita, bebidas e xantar.
● Para as dúas probas a data límite de inscrición será o 12 de Marzo.
5) ENTREGA DE DORSAIS E CHIPS
● Os dorsais e o chip de cronometraxe entregaranse o día da proba na carpas situada xunto a
saída, dende as 8:00h ata as 9:15h.
● Poderán existir controis de tempo ó longo do percorrido. Só aparecerán na clasificación
aqueles participantes que realicen a carreira co dorsal e o chip que facilita a organización
e rexistren o seu paso por todos os controis establecidos.
● A clasificación xeral oficial publicarase na web da empresa de cronometraxe.
6) ENTREGA DE PREMIOS.
● TRAIL LONGO e MINI TRAIL, Absoluta e Veteráns: Trofeos para os tres primeiros
clasificados tanto en categoría masculina como feminina.
● Trofeo á persona de maior idade inscrito ou inscrita no Trail ou Mini Trail
7) SEGUROS:
● Todos os participantes estarán amparados por unha póliza de seguro de accidentes e
responsabilidade civil, polo que é necesario que no momento da inscrición figure con
claridade e exactitude o Nome e Apelidos de cada participante. Estarán excluídos os
derivados dun padecemento latente, imprudencia, neglixencia, inobservancia das leis, etc.
Tamén quedarán excluídos os producidos polos desprazamentos particulares hacia/ dende
o lugar no que se desenvolve a proba.
A participación na V CARREIRA DE MONTAÑA/ANDAINA MONTES DE
COUZADOIRO leva consigo a total aceptación do Regulamento presente.