Calendario
Info da proba

Coruña-Nocturna Torre-APLAZADA

28/03/2020 20:30 - 21:30
Regulamento REGULAMENTO ESPECÍFICO DA X CARREIRA POPULAR TORRE DE HÉRCULES E
II CARREIRA SOLIDARIA #QUERÉMONOS VIVAS
Artigo 1. Data de celebración
Sábado, 28 de marzo de 2020
Artigo 2. Inscricións e cotas
Data límite e cota de inscrición na carreira
A data límite será ata as 23:59 horas do domingo 22 de marzo de 2020. As inscricións faranse en liña nas páxinas www.coruna.gal/carreiraspopulares ou
www.championchipnorte.com. A cota de inscrición para participar na carreira será de 2€, coa excepción das persoas
desempregadas, maiores de 65 anos e beneficiarias do Carné Xove, que será de 1€.
As persoas participantes de todas as categorías deberán inscribirse nesta carreira,
independentemente de que figuren coma participantes no circuíto, e recoller un novo
dorsal e chip; exceptúanse as persoas propietarias de chip, a quen soamente se lles
entregará un novo dorsal para esta carreira, e mais a categoría peques, que non utiliza
chip.
Achega solidaria
Todas as persoas (incluídas as/os participantes menores) que fagan unha doazón das
cantidades establecidas na plataforma: 3€, 5€ ou superior a 5€, teñen ademais o dereito a
recibir unha camiseta xunto co dorsal. Data límite e cota de inscrición no Circuíto Coruña Corre 2020
O prazo para facer inscrición individual, equipos e familia, terminará o día en que finalice o
prazo de inscrición para a segunda carreira do circuíto (X Carreira Popular Torre de
Hércules).
A cota de inscrición para participar no circuíto será de 10€. A cota para persoas
desempregadas, maiores de 65 e posuidoras do Carné Xove é de 7€.
Artigo 3. Horarios de saída e distancia
CATEGORÍA ANO DE NACEMENTO HORA DISTANCIA
PEQUES* nadas/os no ano 2013, 2014, 2015 e 2016 17:30 150 m aprox.
SUB 10 FEMININO* nadas/os no ano 2011 e 2012
17:45 800 m aprox.
SUB 10 MASCULINO* 17:55 800 m aprox.
SUB 12 FEMININO*
nadas/os no ano 2009 e 2010
18:05 800 m aprox.
SUB 12 MASCULINO* 18:15 800 m aprox.
SUB 14 FEMENINO
nadas/os no ano 2007 e 2008
18:25 1.600 m aprox.
SUB 14 MASCULINO 18:35 1.600 m aprox.
SUB 16 nadas/os no ano 2005 e 2006 18.45 2.400 m aprox.
SUB 18 nadas/os no ano 2003 e 2004 19:05 2.400 m aprox.
ABSOLUTA 20.30 6.625 m aprox.
*Horarios orientativos en función da participación.
Artigo 4. Lugar e recollida de dorsais
O dorsais recolleranse na aula habilitada para o efecto na Cidade Deportiva da Torre os
días: Venres 27 de marzo, de 17:00 a 21:30 horas
 Sábado 28 de marzo, desde as 10.00 horas ata ½ hora antes do comezo de cada
unha das carreiras. As persoas participantes que realizaran a doazón poderán recoller a súa camiseta
xunto co dorsal.
Artigo 5. Lugar de saída e meta
 Saída: Paseo dos Menhires (zona da estatua a Breogán)  Meta: Torre de Hércules
Artigo 6. Peche de control da carreira absoluta
Ás 21:30 horas
Artigo 7. Servizo de duchas e vestiario
Na Cidade Deportiva da Torre. O servizo de duchas será só para as persoas participantes
na categoría absoluta e estará dispoñible a partir das 20:00 h.
Artigo 8. Servizo de gardarroupa
No frontón da Cidade Deportiva da Torre, en horario de 19:30 a 22:15 h
Artigo 9. Uso e devolución do chip
a) O chip ha de ir correctamente atado nos cordóns dos tenis ou cunha nocelleira á
altura do nocello, ou pegado ao dorsal segundo o tipo de chip que utilice a
persoa corredora. Chip amarelo das/os propietarias/os (non se devolve). Ojo morado Chip para todo o circuíto (non se devolve ata a finalización deste). c) Chip desbotable pegado ao dorsal, de uso exclusivo para cada unha das
carreiras (non se devolve). Artigo 10. Avituallamento na meta
Proporcionaráselles auga e avituallamento sólido a todas as persoas participantes en
cada unha das categorías no punto de avituallamento que estará situado nun lugar visible
despois da meta. Artigo 11. Colocación pública das clasificacións
Anunciaranse por megafonía a localización e o momento no que as clasificacións de cada
carreira estean colocadas ao público.
