Calendario
Info da proba

Cambados-San Silvestre

31/12/2019 16:30 - 18:00
Regulamento VI San Silvestre Solidaria de Cambados

Data: martes, 31 de decembro de 2019.
Hora: a partires das 16:30 h.
Lugar: Cambados
Distancia: de 100 a 4.000 m.
Organiza: Clube Atletismo Cambados e Concello de Cambados
Inscrición: Ver punto 5 do regulamento. Ata o venres 27 de decembro as 23:59 h.
En https://inscripciones.galitiming.com/inscripcion/vi-san-silvestre-solidaria-cambados/
Web: atletismocambados.com
Facebook: www.facebook.com/clubeatletismocambados.cac

PREVIO Á CARREIRA
Art. 1o.- Todos os participantes polo feito de inscribirse declaran coñecer, entender e aceptar o
presente regulamento.
Art. 2o.- O Clube Atletismo Cambados, con NIF: G94050432 e o Excelentísimo Concello de
Cambados ORGANIZAN, o martes 31 de decembro de 2019, a partir das 16:30 horas a “V San
Silvestre Solidaria de Cambados” sobre un trazado urbano de 4 Km.
Art. 3o.- PARTICIPANTES E CATEGORIAS Poderán participar todas aquelas persoas, federadas
ou non, que o desexen sempre que estean inscritas, nos prazos establecidos para o efecto pola
organización, e cumpran as condicións de participación.
Categorías Establecidas:
A proba absoluta estará aberta a todos os atletas que teñan cumpridos os 14 anos de idade no día
da proba (nados no 2005 e anteriores). Hora inicio: 17:30
Para este ano 2019 haberá San Silvestre Solidaria Infantil con tres categorías:
● Chupete San Silvestre para nenos e nenas de 3 a 7 anos cumpridos no día 31 de decembro de
2019 (nados nos anos 2012, 2013, 2014, 2015 e 2016), cun percorrido de 100 m. pola Avenida de
Galicia. Hora inicio: 16:40
● Mini San Silvestre para nenos e nenas de 8, 9 e 10 anos cumpridos no día 31 de decembro de
2019 (nados nos anos 2009, 2010 e 2011), cun percorrido de 400 m. polo centro urbano. Hora
inicio: 16:50
● San Silvestre Promesas para rapaces e rapazas con 11, 12 e 13 anos cumpridos no día 31 de
decembro de 2019 (nados nos anos 2006, 2007 e 2008) , cun percorrido de 800 m. polo centro
urbano. Hora inicio: 17:00
Art. 4o.- CONDICIÓNS DE PARTICIPACIÓN As persoas participantes comprométense a aceptar
estritamente o presente regulamento e calquera posible modificación da proba, obrigada por
causas alleas á vontade da organización. O feito de inscribirse implica ter lido, entendido e
adquirido os compromisos que se expoñen a continuación:
• Cada corredor participa baixo a súa enteira responsabilidade, afirma posuír un nivel de
condición física suficiente para afrontar a proba e ter pasado os pertinentes controis médicos de
saúde. - A organización non se fai responsable de calquera lesión ou padecemento por
imprudencia, neglixencia ou falta de forma física do/a participante. - O/A participante exime de
toda responsabilidade á organización que puidese derivarse da súa participación no evento
(Exemplos: perda de obxectos persoais por roubo ou outras circunstancias, perigo de lesións,
atropelos, agresións...) - Autorízase á organización o uso de calquera imaxe en publicacións,
carteis ... para a promoción do deporte. Calquera persoa inscrita poderá prohibir a utilización da
súa imaxe previa solicitude expresa e por escrito dirixida á Clube Atletismo Cambados (rúa
Montiño de Arriba, 12. Santome – 36630 Cambados) A Organización resérvase o dereito a rexeitar
calquera inscrición que non acepte os termos e condicións expostos no presente regulamento. No
caso de dúbida, ou de xurdir algunha situación non reflectida neste, estarase ao que dispoña a
Organización.
Art. 5o.- INSCRICIÓNS Faranse na páxina web www.galitiming.com ata o venres 27 de decembro
de 2019 as 23:59 h. Non se admitirán inscricións fora de prazo nin o mesmo dia da proba.
A inscrición será GRATUITA para as categorías infantiles e terá un custe de 2 € para a categoria
absoluta. Ademais e debido o carácter solidario da proba, no momento de retiralo dorsal
aportarase 1 KG DE CALQUER ALIMENTO NON PERECEDOIRO OU XOGUETES, que serán
doados ao Banco de Alimentos dos Servizos Sociais do Concello de Cambados.
A inscrición na proba absoluta quedará limitada a 700 participantes. Para os rapaces limitarase a
350 participantes sumando as tres categorías de idade.
ACCIÓN SOCIAL: todos/as participantes, sexan corredores ou membros da organización e
público en xeral, poderán facer unha achega de produtos alimenticios non perecedoiros ou
produtos de limpeza e de hixiene persoal, que serán doados ao Banco de Alimentos dos
Servizos Sociais do Concello de Cambados. Este ano tamén aceptaremos xoguetes para
repartir entre os nenos máis desfavorecidos do Concello.

