Calendario
Info da proba

Camariñas

08/03/2020 10:30 - 13:00
Regulamento IX CARREIRA PEDESTRE CONCELLO DE CAMARIÑAS
CATEGORÍA IDADES DISTANCIAS HORARIOS
Pitufo Mixto 2013 – 2017 (ambos incluídos) 150-300 m. (aprox.) 13h
Benxamín Masculino 2011-2012 1000 m. (aprox.) 12´45h Feminino
Alevín Masculino 2009-2010 1000 m. (aprox.) 12´30h Feminino
Infantil Masculino 2007-2008 2000-4000 m. (aprox.) 10´35h Feminino
Cadete Masculino 2005-2006 2000-4000 m. (aprox.) 10´35h Feminino
Xuvenil* Masculino 2003-2004 2000-4000 m. (aprox.) 10´35h Feminino
Absoluta 3K
Contra o Cancro
Masculino
2002 (incluído) e anteriores 2000-4000 m. (aprox.) 10´30 Feminino
Sénior 10K Masculino 1981-2002 8.000 - 10.000 m. 11h Feminino
Veteranos M40 Masculino 1971-1980 8.000 - 10.000 m. 11h Feminino
Veteranos M50 Masculino 1970 (incluído) e anteriores 8.000 - 10.000 m. 11h Feminino
Os/as atletas de categoría xuvenil poderán optar a correr na categoría superior (absoluta en 3K e
sénior en 10K) sempre que o fagan constar á hora de facer a inscrición. O feito de correr en categoría
sénior (10K) e absoluta (3K Contra o Cancro) implicaría que non poderían optar á clasificación e
premios da categoría xuvenil.
Así mesmo implicaría que deberían pagar a correspondente inscrición (8€ + 1€ por inscrición de
carreira, ou 35€ + custo do chip, no caso de non posuílo en propiedade, por inscrición de Circuíto),
terían dereito á camiseta conmemorativa de cada carreira, e poderían participar na competición de
equipos.
PERCORRIDOS IX CARREIRA PEDESTRE CONCELLO DE CAMARIÑAS
Absolutos 3K Contra o Cancro ás 10´30h .
Percorrido: Avenida da Coruña (Casa de Pedra)-Cantón Miguel Feijoo- subida da
Dársena- Ramón Noguera- Estrada do Vilán- Avenida Juan Carlos I-CancelaMourín-Eugenio López-Areal-San Miguel- Cantón Miguel Feijoo.
https://drive.google.com/open?id=1VoPKaBXsJqeQNDMLa10KCpauYsMWszI&usp=sharing
Infantil, Cadete, Xuvenil ás 10´35h.
Percorrido: Avenida da Coruña (Casa de Pedra)-Cantón Miguel Feijoo- subida da
Dársena- Ramón Noguera- Estrada do Vilán- Avenida Juan Carlos I-CancelaMourín-Eugenio López-Areal-San Miguel- Cantón Miguel Feijoo.
https://drive.google.com/open?id=1VoPKaBXsJqeQNDMLa10KCpauYsMWszI&usp=sharing
Absoluta 10 KM APROX ás 11h.
Percorrido: https://mapsengine.google.com/map/viewer?mid=zohVhHIDs3fk.km65QsPEEA3I
Alevín: Hora de comezo 12´30h.
Percorrido: Avda da Coruña (Casa de Pedra), Cantón Miguel Feijoó, Ambrosio Feijoó, Alcalde
Noguera Patiño, baixada pola dársena vella, rotonda e Ambrosio Feijoó, Cantón Miguel
Feijoó, Chegada en Avda da Coruña (Casa de Pedra). 1300 m aprox.
https://www.google.com/maps/d/viewer?mid=zOgT-isOMw1E.kXHl8GqbFaik
Benxamíns: Hora de comezo 12´45h.
Percorrido: Avda da Coruña (Casa de Pedra), Cantón Miguel Feijoó, Ambrosio Feijoó, rotonda
e Ambrosio Feijoó, Cantón Miguel Feijoó, Chegada en Avda da Coruña (Casa de Pedra). 800m
aprox.
https://www.google.com/maps/d/edit?mid=zOgT-isOMw1E.kHnh_58hcB-E&usp=sharing
Pituf@s: Hora de comezo 13h.
