Calendario
Info da proba

Vigo-Cidade Universitaria-APLAZADA

26/04/2020 11:00 - 12:30
Regulamento 1.- Que é?
A carreira/andaina HappyGoRunning - Cidade Universitaria é unha iniciativa da Área de Benestar, Saúde e Deporte da Universidade de Vigo na que colaboran entidades como o Concello de Vigo, o Club Peña Trevinca Montañeiros de Galicia e a Fundación Galega contra o Narcotráfico. A carreira de 10 k formará parte do Circuíto RunRun Vigo de Carreiras Populares de xeito que as persoas inscritos/as nesta distancia quedarán inscritos automaticamente neste circuíto.

2.- Quen pode participar?
As inscricións están abertas a calquera persoa sen problemas de saúde e nadas no ano 2002 ou anteriores, no caso da carreira, ou no ano 2007 ou anteriores, no caso da andaina.

3.- Distancias e circuítos
As carreiras desenvólvense sobre un circuíto de 3.333 m. que transcorre entre os vieiros interiores do Campus e a entrada á Cidade Deportiva do Círculo Mercantil e Industrial de Vigo. As persoas participantes escollerán algunha destas distancias:
- 6.6 km. (dúas voltas ao circuíto)
- 10 km. (tres voltas ao circuíto)
- O recorrido da andaina terá 10 km de distancia e transcorrerá polo entorno do Campus Universitario.

4.- Cómo inscribirse?:
As inscricións efectuaranse exclusivamente a través da web https://campusactivo.uvigo.gal/. O prazo estará aberto ata as 23:59 h do mércores 22 de abril (límite de prazas: 1000).

5.- Achega solidaria:
- 1 € de cada inscrición será destinado a un proxecto solidario da Fundación Galega contra o Narcotráfico.

6.- Acreditación, recollida de dorsais, resultados e clasificacións:
A acreditación da andaina e a recollida de dorsais das carreira comezará o domingo ás 08:00 no Teatro Vidal Bolaño da Área Comercial Cidade Universitaria. Para a andaina rematará ás 09:15 h e para as carreiras ás 10:45 h. Os números de dorsal así como os resultados e clasificacións poderedes consultalos na web de Championchipnorte.

7.- Premios e agasallos:
- Clasificación Xeral: outorgarase un agasallo ás tres primeiras persoas clasificadas de cada xénero na carreira 10 k
- Clasificación Universitaria Galaico-Duriense: outorgarase un agasallo as vinte persoas do campus gañador que acaden unha mellor puntuación nesta clasificación (consultar regulamento específico da Carreira Universitaria ao pé desta web).
- Clasificación por centros da Universidade de Vigo: outorgarase un agasallo as persoas da Escola ou Facultade gañadora da competición por equipos (consultar regulamento específico da carreira por equipos ao pé desta web).
- A entrega realizarase no Teatro Vidal Bolaño de Cidade Universitaria ás 12:45 h. e haberá sorteo de agasallos entre todas as persoas asistentes.

8.- Accesos ao campus e outros servizos:
- Recoméndase acceder ao campus por Castrelos-Valladares (vial da Universidade) e utilizar os aparcadoiros de dereito economico, telecomunicacións ou CACTI.
- A Estrada das Plantas estará cortada a altura de Viveiros Adoa a partir das 10:00 h polo que, quenes accedan por esta ruta, deberán tomar o desvío alternativo polo Camiño do Monte ata San Cosme que implica uns 20 min mais de traxecto aproximadamente.
- Os vestiarios masculinos estarán situados no paviilón universitario e os femininos na piscina universitaria (SOOM CDU Vigo).
- Haberá servizo de ludoteca na cafetería Leonardo da Vinci de 09:30 a 12:30.
- Na area comercial do campus hai cafeterias e restaurantes para poder xantar ao remate do evento.
9.- Mais infrmacion en http://happygorunning.webs.uvigo.es/