As clasificacións do circuíto e os seus premios serán para aquelas persoas que se
anotaron no circuíto ata a celebración da X Carreira Popular Torre de Hércules. Quen
participe en todas as carreiras, pero inscribíndose individualmente en cada unha delas, non formará parte da clasificación do circuíto. Artigo 12. Horario e lugar da entrega de premios
Horario
CATEGORÍAS INFERIORES: ás 19.40 horas (categorías sub-10, sub-12, sub-14, sub-16
e sub-18)
CARREIRA ABSOLUTA: ás 21.45 horas.
Entregaráselles o Trofeo Varela Calviño ás persoas vencedoras absolutas, ao
primeiro home e á primeira muller da carreira absoluta.
Exclusivamente poderán subir ao podio os e as atletas premiadas.
Con carácter xeral, as e os atletas que non se presenten á recollida do seu premio no
momento da entrega perderán o dereito a recollelo.
Aquelas persoas que poidan alegar unha causa xustificada pola súa ausencia no
momento da entrega deberán poñerse en contacto co Servizo Municipal de Deportes,
onde se custodiarán os trofeos non recolleitos durante un prazo máximo de 15 días.
REGULAMENTO ESPECÍFICO DA II ANDAINA SOLIDARIA #QUERÉMONOSVIVAS
28 DE MARZO DE 2020
Aquelas persoas que non desexen competir na carreira poderán participar na andaina
solidaria Querémonosvivas.
As persoas participantes na andaina colocaranse no último caixón de saída sinalizado ao
efecto. A andaina sairá uns 5 minutos despois da carreira. O percorrido será o mesmo que o da carreira, 6.625 metros.
Poderá participar na andaina calquera persoa con independencia da súa idade. No caso
das persoas menores de idade, será responsabilidade dos pais, nais e/ou titores/as
inscribilos na andaina. En todo caso, aquelas persoas que non se vexan capaces de
recorrer toda a andaina sempre poderán abandonala posto que o percorrido transcorre
preto do Paseo Marítimo.
Será obrigatorio abandonar a andaina no caso en que non se cumpra co horario de
peche da proba, que rematará ás 22:00 horas.
As persoas participantes na andaina deberán levar un dorsal solidario (dorsal 261). Para
obter o dorsal solidario deberase realizar unha doazón a través da páxina
www.coruna.gal/carreiraspopulares ou www.championchipnorte.com.
As doazóns poderán ser de 3€, 5€ ou unha cantidade de libre vontade (superior a 5€).
As persoas que fagan unha doazón recibirán de regalo unha camiseta
conmemorativa da carreira e andaina.
Todas as doazóns irán a parar directamente á Fundación EMALCSA e serán destinadas
integramente á investigación contra o cancro.
Artigo 1. Inscricións
A data límite será ata as 23:59 horas do domingo 22 de marzo de 2020. As inscricións faranse en liña nas páxinas web www.coruna.gal/carreiraspopulares ou
www.championchipnorte.com. Artigo 2. Participantes
Poderán participar na andaina todas aquelas persoas que o desexen sempre e cando
estean correctamente inscritas en tempo e forma. A inscrición das persoas menores de idade deberá realizarse cumprindo as normas que
figuran na plataforma online, onde figurará expresamente a autorización para participar na
marcha da titora ou titor que a formalice, así como para saír en calquera das reportaxes
fotográficas ou de vídeo que utilice a organización para divulgar a carreira e a andaina. Artigo 3. Horarios de saída e distancia
A saída producirase a continuación da carreira da categoría absoluta ás 20.35 horas e as
persoas participantes colocaranse no último caixón.
O percorrido da andaina será o mesmo que o da carreira, uns 6.625 metros
aproximadamente.
Artigo 4. Lugar de recollida de dorsais
O dorsais recolleranse na Cidade Deportiva da Torre os días:  Venres 27 de marzo, de 17:00 a 21:30 horas
 Sábado 28 de marzo, desde as 10.00 horas ata as 20:00 horas.
Xunto cos dorsais entregarase a camiseta.
Artigo 5. Lugar de saída e meta
Paseo dos Menhires
Artigo 6. Peche de control da andaina
Ás 22:00 horas.
Artigo 7. Servizo de gardarroupa
No frontón da Cidade Deportiva da Torre, en horario de 18:30 a 22:15 horas.
Artigo 8. Avituallamento na meta
Proporcionaráselles auga as persoas participantes estará situado nun lugar visible despois
da meta.
Artigo 9. Responsabilidade
A participación no evento está baixo a responsabilidade e risco de cada unha das persoas
participantes.
Quen participe manifesta, no momento da inscrición, que se atopa en plenas facultades
físicas e mentais para participar na andaina, así como que non padece ningún tipo de
enfermidade que a/o incapacite para a práctica deportiva .
Coa inscrición exímeselle á organización de calquera dano sufrido durante os
adestramentos previos ou durante a realización da andaina.
A organización non se fai responsable dos danos materiais ou morais que se lle poidan
ocasionar ás persoas participantes na proba, nin tampouco das posibles neglixencias ou
imprudencias que poidan cometer as persoas participantes na andaina.