O DÍA DA PROBA
Art. 6o.- RECOLLIDA DE DORSAIS Farase na zona de saída, na Praza do Concello, nun lugar
habilitado pola organización, entre as 15:00 h. e as 16:30 h. do día da proba. Na mesma zona
farase a entrega do avituallamento final ao rematar a proba.
Art. 7o.- PERCORRIDO As categorías infantís completarán os seguintes percorridos:
● Chupete San Silvestre para nenos e nenas de 3 a 7 anos:100 m. pola Avenida de Galicia. Hora
inicio: 16:40
● Mini San Silvestre para nenos e nenas de 8, 9 e 10 anos: 400 m. con saida na Praza do
Concello, Avenida de Galicia, xiro a izquierda pola Rúa Muelle, xiro a izquierda pola Rúa Rollo,
xiro a dereita pola Rúa Caracol, xiro a izquierda pola Praza Ramón Cabanillas e chegada a Meta
no mesmo lugar da Saida. Hora inicio: 16:50
● San Silvestre Promesas para rapaces e rapazas con 11, 12 e 13 anos: 800 m. farán dúas voltas
ao seguinte circuito: saida na Praza do Concello, Avenida de Galicia, xiro a izquierda pola Rúa
Muelle, xiro a izquierda pola Rúa Rollo, xiro a dereita pola Rúa Caracol, xiro a izquierda pola Praza
Ramón Cabanillas e chegada a Meta no mesmo lugar da Saida. Hora inicio: 17:00
● Categoría absoluta, 14 ou máis anos: 4 km. Os corredores completarán 2 voltas de 2,5 km. cada
unha ao seguinte circuíto urbano: saida na Praza do Concello, Avenida de Galicia, xiro a izquierda
na Rúa Nova, xiro a dereita na Rúa Lugo, xiro de 180 graos pola Rúa Rego, xiro a izquierda pola
Rúa Nova, xiro a dereita pola Rúa Rollo, xiro a izquierda pola Rúa Muelle, xiro a dereita pola Rúa
Curros Enríquez, xiro a dereita pola Praza do Concello, xiro a dereita pola Praza Ramón
Cabanillas, Rúa Infantas, xiro a izquierda pola Rúa Nova, xiro a dereita pola Rúa Hospital, xiro a
izquierda pola Rúa Santa Margarita, xiro a izquierda pola Rúa Albariño, xiro a dereita pola Rúa
Nova, xiro a izquierda pola Rúa A Mariña, Rúa Eduardo Pondal, xiro a izquierda pola Rúa San
Francisco, xiro a izquierda pola Rúa San Francisco, xiro a dereita pola Avda. Pastora, xiro a
dereita pola Rúa Isabel II, xiro a dereita pola Rúa Pontevedra, xiro a izquierda pola Rua San
Francisco, xiro a izquierda pola Rua Ourense e chegada a Meta no mesmo lugar da Saida.
No Voltas ao circuíto: 2. Distancia: 4 km aprox. Horario da saída: 17:30h Avituallamento na zona
de chegada ao rematar a proba.
Art. 8o.- SERVIZOS SANITARIOS E SEGURO DE ACCIDENTES Existe un Centro de Saude a
50 m. da Saida que dispon dos servizos médicos necesarios en caso de accidente ou lesión. O
Concello de Cambados dispón dun seguro de responsabilidade civil segundo a lexislación vixente
que ampara a celebración desta carreira.
Art. 9o.- DESCUALIFICACIÓNS Calquer membro da organización, están facultados para retirar
da carreira calquera atleta que manifeste un mal estado físico evidente, que non realice o
percorrido completo, que non teña dorsal, que manipule a publicidade do dorsal, que manifeste un
comportamento non deportivo ou que se reitere en protestas á organización.
Art. 10o.- PERSOAS NON INSCRITAS Toda persoa que corra sen estar inscrita, faino baixo a
súa responsabilidade, non estará cuberta pola Organización. Se é advertida a súa presenza
instaráselle a abandonar o circuíto.

