Calendario
Info da proba

Vimianzo

12/01/2020 11:00 - 13:00
Regulamento DUATLÓN CROS DE REIS CONCELLO DE VIMIANZO
I Proba do Circuíto Galego de Duatlón Cros 2020
“Premio de Inverno-Primavera”
Regulamento de competición
Colabora | Secretaría Xeral para o Deporte
Club Triatlón Costa da Morte
Asociación Neira Marcos de Salto
Grupo Benedicto
Agrosoneira
Clínica Vimianzo Saúde
Vístete Tenda de Moda
Ubicación| Praza Neira Marcos, Castromil – Salto. 15129 Vimianzo
43° 08'13.5"N 9°00'14.1"W (43.137089, -9.003929)
https://goo.gl/maps/JbpAbGc4uG3Y4ect6
Horario | 09:30 Apertura da mesa de dorsais
09:45 Control de material (ata ás 10:45)
10:45 Reunión técnica
11:00 Saída da proba
13:00 Remate da proba (hora aproximada)
13:30 Entrega de trofeos
Distancias|
Estándar (categorías de Junior en diante): 5,4 km de carreira a pé (1 volta) – 21 km en bicicleta
BTT (2 voltas) – 3,6 km de carreira a pé (1 volta).
Control material|
Dende as 9:45h ata as 10:45h, na zona de transición.
Normas de competición|
A carreira rexerase segundo as normativas vixentes do
Regulamento Oficial de Competición das Federacións Galega e Española de Tríatlon.
Categorías|
1. Individual
1.1. Absoluta masculina e feminina
1.2. Junior masculina e feminina (2001-2002)
1.3. Veterano masculina e feminina (1980 ou antes)
A categoría de idade está determinada pola idade do deportista a día 31 de decembro do ano no
que se celebre a proba.
2. Relevos
2.1. Parellas masculina
2.2. Parellas feminina
2.3. Parellas mixta
Inscricións| ata 250 prazas por rigorosa orde de inscrición
● A inscrición realizarase on-line, a través da web da Federación Galega de Tríatlon
www.fegatri.org, no apartado Regulamentos/Inscricións. O abono da cota farase con
tarxeta bancaria a través de TPV.
● A cota de inscrición será de 10€ por participante (20€ no caso de inscrición na
modalidade de relevos).
● Prazo de inscrición: pecharase o día 7 de xaneiro ás 23:59 h. ou no momento en que se
cubran as prazas ofertadas.
● Ata o día 3 de xaneiro resérvanse:
o 150 prazas para inscricións individuais.
o 100 prazas en categoría parellas (50 equipos de dúas persoas).
● Lista de espera: Completadas as prazas, abrirase unha lista de espera por orde de
chegada. A solicitude para incluírse na lista recibirase ata o remate da inscrición
enviando un mail a fegatri@hotmail.com indicando no asunto Lista de espera DUATLON
CROS DE REIS con todos os datos persoais (nome, apelidos, DNI, data de nacemento, tlf.
Email e modalidade).
Esta lista de agarda, xestionarase diariamente na FEGATRI comunicando por correo
electrónico cos/cas deportistas da lista que entren na proba e indicándolles o prazo para
formalizar a inscrición na plataforma. O último movemento da lista será comunicado o
mércores 8 de xaneiro dando prazo ata as 14:00 h. dese día para a súa formalización.
Proceso de inscrición individual|
Federados FEGATRI: 10€
CLUBS.- Accederán a través do apartado competicións, picando na pestana
Regulamentos/Inscricións e accedendo á carreira de referencia. Una vez que se accede á
carreira picarase na ligazón INSCRICIÓN, e introducirase o código do club (o código a utilizar é o
mesmo que o do programa de licenzas).
DEPORTISTAS INDIVIDUAIS.- Deberán introducir o seu número de licenza e a data de nacemento.
Seguros 1 día/ NON federados: 10€
Unha vez no apartado COMPETICIÓNS picarase en REGULAMENTOS/INSCRICIÓNS para acceder á
carreira. Dentro da Carreira picarase na ligazón INSCRICIÓN e introduciran os datos.
Custe seguro de 1 día e de 12 € que subvencionara o organizador e o deportista non abonara
nada nese concepto.
Seguro de 1 día- Deportistas con licenza de FGC (Fed. Galega de Ciclismo): 10€
Custe seguro de 1 día de 2,20€ que subvencionara o organizador.
Proceso de inscrición relevos|
Para a inscrición dos equipos de Relevos, cada deportista inscribirase individualmente na
plataforma de inscricións seguindo o procedemento anterior e cubrindo todos os datos requiridos
e indicando o nome do equipo e sector que disputará.
Baixas e política de Devolucións|
As baixas deberán ser comunicadas á Federación Galega de Tríatlon a través do correo
electrónico fegatri@hotmail.com, antes do remate do prazo de inscrición.
Unha vez pechado non se fan devolucións.
As devolucións das baixas comunicadas en tempo e forma serán aboadas na semana seguinte á
celebración da proba.
