Calendario
Info da proba

O Barco de Valdeorras

16/02/2020 11:30 - 13:00
Regulamento VIIIª CARREIRA POPULAR POR PARELLAS
“O BARCONAMORA”
16/02/2020 O BARCO DE VALDEORRAS
CIRCUÍTO:
INSCRICIÓNS:
1º.-Tódolos participantes terán asignado un dorsal, este irá situado no peito e terá que ser
visible no desenrolo da proba.
As parellas que participen na Carreira absoluta irán atadas polos pulsos cun lazo que se
entregará, xunto cos dorsais.
2º.-Faranse control de paso en varios puntos do circuíto que a organización establecerá
durante o transcurso da proba polos cales terán que pasar os participantes para non ser
descalificados.
3º.- As reclamacións referentes os resultados oficiais, deberán ser feitas verbalmente ao
xuíz árbitro, non más tarde de 30 minutos despois de comunicarse oficialmente os
resultados.
4º.- Será motivo de descalificación, entre outros, os seguintes aspectos: non realizar
todo o circuíto da carreira, non levar dorsal ou manipular este, falsificar datos persoais,
competir co dorsal ou chip/s de outra/s persoa/s.
5º.1.- Os atletas con licenza federativa tendrán que atérense o regulamento de
Disciplina Deportiva en vigor.
5º.2.-Todos os participantes o fan baixo a súa propia responsabilidade e polo feito de saír
acepta o presente regulamento.
5º.3.- Os atletas con licenza pola FGA deberán competir ca camiseta oficial do seu club.
6º.- Seguro: todos os participantes estarán amparados por unha póliza de Responsabilidade
Civil e accidentes deportivos, excluídos os casos derivados de un padecemento latente,
imprudencia o inobservancia das leis, da normativa da competición, etc. Tamén quedan
excluídos os casos producidos polo desprazamento; o lugar da competición ou dende o
mesmo. Non se permitirá a existencia no percorrido de ningún vehículo axeno a organización,
estando estes últimos debidamente identificados.
7º.- A organización dispoñerá de SERVICIOS MÉDICOS E AMBULANCIA dende una hora antes
do comezo da carreira e ata media hora despois de pechar o acto. Os Servicios médicos, están
facultados para retirar da carreira a calquera participante que manifestase un mal estado
físico durante o desarrollo da mesma. Así mesmo, recomendase a todos os inscritos, leven a
cabo antes de tomar parte na carreira un recoñecemento de aptitude médico-deportivo que
descarte calquera patoloxía que impida a súa participación.
8º.- O descoñecemento de este regulamento non exime do seu cumprimento.
9º.- Todo o non disposto na presente normativa rexerase polas normas de Competición
da FGA, RFEA e IAAF para a presente tempada, así como todo o regulamentado por instancias
superiores.
NOTA: Esta proba pertence ao Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e
mediante a súa inscrición o corredor consente expresamente que os seus datos básicos
sexan cedidos a esta entidade para a tramitación, ante a compañía de seguros, dos seguros
obrigatorios de accidentes e Responsabilidade Civil así como a xestión da licencia de día de
ranking popular e probas de ruta. En todo caso e tal como establece a lei de Protección de
Datos, o interesado pode exercer no futuro os seus dereitos de acceso, rectificación,
cancelación e oposición mediante escrito ou correo electrónico á Federación Galega de
Atletismo. Avda. de Glasgow 13 15008 A Coruña
REGULAMENTO:
❖ Trofeos as tres primeiras parellas das categorías de parellas masculina, feminina e
mixta.
❖ Nas carreiras SUB14, SUB12, SUB10 e Prebenxamíns entregaranse medallas os primeiros
participantes.
❖ Agasallos e sorteos de lotes de produtos aportados polos asociados do Centro Comercial
Obarcoaberto.
Na carreira absoluta, será por parellas ou individual, establécense as seguintes categorías:
Os nados-as no 2006 en adiante.
❖ Categoría parella mixta (home+muller).
❖ Categoría parella masculina (home+home)
❖ Categoría parella feminina (muller+muller)
Hora Proba Categorías Distancia
11.30H Andaina Popular Aberta a todas as persoas 7.500m.
12.00H Carreira por Parellas Absolutas Dende 2006 en adiante 7.500m.
12.15H SUB14 Homes e Mulleres 2007 e 2008 1.000m.
12.25H SUB12 Homes e Mulleres 2009 e 2010 500m.
12.35H SUB10 Homes e Mulleres 2011 e 2012 300m.
12.45H Prebenxamín Homes e Mulleres 2013 en adiante. 100m.
13.00H Entrega de trofeos.
O circuíto consta de unha volta de 7.500 m.
SAIDA e META estará situada na Praza José Otero do Concello de O Barco.