Calendario
Info da proba

Brion-SUSPENDIDA

23/05/2020 9:00 - 19:00
Regulamento VI Andaina Terras de Altamira - Concello de Brión

Novamente esta proba está incluida no calendario da COPA GALEGA DE ANDAINAS DE 50KMS e será puntuable para a mesma con 1 punto.

Ao longo destes seis anos a proba foi medrando co tempo ata chegar a cotas que nun principio críamos inalcanzables; así pois, na anterior edición chegamos aos 525 participantes. Este nivel de aceptación conseguese polo trato próximo e amable cos/as participantes ofrecéndolles un amplo abano de servizos e agasallos e intentando que todas e cada unha das persoas que participan da proba desfruten da mesma sen ter que preocuparse de nada mais que andar e recrearse coa vistosidade paisaxistica dos camiños e sendeiros polos que descorre a mesma.

Unha vez mais a edición contará co formato xa coñecido de 50 kms distribuidos en tres distancias, o que facilitará que sendeiristas con distintos niveis de forma poidan anotarse a esta proba, podendo realizar a distancia que desexen segundo as capacidades de cada un. A primeira distancia, a mais curta, está pensada para que as familias ao completo se aninmen a facela pois, debido ao seu baixo nivel de dificultade, mesmo a rapazada ou sendeiristas con pouca experiencia poden rematalo sen problemas.

Os sendeiristas mais avanzados poden optar por completar a distancia total de 50kms que terá a andaina, recibindo así a puntuación para participar na Copa Galega de Andainas de 50 kms da Federación Galega de Montañismo.

O principal obxectivo desta proba é fomentar a realización de exercicio físico de maneira non elitista xerando un día de festa e convivencia co deporte como pano de fondo.

Outro dos obxectivos da andaina é fomentar un maior aprecio e respecto polo medio ambiente, baseado no coñecemento das entornas naturais e das paisaxes que nos ofrece o Concello de Brión. Para tal fin, moitos dos sendeiros polos que transcorre a proba foron preparados e recuperados expresamente para ela ao tratárense de antigos camiños en desuso que servían de paso de carros ou de comunicación a pé entre as distintas aldeas e que co tempo foron quedando abandonados trala aparición das estradas e os vehículos a motor. Poderemos un ano mais albiscar fervenzas, pasear entre castelos, importantes igrexas, maxestosas carballeiras, senlleiras aldeas e unha morea mais de puntos de interese que non deixarán indiferente a ningún participante.

Isto todo e moito mais será o que atopen os/as particpantes da VI ANDAINA TERRAS DE ALTAMIRA DE BRIÓN que se vai celebrar o 23 de maio de 2020 a partir das 09:00h. na Carballeira de Santa Minia.

INSCRICIÓN:
Poderá realizarse dende o 1 de marzo ata o 21 de maio de 2020 a través da web oficial da proba

PREZOS
Establécense tres prazos para o pagamento da andaina:
- Dende o 01 de Marzo ao 14 de Abril: 14€*
- Dende o 15 de Abril ao 10 de Maio: 18€*
- Dende o 11 ao 21 de Maio (sen opción á bolsa do sendeirista): 16€*
* O prezo reducirase en -2€ para aqueles participantes que posúan licenza da Federación Galega de Montañismo vixente durante a tempada 2020.

SERVIZOS
Bolsa do sendeirista (só para inscritos antes do día 11 de Maio de 2020) + Avituallamentos sólidos e líquidos + Médico + Ambulancia + Seguro de accidente + Duchas + Piscina cuberta + Recollida en caso de accidente ou lesión + Aparcamento + Diploma de finisher + Medalla de finisher

MAIS INFO:
www.andainaterrasdealtamira.org/