POSTERIOR Á CARREIRA
Art. 11o.- PREMIOS:
GAÑADORES DAS PROBAS:
● Chupete San Silvestre: Medallas conmemorativas para todolos participantes.
● Mini San Silvestre: Trofeo aos tres primeiros clasificados masculinos e femininas e medallas
conmemorativas para todolos participantes.
● San Silvestre Promesas: Trofeo aos tres primeiros clasificados masculinos e femininas e
medallas conmemorativas para todolos participantes.
● Categoria Absoluta:
1o Clasificado masculino e femenina: Trofeo e Cesta de Nadal
2o Clasificado masculino e femenina: Trofeo e Lote de Nadal
3o Clasificado masculino e femenina: Trofeo e Lote de Nadal
MELLORES DISFRACES:
● Mellores disfraces individuais carreiras Infantis (Pitufo, mini Silvestre e San Silvestre
promesas):
1o Clasificado: 100 € en Vale Compra de Zona Centro (a canxear en xogueterias, librarías e
tendas de deporte asociadas a Zona Centro)
2o Clasificado: 75 € en Vale Compra de Zona Centro (a canxear en xogueterias, librarías e
tendas de deporte asociadas a Zona Centro)
3o Clasificado: 50 € en Vale Compra de Zona Centro (a canxear en xogueterias, librarías e
tendas de deporte asociadas a Zona Centro)
● Mellores disfraces individuales Carreira absoluta :
1o Clasificado: 150 € en Vale Compra de Zona Centro (a canxear en máis de 100 tendas)
2o Clasificado: 100 € en Vale Compra de Zona Centro (a canxear en máis de 100 tendas)
3o Clasificado: 75 € en Vale Compra de Zona Centro (a canxear en máis de 100 tendas)
● Mellor disfraz de grupo (minimo 3 para ser grupo):
1o Clasificado: 150 € en Vale Compra de Zona Centro (a canxear en máis de 100 tendas).
Minimo 3 persoas disfrazadas cun tema común para ser considerado como grupo.
Polo carácter solidario e non competitivo da proba, non haberá máis premios que o poder correr
polas rúas da nosa vila o derradeiro día do ano.
Despois da entrega de premios haberá sorteo de lotes de nadal, estuches de viño e regalos das
empresas colaboradoras entre todolos participantes da proba absoluta. Tamén haberá sorteo de
regalos para os máis pequenos. Sera obrigatorio estar presente co dorsal correspondente para
recoller o regalo.
Art. 12o.- SERVIZO DE DUCHA As persoas participantes disporán de servizo de ducha nun
pavillón cercano a chegada e que informaremos antes do dia da proba.
Para máis información:
www.atletismocambados.com
atletismocambados@gmail.com