Calendario
Info da proba

Trail Orixes Mondriz

07/11/2020 8:00 - 26:00
Regulamento Trail Orixes Mondriz


A Asociación Deportiva Mondariz organiza a IV Trail Orixes Mondariz , o día 7 de novembro de
2020. A proba por montaña consta de tres distancias; Maratón 42 km, Trail 26km, Minitrail 14km ,
que percorren os montes que rodean o Val do Tea en Mondariz.
Trail Orixes Mondariz, nace co propósito de dar a coñecer lugares de Mondariz que foron e son
parte do modo de vida do pobo e forman parte dá contorna.
O tipo de terreo polo que discorre a proba e variado, cunha dificultade técnica e física alta. A proba
desenvolvese entre a media e baixa montaña acadando a cota máis alta de 886 metros de altitude.

DATOS TÉCNICOS
Maratón 42km 5000 desnivel acumulados +/-, Trail 26km e 2400m aculados +/-, Minitrail 14km e
1000m +/- acumulados

2.REQUISITOS:

2.1 Ser maior de idade no día da proba. (Minitrail a partir dos 14 anos)

2.2 Coñecer e aceptar as condicións desta regulamento.

Estar totalmente informado sobre o que é Trail Orixes Mondariz 2019 e dispor do coñecemento,
experiencia, material e os niveis físicos e psicolóxicos necesarios para poder
apoiar e superar os posibles problemas relacionados coa ultra-resistencia, desnivel, xeografía
e o entorno salvaxe do evento, tales como: fatiga, problemas dixestivos, problemas
músculo e articulacións, contusións, lesións menores, frío, choiva, neve, néboa, esvaróns,
calor ... etc.

Realizar correctamente tódolos pasos e requisitos para a inscrición.

A Organización resérvase o dereito de excluír do Trail Orixes Mondariz 2019, incluso
antes do comezo da mesma, aqueles participantes cuxa conduta entorpeza a xestión e / ou o bo
desenvolvemento da mesma, así como tamén pode realizar excepcionalmente
admisións que non cumpran algúns dos requisitos anteriores.

3. INSCRICIÓN
A inscrición realizarase a través da páxina web a. Pode accederse a través da sección INSCRIPCIÓN na web http://admondariz.org/gl/

NÚMERO DE PRAZAS
A proba está limitada a 500 participantes. Maratón 42km 100 prazas, Trail 25km 150 prazas,
Minitrail 15km 200 prazas, 50 prazas reservadas para a organización. Unha vez esgotadas as prazas,
pecharanse as inscricións. O feito de formalizar a inscrición, implica a aceptación do presente
regulamento.


A inscrición da dereito a:
- Os avituallamentos máis o situado á chegada.
- Regalo conmemorativa da carreira. Bolsa do corredor e sorteo de agasallos.
- Asistencia sanitaria durante o transcurso e ao finalizar a proba.
- Duchas.
- Zona do corredor con bar, pinchos, música….


Info@admondariz.org
trailorixes@admondariz.org

4.1 RECOLLIDA DE DORSAIS E CHARLA TÉCNICA
- Día previo: lugar Biblioteca Pública Municipal de Mondariz Xoán Xosé Pérez Labaca, rúa Merouces,
18 Mondariz, 36870, o venres 06 de novembro as 20:00h ata as 21:30h.
Charla técnica terá lugar na Biblioteca Municipal de Mondariz o venres 06 de novembro as 21:00h.
- Día da carreira 07/11/19: terá lugar na zona de saída dende as 7:15h ata as 10:00h, (as distancias
Maratón e Trail 25km, pechan a recollida de dorsais 15minutos antes de cada saída)