No caso de inscricións incompletas (falta de documentación) rematado o prazo de inscrición.
Estas serán anuladas e non se farán devolucións.
Publicación listas de inscritos|
Publicación lista provisional: o mércores anterior á proba publicarase a lista provisional de
inscritos (esta admite reclamacións cando na listaxe se da algún erro debido ao manexo dos
datos na Federación, por exemplo, baixas solicitadas en tempo que non aparecen dadas no
listado, ...). É moi importante revisar este listado para ter opción a reclamar se hai algún erro
no mesmo.
Imprescindible, para que a inscrición de calquera seguro de 1 dia sexa válida, enviar a
copia do DNI en vigor e documento de protección de datos que se pode descargar na
seguinte ligazón http://fegatri.org/wp-content/uploads/2019/12/ficha-non-federados.docx
Dita documentación debe enviarse á Federación Galega de Tríatlon fegatri@hotmail.com a
través da plataforma de inscricións
Publicación lista definitiva: o venres anterior á proba publicarase a lista definitiva (esta é firme
e xa non admite cambios).
Dereitos de imaxe, uso de datos e declaración de estar apto
para a práctica deportiva|
Os deportistas inscritos comprométense a aceptar estritamente o presente regulamento e
calquera posible modificación.
A realización da inscrición implica ter lido, entendido e adquirido os compromisos que a
continuación se expoñen:
● O atleta inscrito declara que está en bo estado físico e ten pasado os pertinentes
recoñecementos de saúde.
● Calquera atleta con problemas médicos (alerxia, atencións especiais,...) deberá facelo
constar no reverso do dorsal da proba.
● O atleta inscrito autoriza e acepta a publicación do seu nome e apelidos e a súa imaxe
nas clasificacións, medios de comunicación e internet,(…) para a promoción do deporte.
Calquera persoa inscrita poderá prohibir a utilización da súa imaxe previa solicitude
expresa por escrito.
Aspectos xerais|
1. A proba estará cronometrada con sistema de chips.
2. O posto de control da proba estará situado no lugar de Castromil, parroquia de Salto (ver
mapa). A saída e a meta estarán situadas no mesmo punto, a altura da igrexa de Castromil. O
punto de transición estará situado na praza da igrexa.
3. A mesa para a entrega de dorsais abrirase ás 9:30 e permanecerá aberta ata 15 minutos antes
do inicio da proba. Calquera participante con problemas médicos (alerxia, atencións
especiais,...) deberá facelo constar no reverso do dorsal da proba.
4. Todos os participantes inscritos estarán amparados por una póliza de seguro de accidentes
tramitado a través da Federación Galega de Tríatlon.
5. MATERIAL:
● A bicicleta debe cumprir co estándar de bicicleta de montaña.
● Non estará permitido empregar bicicletas de ciclocros.
● Será obrigatorio do uso de casco durante o segmento de ciclismo colocado e abrochado
sempre que se estea en posesión da bicicleta dende antes de coller a bicicleta ata que
esta se coloque na súa barra de novo.
6. DORSAIS, CHIPS E BICICLETAS:
● Os deportistas deberán recoller os seus dorsais e chip na mesa habilitada a tal efecto.
● Os deportistas deberán deixar a bicicleta na área de transición, como mínimo 15 minutos
antes do inicio da proba, pola entrada habilitada a tal efecto.
● Para deixar a bicicleta nos boxes o ciclista deberá levar o casco posto e o dorsal colocado
no manillar da bicicleta.
● Unha vez depositada a bicicleta na área de transición co manillar cara o seu pasillo, o
ciclista deberá deixar o casco colgado da bicicleta coas correas despechadas.
● Unha vez rematada a proba os participantes deberán devolvelos chips á organización na
zona habilitada para tal efecto.
7. REALIZACIÓN DA TRANSICIÓN:
● Competición individual: os deportistas deberán entrar e saír da zona de transición coa
bicicleta da man, sen ir montados na mesma. Un oficial indicará o lugar de montaxe e de
desmontaxe.
● Competición por relevos:
- O membro da parella que espera o relevo (entrega de chip) deberá facelo dentro da
zona habilitada a tal efecto (carpa ou zona delimitada). O cambio de chip deberá
facerse obrigatoriamente nesa zona.
- O chip deberá colocarse no nocello (recoméndase que sexa na perna esquerda para
que non se enganche co prato) e o/a deportista non poderá saír da zona habilitada co
chip colocado noutro sitio que non sexa ese.
- Na primeira transición (T1), o/a ciclista deberá esperar na zona habilitada para o
relevo sen casco. Unha vez que reciba o chip e o coloque, poderá recoller a súa
bicicleta e poñer o casco.
- Na segunda transición (T2), o/a ciclista deberá colocar a súa bici no box
correspondente e deixar o casco. Unha vez feito isto poderá dirixirse á zona
habilitada para o relevo e facer a entrega do chip ao seu compañeiro/a
8. No caso de que se produza un abandono o deportista está obrigado a comunicalo no control
de chegada e entregar o chip á organización.
