Calendario
Info da proba

Maside-SUSPENDIDA

26/01/2020 11:00 - 14:00
Regulamento “REGULAMENTO X DÚATLON CROSS
CONCELLO DE MASIDE”

O DUATLÓN CROSS CONCELLO DE MASIDE FORMA PARTE DO IVº GRAN
PREMIO AVIAMANCROSS DE DUATLÓN (3ª Proba),
1.- Organiza:
Concello de Maside
Email: servizossociais.maside@eidolocal.es
Persoas de contacto: Yolanda
Teléfono: 608.24.22.10 // 988 40 11 08

2.- Colaboran:
Secretaria Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia
Materiales de Construción Cadavid, SL
Perruquería Triscos
Gadis
Inorde
Ferretería Botana
Serigrafía Cal-Ser
Lamargha
CEPSA
ENGASA
3.- Data e horario da carreira:
Domingo 26 de xaneiro de 2020
As 10:30 horas
4.- Lugar:
Alameda de Maside
5.- Recollida de dorsais:
Alameda de Maside entre as 8:30 a 10:00
6.- Control de material:
De 09:40 h. a 10:15 h.
7.- Distancia:
Estándar: 6 km de carreira a pe – 25 km en bicicleta – 3 km de carreira a pe
8.- Inscricións:
Ata o xoves, 23 de xaneiro 2020
Límite de 130 participantes
Prezo 12€
IIIº Gran Premio AVIAMAN Cross: para poder inscribirse nesta
modalidade, hai que facer inscrición na ligazón habilitada. Premio. Data
límite 17 de xaneiro.
9.- Premios:
Trofeos para os tres primeiros clasificados/as ABSOLUTOS
Tódol@s que rematen a proba recibirán un agasallo conmemorativo do
“X Dúatlon Cross Concello de MASIDE”.
10.- Normas de competición:
A carreira rexerase segundo as normativas vixentes do Regulamento Oficial de
Competición da Federación Galega de Tríatlon.
Tódolos participantes prestan a súa conformidade e estarán obrigados ao
cumprimento desta normativa dende o momento da súa efectiva inscrición na
proba.
A organización non se fará responsable da desaparición de material (zapatillas,
roupa, …) dos participantes que non sexan entregados no servizo de roupeiro
habilitado para a proba.
11.- Servizos:
A organización porá a disposición dos participantes os seguintes
servizos:
.- Duchas: o pavillón de deportes situado a 100 metros da liña de
saída/meta estará a disposición dos participantes.
.- Servizo de roupeiro: a organización habilitará una zona onde os
participantes poderán deixar as súas pertenzas durante a proba,
estando custodiadas en todo momento, para retiralas deberán
presentar o seu dorsal de participación na proba.
.- Servizo de limpeza de material: a organización porá a
disposición dos participantes un lugar habilitado para a limpeza do
material utilizado polos participantes na proba situado no exterior
do pavillón de deportes.
12.- Medio ambiente:
A organización solicita encarecidamente que se manteña o
trazado do percorrido limpo de desperdicios (envoltorios de xeles,
barriñas, plásticos, papeis,...).
Estaremos nun espazo natural protexido e para poder seguir
gozando del e da proba somos todos nós os que debemos velar
pola súa conservación. Todos somos responsables.
Se ti, participante, ves a un compañeiro depositar desperdicios no
percorrido denúnciao ante a organización. De non facelo serás
cómplice. Espazos naturais, libres de desperdicios.
A organización velará de forma moi especial o cumprimento deste
apartado. Chegado o caso procederase á descualificación do
infractor/a, seguindo o regulamento de competición (Art. 2.2 c (x))
8.- Rutómetro:
1ºSector carreira a pé 6km(2 voltas)
Sobre un circuíto mixto de asfalto e terra con tramos polo medio do pobo.
Saída dende a Alameda de Maside, baixada pola rúa Rodríguez Soto
encarando pola Estrada de Cimadevila torcendo á esquerda por un tramo de
terra que nos leva a unha pista de asfalto que nos fai subir cara o núcleo de
poboación polas rúas do casco urbano, con chegada á Área de Transición, sita
na rúa San Antonio.
2º Sector de ciclismo btt 25km (3 voltas)
Sobre un circuíto con un 85% de montaña, o 15% restante con asfalto.
Saída dende a Rúa San Antonio, saída subindo pola rúa Rodríguez Soto ata
enlazar ao carón do arco de saída-meta a rúa Principal subido ata coller un
camiño que nos leva á paraxe natural do Puzo do Lago onde discorrera gran
parte do sector para logo no pobo de Negrelle enlazar unha pista que nos
levara ata o pobo de Maside para comezar a seguinte volta.
3º Sector carreira a pé 3km (1 volta)
Repetir o primeiro circuíto de carreira a pé, saíndo dende a Área de Transición
situada na rúa San Antonio, pero desta vez só unha volta e iniciando o circuíto
do revés.
Saída – meta - transición: - recollida dorsais: ‘Na rúa Principal e na
Alameda de Maside”