Percorrido: Dende o San Remo ata meta. 150m aprox
NORMATIVA XERAL E DE SEGURIDADE da IX Carreira Pedestre Concello de Camariñas
5.1. Todas as probas incluídas no programa do circuíto de carreiras populares “Correndo pola
Costa da Morte” rexeranse pola regulamentación de Seguridade Vial do Estado e da
Comunidade Autónoma de Galicia, que establece os requisitos esixidos para a celebración de
probas deportivas na vía urbana (Real Decreto 1428/2003 do 21 de novembro, publicado no BOE
nº 306 do 23 de decembro de 2003 sobre a ocupación da vía pública; e o Real Decreto 849/1993
do 4 de xuño de 2003, sobre a contratación do seguro de responsabilidade civil e de accidentes).
5.2. Cada proba estará subscrita ao seguro de responsabilidade civil do concello onde se realice,
ou da Federación Galega de Atletismo. Tamén contará cun seguro de accidentes que terá as
coberturas mínimas esixidas no Real Decreto 849/199.
5.3. Así mesmo todas as probas contarán cun servizo médico-sanitario, que constará dunha
ambulancia e un médico para aquelas probas que non superen os 750 participantes.
5.4. A organización da proba resérvase o dereito a modificar horarios e ou percorridos, así como
aprazar ou suspender a carreira se así o estima oportuno por razóns de seguridade.
5.5. No caso de que para o día de celebración da proba se decrete unha alerta laranxa a proba
será suspendida automaticamente. Buscarase unha data adecuada para desenvolvela.
5.6. Os atletas que durante o transcurso da proba, circulen por fóra do espazo delimitado polos
vehículos de sinalización de inicio e fin de carreira, considéranse a todos os efectos usuarios
normais da vía. É OBRIGATORIO CORRER POLA MARXE DEREITA DAS RÚAS DE CAMARIÑAS.
5.7. Toda persoa que corra sen estar inscrita, farao baixo a súa responsabilidade e non poderá
participar de trofeos nin obsequios. Tampouco estará amparada polos seguros da proba.
5.8. Poderanse efectuar reclamacións ante o Xuíz Árbitro da proba. A participación é libre e leva
implícito a aceptación do Regulamento Xeral da proba. Todo o non previsto neste regulamento
resolverase de acordo, por esta orden, as normas da F.G.A., RFEA e I.A.A. F. en vigor.
5.9. O Concello de Camariñas porá a disposición dos participantes na carreira, o Pavillón
Municipal de Camariñas Víctor Vigo, para que se podan cambiar e duchar. Así mesmo tamén
porá a disposición dos corredores un servizo de garda roupa no mesmo pavillón e no andar baixo
da Casa de Pedra.
5.10. Os únicos vehículos que poderán seguir a proba, serán os autorizados pola organización.
5.11. Os e as participantes adultos recibirán 1 camiseta conmemorativa no momento da recollida
dos dorsais, independientemente de que estean inscritos/as nunha o dúas probas. Para ter
dereito á camiseta é obrigatorio a recollida persoal.
5.12. No proceso de inscrición ás carreiras ou ao Circuíto non se pide talla, polo tanto non se
garantirá a talla
5.13. Permitirase que as persoas nadas no ano 2004 e anteriores, interesadas en correr as probas
3k e 10k podan facelo se así se anotaran en cada carreira ou en todo o circuíto.
5.14. Descualificacións
5.14.1. O servizo médico da competición está facultado para retirar durante a proba a calquera
atleta que manifeste un mal estado físico.
5.14.2. Todo atleta que non realice o percorrido completo.
5.14.3. O atleta que manifeste un comportamento non deportivo ou se reitere en protestas
ante a organización.
6. DEREITOS DE IMAXE, USO DE DATOS E AUTORIZACIÓNS
Os deportistas inscritos comprométense a aceptar estritamente o presente regulamento e calquera
posible modificación.
Os menores inscribiranse na web www.correndopolacostadamorte.com, aportando (requisito), os
datos dun titor legal ou presentando un xustificante paterno-titorial. Adxúntase ao final deste
regulamento.
A realización da inscrición implica ter lido, entendido e adquirido os compromisos que a continuación
se expoñen:
6.1. As persoas atletas inscritas declaran que están en bo estado físico e teñen pasado os
pertinentes recoñecementos de saúde.
6.2. Calquera atleta con problemas médicos (alerxia, atencións especiais,...) deberá facelo constar
no reverso do dorsal da proba.
6.3. O atleta inscrito autoriza e acepta a publicación do seu nome e apelidos e a súa imaxe nas
clasificacións, medios de comunicación e internet,(…) para a promoción do deporte. Calquera
persoa inscrita poderá prohibir a utilización da súa imaxe previa solicitude expresa por escrito.