Calendario
Info da proba

Santiago-Sepsis-APLAZADA

29/03/2020 11:00 - 13:30
Regulamento 1. ORGANIZACIÓN
O Servizo de Medicina Intensiva do Complexo Hospitalario Clínico Universitario de Santiago de
Compostela (todos, dende o xefe de servizo ata o asistente máis recente, tentamos participar
dalgún xeito, aportando ideas e entusiasmo a este proxecto), baixo o control técnico do Comité
Galego de Xuices da Federación Galega de Atletismo, organizará o domingo 29 de marzo a partir
das 12 horas a I Carreira Solidaria Pola Sepsis, “Os teus kilómetros salvan vidas” no Campus Vida
da USC.
Co obxectivo fundamental de informar á poboación xeral sobre unha patoloxía tan grave como a
sepsis, unha gran descoñecida a nivel de rúa que sen embargo inunda constantemente as nosas
unidades, esta carreira tentará recadar fondos que se destinarán íntegramete a axudar aos
pacientes e afectados por esta enfermidade. Os fondos empregaranse na melloría da calidade
asistencial do paciente crítico e a colaboración co proxecto de humanización das UCIs.
2. PARTICIPANTES E CATEGORÍAS
1. Nesta carreira poderán participar calquera persoa nada no ano 2007 e anteriores que
o desexe, sexa ou non federada.
2. Cada corredor participará baixo a súa responsabilidade consciente de que deben ter
un estado físico axeitado para afrontar a proba;
3. Existirán 3 categorías de competición:
1) ESCOLARES De 2004 a 2007
2) SENIOR 2003 a 1986 anteriores
3) MÁSTER De 1985 e anteriores
3. LUGAR, HORA DE SAÍDA E RECOLLIDA DE DORSAIS
Os participantes deberán situarse na liña de saída sita na Avda Antonio Raimundo Ibáñez o
domingo 29 de marzo ás 11.45 horas.
Os dorsais poderán recollerse no lugar ata media hora antes do inicio da proba (11:30 horas).
Deberán levarse na parte anterior do corpo sen dobreces e en toda a súa extensión.
4. INSCRICIÓNS E PREZO
As inscricións poderanse facer na páxina web www.carreirasgalegas.com ata o xoves 26 de
marzo ás 23.59 horas.
O custo da inscrición será o seguinte:
• Escolares (de 2004 a 2007) GRATUITA
• Adultos (2003 e anteriores) 5 €.
A inscrición será persoal e intransferible. A mesma implicará ter lido e adquirido o compromiso
de que o participante “está nun estado físico axeitado, eximindo de toda responsabilidade a
organización que da participación na carreira puidera derivarse, tal como pérdida de obxectos
persoais por roubo u outras derivadas dun mal estado físico”. Ademais, ao realizarse a carreira
nun entorno tan emblemático da nosa cidade como o Campus Vida e a Alameda,
comprometerase a non estropear o estado do parque.
5. PERCORRIDO DA PROBA
A Carreria farase sobre un percorrido a 2 VOLTAS aproximado de 5 km, e sairá da Avda Antonio
Raimundo Ibáñez completando un percorrido polas seguintes rúas: Avenida Antonio
Raimundo Ibáñez, Avenida de Compostela, Paseo Alameda, Paseo Ferradura, Avenida das burgas,
Avenida Novoa Santos, Avenida das ciencias, Avenida do Profesor Legaz Lacambra e chegada a
Avenida Antonio Raimundo Ibáñez. En total 5 km.
6. PREMIOS
A organización outorgará os seguintes premios:
• Premio aos 3 primeiras/os clasificadas/os escolares;
• Premio aos 3 primeiras/os clasificadas/os da proba;
• Premio aos 3 primeiras/os clasificadas/os senior;
• Premio aos 3 primeiras/os clasificadas/os máster;
• Premio aos 3 equipos que máis participantes aporten á proba.
7. RECLAMACIÓNS AOS RESULTADOS DEPORTIVOS
Inda que o obxectivo desta proba non é a competición e se contempla a mesma como un
aliciente para fomentar a participación na mesma, todas as reclamación os resultados oficiais
deberán dirixirse verbalmente ao xuíz árbitro da proba non máis tarde de 30 minutos despois da
súa publicación.
Todo o non recollido no presente regulamento resolverase segundo o recollido nos regulamentos
da F.G.A. e R.F.E.A. por este orde, para probas en ruta.