Calendario
Info da proba

Friol-SUSPENDIDA

18/04/2020 17:15 - 19:15
Regulamento VIII Carreira Popular de Friol

VIII CARREIRA POPULAR CONCELLO DE FRIOL
SÁBADO 18 DE ABRIL DE 2020
ÁS 17:15



REGULAMENTO DA PROBA

_ A VI Edición da Carreira Popular de Friol está organizada conxuntamente polo CPI
Dr. López Suárez e o Concello de Friol
_ Poderán participar na proba todas aqueles que o desexen.
_ Non estará permitido o acompañamento dos participantes mediante o uso de vehículos
de axuda. A non observancia desta norma implicará a descalificación dos atletas
acompañados.
_ dorsal deberá ser colocado visiblemente na parte dianteira do/a corredor/a, sen poder
facer ningunha modificación nel.
_ Na proba absoluta será obrigatoria a utilización do chip de cronometraxe
subministrado pola organización excepto para os propietarios de chip amarelo que
poden utilizalo seu.
_ Todos os participantes polo feito de inscribirse, aceptan a publicación tanto do seu
nome coma da súa imaxe nas clasificacións da proba, nos medios de comunicación e na
internet.
_ Dado o espírito deportivo e popular desta proba non se admitirán reclamacións. A
participación leva implícita a aceptación do regulamento da proba.
_ A organización disporá dos seguros pertinentes segundo a normativa vixente.
_ A organización e os seus colaboradores non se fan responsables dos danos morais ou
materiais que a si mesmos ou a outras persoas ocasionen os participantes nas carreiras.
_ A organización da proba reservarase a facultade de decidir sobre calquera aspecto ou
circunstancia non contemplada neste regulamento.



CARREIRAS DE MENORES

Se disputarán a partir das 17:15 da tarde no entorno da Colexio da localidade de Friol .
As categorías, as distancias e os horarios de cada un deles son as seguintes:

Categoría Pitufos: 2015 e posteriores 100 metros 17:15
Categoría Prebenxamín: 2013/2014 300 metros 17:20
Categoría Sub 10: 2011/2012 700 metros 17:25
Categoría Sub 12: 2009/2010 700 metros 17:30
Categoría Sub 14: 2007/2008 1400 metros 17:40
Categoría sub 16: 2005/2006 1400 metros 17:40


CARREIRA ABSOLUTA

Disputarase a partir de las 18:00 da maña no entorno do Colexio da localidade de Friol
sobre un circuito de 5 Km.

As categorías, tanto no apartado masculino como femenino, son as seguintes:

Categoría Sub 18: nacidos no 2003/2004
Categoría Sub 20/Sub 23: nacidos nos anos 1998, 1999, 2000,2001 e 2002
Categoría A: nacidos entre os anos 1997 e 1981
Categoría B: nacidos entre os anos 1980 e 1976
Categoría C: nacidos entre os anos 1975 e 1971
Categoría D: nacidos entre os anos 1970 e 1966
Categoría E: nacidos entre os anos 1965 a 1961
Categoría F: nacidos entre os anos 1960 a 1956
Categoría G: nacidos entre os anos 1955 e anteriores.


INSCRIPCIÓNS:

Categorías de menores: Farase a inscripción das categorías de menores a través de dúas
formas:
Na web www.championchipnorte.com
Na web do Concello www.concellodefriol.es indicando Nome, apelidos, data de
nacemento, sexo e club se pertenecese a algún.
Carreira Absoluta: Inscripcións on-line na páxina: www.championchipnorte.com No
caso de que non sexas usuario, debes darte de alta no apartado “REXISTRARTE” e
seguir as instrucións para formalizar as inscricións en www.championchipnorte.com
A inscripción da carreira terá un coste de 3 € para os propietarios de chip amarillo do
chip amarillo de championchip + 1 € de aluguer para os non propietarios
O prazo de inscripción rematará o mércores 15 de Abril.

PREMIOS

Categorías de Menores: Os tres primeros de cada categoría levarán un trofeo
conmemorativo da carreira, agás os da categoría de pitufos, que non será competitiva.
Asimesmo, a todos os atletas das categorías de menores se lles entregará una medalla
conmemorativa do evento

Carrera Absoluta: Trofeos os TRES primeros clasificados da categoría A,B,C,D,E,F e G
Os tres primeiros da categoría sub 18, así como os da categoría sub 20/23 levarán tamén
un trofeo. Os tres primeros absolutos (tanto masculino como femenino) levarán un
producto típico da zona
A todos os participantes se lles entregará unha camiseta conmemorativa da carreira.

O finalizar a entrega de premios, farase un sorteo de varias cestas con productos típicos da zona, así como de máis agasallos. A recollida dos mesmos será presencial



PERCORRIDO:


A carreira terá un percorrido de 5 km e a saída terá lugar diante do Colexio de Friol, na
Praza de España. Dende ahí xiraremos a dereita tomando a Avenida de Lugo. Pasada a
gasolinera, collemos a carretera de Ousá ata a rotonda, onde se tomará a circunvalación
de Friol dirección o pobo. Alí collemos a Rúa Santa Isabel ata enlazar outra vez ca
Avenida de Lugo. Unha vez que se chega a altura do Colexio, darase unha volta o
mesmo para entrar en meta.


ENTREGA DE DORSAIS E CHIPS DE CRONOMETRAXE CHAMPIONCHIP.

Os dorsais e chips de cronometraxe se entregarán o sábado da carreira de 12:00 horas a
14:00 horas e de 16:00 horas a 17:00 horas na pista polideportiva do Colexio de Friol

INFORMACIÓN DE INTERESE PARA O ATLETA

_ Aparcadoiros: os atletas disporán dunha zona de estacionamento nas inmediacións do
propio Centro Educativo
_ Duchas: unha vez rematada a proba estarán a disposición dos atletas as duchas nas
instalacións polideportivas do propio Colexio