9. PREMIOS:
9.1. Clasificación individual:
● Trofeo aos 3 primeiros clasificados absolutos masculinos.
● Trofeo ás 3 primeiras clasificadas absolutas femininas.
● Trofeo aos 3 primeiros clasificados en categoría junior masculina.
● Trofeo ás 3 primeiras clasificadas en categoría junior feminina.
● Trofeo aos 3 primeiros clasificados en categoría veterano masculina.
● Trofeo ás 3 primeiras clasificadas en categoría veterana feminina.
● Trofeo ao primeiro e primeira clasificado/a empadroado/a no concello que non queden
entre os tres primeiros/as absolutos/as.
Os trofeos non serán acumulativos.
9.2. Clasificación por relevos establécense os seguintes premios:
● Trofeo ás 3 primeiras parellas clasificadas en categoría relevos masculino.
● Trofeo ás 3 primeiras parellas clasificadas en categoría relevos mixto.
● Trofeo ás 3 primeiras parellas clasificadas en categoría relevos feminina.
“Art. 8.6 Regulamento de competición FEGATRI.- Aquel/a deportista ou club que non estea
presente na chamada ao podio será sancionado con 25 e 50 euros respectivamente e non poderá
participar nas seguintes probas ata o seu abono"
10.As persoas e/ou entidades participantes poderán interpor reclamacións e/ou apelacións para
garantir os seus dereitos de conformidade co previsto no artigo 9 do Regulamento de
Competiicóns da FEGATRI da Tempada 2020.
(https://fegatri.org/wp-content/uploads/2017/12/Procedemento-de-Reclamaci%C3%B3nApelaci%C3%B3n-probas-da-FEGATRI.pdf)
11.Todos os participantes, polo feito de tomar a saída na proba, aceptan o presente
Regulamento, e no caso de dúbida ou de xurdir algunha situación non reflectida no mesmo,
estarase ao que dispoña o Comité Organizador.
12.A Organización habilitará 8 duchas na zona de saída e meta da proba, así mesmo tamén se
porá a disposición dos deportistas o pavillón polideportivo de Vimianzo (situado a 5 km. do
lugar onde se celebrará a proba) para que se poidan cambiar e duchar. Tamén se informa
que en dita instalación non hai servizo de garda roupa e de que o Concello de Vimianzo non
se fai responsable da perda de obxectos persoais dos deportistas.
13.Os únicos vehículos que poderán seguir a proba, serán os autorizados pola organización.
14.Tódolos aqueles deportistas que se atopen por detrás do vehículo que pecha a carreira están
obrigados a circular polo carril dereito e a cumprir o código de circulación. Os participantes
que non respecten este punto poderán ser retirados da carreira polos membros da
organización.
15.A organización contará coa colaboración de organismos municipais competentes, que
regularán o tráfico ao longo de todo o percorrido.
16.Existirá un posto de avituallamento líquido e sólido situado na zona de meta e transición.
17.A organización da proba resérvase o dereito a modificar horarios, percorridos, así coma
aprazar ou suspender a carreira se así o estima oportuno por razóns de seguridade.
18.No caso de que para o día de celebración da proba se decrete unha alerta laranxa a
carreira será suspendida automaticamente. Do mesmo xeito, se a organización considera
que non pode garantir a seguridade dos participantes, tamén procederá á suspensión da
proba.
19.DESCUALIFICACIÓNS:
● O servizo sanitario da competición está facultado para retirar durante a proba a calquera
deportista que manifeste un mal estado físico.
● Todo deportista que non realice o percorrido completo.
● O deportista que manifeste un comportamento non deportivo ou se reitere en protestas
ante a Organización.
● O deportista que non cumpra o regulamento de competicións da FETRI
(https://triatlon.org/wp-content/uploads/2019/07/Circular.6.19.CompeticionesModificacion-Circular-2.pdf)
Percorrido|
1. Primeiro segmento de carreira a pe: 5,4 quilómetros (1 volta ao circuíto)
Os participantes iniciarán a proba cunha carreira a pe de 5,4 km. (percorrido verde). Esta
carreira realizarase nun circuíto na que se combinan tramos asfaltados con outros que non o son.
Para completar a distancia haberá que dar unha volta enteira o circuíto.
2. Segundo segmento de carreira en bicicleta: 21 quilómetros (2 voltas ao circuíto)
Despois de realizar a carreira a pe, os deportistas terán que facer unha carreira en bicicleta
sobre unha distancia de 21 km. Para elo deberán completar dúas voltas a un circuíto de 10,5 km.
no que se combinan tramos asfaltados con outros que non o son (percorrido vermello).
3. Terceiro segmento de carreira a pe: 3,6 quilómetros (1 volta ao circuíto)
Para finalizar a proba os deportista deberán realizar unha carreira a pe de 3,6 km. (percorrido
amarelo). Para completar a distancia haberá que dar unha volta enteira a un circuíto no que se
combinan tramos asfaltados con outros que non o son.