5.TROFEOS E CLASIFICACIÓNS

3.1 Entregaranse trofeos, medallas os tres primeiros clasificados de cada categoría establecida, tanto
masculinos como femininos. Os trofeos non son acumulativos, dando prioridade a categoría
absoluta.
As categorías para a clasificación a efectos da Carreira por Montaña Trail Orixes Mondariz serán a
seguintes:
- Categoría absoluta: a partir de 18 anos cumpridos o ano de referencia.
- Categoría sénior: Masculina de 18 a 44 anos cumpridos o ano de referencia. Feminina de 18 a 39
anos cumpridos o ano de referencia.
- Sub categoría veterana : Masculina a partir dos 45 anos cumpridos o ano de referencia. Feminina a
partir dos 40 anos cumpridos o ano de referencia.
- Categoría por equipos: sumaranse os 4 mellores tempos de cada equipo ou club.( A partir do día 4
de novembro, non se admitirán cambios nin incorporacións os equipos)
- Clasificación “Local” . Elaborarase unha clasificación Local (entre os concellos de Mondariz,
Mondariz Balneario, Ponteareas e Covelo) en cada distancia para os 3 primeiros clasificados
Feminina/Masculina. Esta clasificación será paralela as mencionadas no regulamento da proba e
polo tanto acumulativa con outras categorias.
A idade a ter en consideración para toda a tempada será a que o participante teña o día 31 de
decembro do ano da competición.
En todas as categorías e sub categorías será necesario para validar a clasificación ter unha
participación mínima de 4 competidores. Polo que por baixo de dito número non haberá protocolo
de entrega de premios en devanditas categorías e sub categorías.
Os menores de idade a partir de 14 anos só poderán participar na distancia Mini Trail e deberán
entregar unha autorización asinada pola nai/pai ou titora/titor e acompañados na recollida de
dorsais e durante o percorrido.

HORA DE ENTREGA
Minitrail e Trail 14:30h
Maratón: 17:00h (por determinar, en función de como se completen as diferentes categorías)
A ausencia do gañador dun trofeo no acto de entrega destes, entenderase como renuncia aos
trofeos ou premios conseguidos. Toda delegación noutra persoa para a recollida dos trofeos e
premios, deberá ser coñecida e autorizada pola Organización, coa suficiente antelación.

6. PERCORRIDO

6.1 O Trail Orixes de Mondariz, discorrerá polo seguinte percorrido:
Praza de Mondariz (Saída)- Riofrío – Aboal – Festín – Gargamala – Caxil – Sabaxáns – Mondariz (Meta)

6.2 O percorrido estará marcado pola Organización con cinta plástica de cor viva, banderolas, carteis
de dirección e outros elementos de sinalización, que estarán situados a intervalos regulares,
dependendo da tipoloxía do terreo e dos camiños. É RESPONSABILIDADE DE CADA CORREDOR
LOCALIZAR A SEÑALIZACIÓN E SEGUILA.

6.3 Algúns tramos do percorrido que descorren por estradas ou rúas de poboacións, non estarán
cortados ao tráfico rodado, debendo aterse os participantes ás normas xerais de Tráfico ou ás
indicacións da Organización. Na maioría destes casos haberá xente da organización, Protección Civil
e Policía Local para cruzar ou correr pola calzada.

6.4 Será obrigatorio seguir o itinerario marcado, así como pasar polos controis establecidos. O
corredor que atalle ou recorte o itinerario marcado, que non pase por todos os controis establecidos
ou que utilice algún medio mecánico para o seu desprazamento, será descalificado.

7.Itinerario
Trail Orixes de Mondariz Maratón , discorrerá polo seguinte itinerario:
Praza Mondariz (Saída)- Riofrío – Aboal – Festín – Gargamala – Caxil – Sabaxáns –Cernadela- Lougares –Queimadelos – Mondariz (Meta)
Hora e lugar de saída: 08:00h dende o a Praza de Mondariz, 36870
Mondariz, Pontevedra
Controis Obrigatorios:
- Saída
- Ermida San Xoán
- Pastizal Gargamala
- Coto de Eira
- Caxil
- Furafollas


- Mondariz (Meta)
Ademais, a Organización establecerá ao longo do percorrido cantos controis sorpresa
estime oportunos.

7. TEMPOS DE CORTE
Estableceranse tempos máximos de paso para algúns controis, que figuran na ficha
técnica e pódense consultar a través da web e na charla técnica.

7.1 MARATÓN 46KM:
Gargamala: punto quilométrico 15.4 km aproximados. Hora de peche 10:00h (3h de carreira). Todo
aquel que non pase o punto de corte será desviado a distancia de Trail 26km.
Caxil (mosteiro de San Xoan): punto quilométrico 25.7 Km aproximados. Hora de peche 13:00h (5h
de carreira).
Furafollas: punto quilométrico 33.2 km aproximados. Hora de peche 15:00h (7h de carreira)
Meta: punto quilométrico 46 km aproximados. Hora de peche 17:00 h ( 9h de carreira)

7.2 TRAIL 25KM
Gargamala. Punto quilométrico 15.4 km aproximados. Hora 12:30h (3h de carreira)
Meta: punto quilométrico 25 km aproximados. Hora de peche 17:00 h (7.5h de carreira)

7.3 MINITRAIL 15KM
Meta: punto quilométrico 15 km aproximados. Hora de peche 16:00 h ( 5h de carreira)

7.4 TEMPO EXCEDIDO
Aqueles corredores que excedan os tempos de corte, deberán entregar o seu dorsal aos
responsables do control e retirarse da proba ou chegar a meta por indicacións do punto de control.

MODIFICACIÓNS NO PERCORRIDO
A organización poderá realizar as modificacións que considere necesarias no percorrido, incluso a
suspensión da proba, si as condicións meteorolóxicas así o aconsellasen, ou por outras causas de
forza maior. O importe da inscrición non sería devolto.

Se fose necesario interromper e suspender a proba nun punto do percorrido, a clasificación
determinarase segundo a orde e tempo de chegada no punto de interrupción ou, na súa falta, no
último control realizado.

SEMI-AUTOSUFICIENCIA
Dado o carácter de semi-autosuficiencia da proba, cada corredor deberá prever e portar a cantidade
de alimentos, bebidas, sales e complementos que estime necesarios para poder completar o
percorrido.

8.1 Avituallamentos
A Organización dispoñerá como apoio dos seguintes avituallamentos, con bebidas e alimentos en
cantidades estimadas como razoables, que se deberán consumir no mesmo lugar e depositar no lixo indicado pola organización:
- Ermida San Xoán
- Pastizal Gargamala
- Coto de Eira
- Caxil
- Furafollas
- Penalta
- Mondariz (Meta)

VASOS E DESPERDICIOS
A organización non porá vasos nos avituallamentos polo que cada corredor é responsable de levar
un recipiente para beber. O obxetivo é respetar o medio ambiente e minimizar o impacto
medioambiental.
É obrigación de cada participante levar os seus desperdicios ata a meta ou lugares sinalados nos
avituallamentos.

MATERIAL ACONSELLADO E OBRIGATORIO.

Recoméndase a cada corredor levar o seguinte material:
• Sistema de hidratación
• Reserva alimentaria
• Gorra ou similar, para protexerse do sol
• Chubasquero ou cortavientos manga longa da talla correspondente
• Zapatillas de trail running con bo agarre, con debuxo e parte superior con elementos de fijación
que manteña a zapatilla ben suxeita ao pé.

A organización establecerá material obrigatorio.
Maratón:
• Sistema de hidratación
• Teléfono móbil con batería.
• Cortaventos ou chuvasqueiro (segundo climatoloxía, decisión da organización)
• Manta térmica
• Silvato

Trail:
• Sistema de hidratación
• Teléfono móbil con batería.
• Cortaventos ou chuvasqueiro (segundo climatoloxía, decisión da organización)
• Manta térmica
• Silvato

Minitrail:
• Sistema de hidratación
• Teléfono móbil con batería
• Manta térmica
• Silvato

Siguenos en :
Facebook https://www.facebook.com/TrailOrixesMondariz/?ref=bookmarks
Wed http://admondariz.org/gl/